Páxina principal




Traducións:

Bahasa Indonesia
Català
中文 / Zhōngwén
English
Español
Euskara
Français
Galego
Ελληνικά / Elliniká
हिन्दी / Hindī
Italiano
Português
Romãnã

                                        

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Ligazóns de interese


PHIL BARTLE

Administrador da páxina, Editor, Educador, Adestrador, Autor, Escritor

por Phil Bartle, Doutorado en investigación

Traducido por Martina Corral Aller


Phil Bartle é o administrador desta páxina web, Potenciación Comunitaria. Actualmente está retirado, pero pódese contactar con el a través do correo electrónico, para debater as cuestións que xorden a partir deste material. Foi profesor de Socioloxía e, entre os anos 1994 e 1998, foi Conselleiro Técnico Xefe do Programa de Xestión da Comunidade de Uganda, período no que se desenvolveu esta páxina web.


Phil Bartle na oficina central das Nacións Unidas en Gigiri Nairobi

Esta é unha representación de Julianna Kuruhiira (un esbozo da artista) do Doutor Phil durante unha sesión de formación para activistas profesionais da comunidade, xestores e coordinadores, nun seminario de posgrado na Universidade de Makarere, Kampala.



Nos anos sesenta producíronse todo tipo de revolucións xuveniles, destacando as dos hippies e yippies. Nesta era tamén se produciron movementos silenciosos: moitos xoves de Canadá marcharon cara países pobres para ofrece-los seus servizos proclamando a independencia e a liberdade.

CUSO fundouse en 1961 (alardeamos de ser seis semanas máis vellos que o "Peace Corps"). Eu fun un destes idealistas, o suficientemente modesto para saber que non podiamos conseguir grandes cambios, pero si podiamos contribuír e aprender.

Eu quería aproveitar na práctica os meus estudos de economía, socioloxía e antropoloxía. Despois de dous anos en Ghana, estiven un ano vivindo con xente pobre en ducias de países africanos e asiáticos. Quedei enganchado e dediquei a miña vida ao desenvolvemento, a pesares de que manteño a conexión coa docencia e o meu amor pola ensinanza e a aprendizaxe. Aínda que o material evita teorías e ideoloxías, recoñezo que o meu método está inspirado nos escritos de Paulo Freire, Ivan Illich e Franz Fanon.

Realicei o meu doutorado en Ghana con profesores africanos e nunha concentración africana, centrándonos en Obo, unha cidade comunitaria situada nas montañas Kwawu, na selva tropical.


Phil Bartle con Annita Foley, 1974

Aprendín que a nosa axuda contribuía en gran medida á pobreza, convertendo aos receptores en persoas dependentes das esmolas e estimulando a corrupción entre os funcionarios estatais. Con outras persoas que pensaban coma min, axudei a desenvolver unha "Metodoloxía de Potenciación" como unha alternativa á caridade, baseada na idea de que a loita produce forza (un atleta non se fai forte cando é o adestrador o que fai as flexións).

Agora que teño os meus sesenta e a saúde impídeme realizar misións largas no estranxeiro, utilizo a miña experiencia en escribir para os traballadores comunitarios. Os textos cólgoos nesta páxina gratuíta, de modo que eles poden imprimir o material para a súa formación e posta ao día. Este material superou os nove mil documentos sobre moitos temas relacionados. Recibimos unha media de 40 000 visitas ao día, é dicir, un millón ao mes.


Phil Bartle with Roberto Cancel, 2007

Algunhas páxinas están traducidas a unhas seis ducias de linguas por voluntarios. Con todos estes voluntarios (arredor de cen persoas contribuiron nesta páxina web), creamos unha organización sen ánimo de lucro, rexistrada co Goberno da Columbia Británica nunha illa do Pacífico, na costa oeste de Canadá. Moitos activistas colaboradores engadiron material de formación. O módulo de alfabetización está dedicado á memoria de Peter Gzoski, o de xestión participativa dedicámosllo ao Doutor Gert Lüdeking de UN-Habitat, e o documento sobre SIDA está dedicado a Stephen Lewis. A miña recompensa son os centos de correos electrónicos que recibo de todo o mundo, e os diálogos que deles xorden. Máis recentemente, tamén foi moi gratificante ver a cantidade de xente que doa o seu tempo, enerxía e habilidades á páxina. É moi alentador comprobar que o altruísmo segue vivo.

Phil Bartle
––»«––

Ver: Perfil en WikiEducator

Por favor, se copia algún material desta páxina, mencione ao autor(es)
e poña unha ligazón a cec.vcn.bc.ca/cmp/

 Slogans e Proverbios: Seguir el sendero de menor resistencia es lo que hace
que los ríos y algunos hombres se tuerzan


© Copyright 1967, 1987, 2007 Phil Bartle
Páxina Web Deseñada por Lourdes Sada
––»«––
Última actualización: 09.06.2011


..................................                                                                                                                                                                                                          

 Páxina principal