FORTALECEMENTO DA COMUNIDADE
Como axudar a fortalecer ás comunidades
traducido por Iria Castiñeiras Pérez
Introdución ao módulo (Inicio)
Documento que conté o módulo Fortalecemento
Outros documentos importantes
A
virtude da adversidade é a fortaleza Francis
Bacon
Metodoloxía
do fortalecemento
O
material de adestramento destas páxinas está dirixido a atacar á pobreza en dous
niveis: o individual, onde se organiza e ensina sobre os créditos e as microempresas,
e o nivel comunitario, onde o adestramento sobre mobilización e xestión diríxese
a fortalecer ás comunidades con poucos ingresos.
Dado
que o material está dirixido ap traballador de campo da comunidade, redúcese ao
míinimo a historia e a teoría, para poder facer fincapé nas habilidades, técnicas
e programas. Para aqueles que a coñezan, a teoría que acompaña ás habilidades
e técnicas nestas páxinas é sociolóxica.
Así
e todo, o traballador comunitario de éxito non pode facer o mellor dos traballos
senón está familiarizado con algúns dos principios básicos que se encontran na
oferta de habilidades ou na descrición de programas que se van a levar a cabo.
Polo
tanto, preséntanse a continuación dous módulos que simplifican e describen estes
principios básicos, sen entrar demasiado no académico ou teórico.
O
ataque á pobreza desde unha fronte individual, acadando a organización de créditos
e o adestramento en microempresas, é o núcleo do módulo introdución
aos principios de xeración de ingresos.
O ataque á pobreza desde a comunidade é a base deste módulo.
En ambos enfoques, tanto no comunitario como no de microempresas, o tema é o mesmo. Constrúese
a partir de varios principios fundamentais:
- se
se ofrece asistencia, non será caridade, pois promove a dependencia e debilidade,
mais asistencia e adestramento que promova a autosuficiencia e incremente as propias
capacidades;
- os
organismos fortalécense exercendo, loitando e facendo fronte á adversidade; a metodoloxía
do fortalecemento incorpora este principio;
- a
participación activa dos receptores é fundamental para incrementar a súa capacidade;
e
- o
nos obxectivo é que os participantes tomen todo o control, fagan todas as decisións
e sexan totalmente responsables das súas accións, o que os fortalecerá.
O
núcleo deste módulo é o
reforzamento da comunidade:
fortalecer as veciñanzas.
Entre
as páxinas deste módulo encóntranse: As
cinco maiores causas da pobreza:
insiste en que o ataque debe ser ás causas, e non aos síntomas, da pobreza, se
pretendemos eliminala e non aliviala temporalmente.
O
folleto Desenvolver
a xente, non o hardware explica
que o desenvolvemento e a súa asistencia debe ser a un "nivel humano" e non tecnolóxico,
pois tense demostrado que non conduce a un desenvolvemento sostible.
O
texto Descubrir
os recursos agochadosexamina
os principios que levan ao desenvolvemento sostible, evitando a caridade, e mediante
a identificación e uso dos recursos locais.
O
documento Animación
sociocultural amosa
un pouco da teoría sociolóxica para o traballador de campo. Véxase tamén "comunidade"
e "Que
é unha comunidade?"
O
ensaio Preservar
a culturaoponse
ao mito dos "bos vellos tempos" e afirma que e mellor reforzar a cultura que protexela
(debilitala) e preservala.
O
texto escrito por Ben Fleming estudia a necesidade de acadar
a propiedade da comunidade dentro
do proceso de mobilización.
O
documento de Kamal Phuyal, Aproximación á Planificación Participativa e Apreciativa, APPA
(PAPA en inglés),
comparte algunhas das súas experiencias prácticas en Nepal.
O
poema de Lao Tsu, Vaia
coa xente ,
é unha invitación a participar, envolverse e respetar aos beneficiarios da asistencia
ao desenvolvemento.
Recomendamos
tamén a Introdución
aos principios de xeración de ingresospara
saber máis sobre os principios do reforzmaento.
––»«––
Reunión da comunidade: incrementando a conciencia
© Copyright 1967, 1987, 2007: Phil Bartle Deseño web Lourdes Sada
––»«–– Última actualización: 01.09.2011
|