Páxina de inicio
 Fortalecemento




Traducións:

'العربية / al-ʿarabīyah
Bahasa Indonesia
Català
English
Español
Filipino/Tagalog
Français
Galego
Ελληνικά / Elliniká
Italiano
日本語 / Nihongo
Polszczyzna
Português
Română
Türkçe
Tiếng Việt

                                        

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Ligazóns de interese


Contidos:

  1. A animación promove o cambio social
  2. Un animador debe coñecer a sociedade
  3. Manter en mente elementos esenciais da sociedade
  4. A cultura apréndese
  5. A cultura transcende o humano
  6. A comunidade é un sistema superorgánico
  7. Dimensións da cultura
  8. Dimensión tecnolóxica
  9. Dimensión económica
  10. Dimensión política
  11. Dimensión institucional
  12. Dimensión dos valores
  13. Dimensión conceptual
  14. Todas as dimensións atópanse na cultura
  15. A interconexión ten un uso práctico
  16. A interconexión afecta ao cambio social
  17. Conclusión

Contidos:

  1. A animación promove o cambio social:
  2. Un animador debe coñecer a sociedade
  3. Manter en mente elementos esenciais da sociedade
  4. A cultura apréndese
  5. A cultura transcende o humano
  6. A comunidade é un sistema superorgánico
  7. Dimensións da cultura
  8. Dimensión tecnolóxica
  9. Dimensión económica
  10. Dimensión política
  11. Dimensión institucional
  12. Dimensión dos valores
  13. Dimensión conceptual
  14. Todas as dimensións atópanse na cultura
  15. A interconexión ten un uso práctico
  16. A interconexión afecta ao cambio social
  17. Conclusión

Contidos:

  1. A animación promove o cambio social:
  2. Un animador debe coñecer a sociedade
  3. Manter en mente elementos esenciais da sociedade
  4. A cultura apréndese
  5. A cultura transcende o humano
  6. A comunidade é un sistema superorgánico
  7. Dimensións da cultura
  8. Dimensión tecnolóxica
  9. Dimensión económica
  10. Dimensión política
  11. Dimensión institucional
  12. Dimensión dos valores
  13. Dimensión conceptual
  14. Todas as dimensións atópanse na cultura
  15. A interconexión ten un uso práctico
  16. A interconexión afecta ao cambio social
  17. Conclusión

Contidos:

  1. A animación promove o cambio social:
  2. Un animador debe coñecer a sociedade
  3. Manter en mente elementos esenciais da sociedade
  4. A cultura apréndese
  5. A cultura transcende o humano
  6. A comunidade é un sistema superorgánico
  7. Dimensións da cultura
  8. Dimensión tecnolóxica
  9. Dimensión económica
  10. Dimensión política
  11. Dimensión institucional
  12. Dimensión dos valores
  13. Dimensión conceptual
  14. Todas as dimensións atópanse na cultura
  15. A interconexión ten un uso práctico
  16. A interconexión afecta ao cambio social
  17. Conclusión

ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL

Un bocado de socioloxía para o activista comunitario

por Phil Bartle, PhD

traducido por Iria Castiñeiras Pérez


Documento de referencia

1. A animación promove o cambio social

Un asentamento humano non é tan só unha compilación de casas. É unha entidade humana (social e cultural) (as casas, que son produtos culturais da humanidade, pertencen a unha das seis dimensións da sociedade ou cultura, a dimensión tecnolóxica, como explicaremos máis adiante).

A animación social (que promove a participación comunitaria e a autoaxuda) mobiliza e organiza á comunidade. Isto significa que a organización social da comunidade mudou, aínda que só fora un pouco. O animador, polo tanto, é un axente do cambio social ou catalizador.

2. Un animador debe coñecer a sociedade:

Pode resultar perigoso xogar co cambio en algo que vostede descoñece, polo que é a responsabilidade do animador aprender algo sobre antropoloxía e socioloxía.  Un animador é un sociólogo aplicado, polo que debe saber algúns aspectos fundamentais sobre a materia.

3. Manter en mente elementos esenciais da sociedade:

Aquí, o máis importante que o animador debe saber son as interconexións das dimensións culturais que conforman a comunidade. Aínda que os sociólogos poden non estar de acordo na natureza exacta das mesmas, todos concordarán en que a característica básica da sociedade (e, polo tanto, tamén das comunidades dentro dela) é a interconexión entre esas dimensións culturais.

A comunidade, como calquera outra institución social, non é só unha colección de persoas individuais: é unha amalgama cambiante de relacións, actitudes e comportamento dos seus membros.

4. A cultura apréndese:

A cultura está formada por todas esas cousas, incluíndo accións e crenzas que os seres humanos (como animais físicos) aprenden, que os converten en humanos. A cultura inclúe comportamento adquirido, pero non aquilo determinado de forma xenética. A cultura almacénase e transmítese mediante símbolos, nunca polos cromosomas.

Mentres que parte da cultura apréndese na infancia (como a fala), outra chega na idade adulta. Cando o animador comprométese a promover o cambio social, o que promove son novas ideas e comportamentos. Por todo isto, é preciso ter habilidades na educación de adultos.

Esta definición sociolóxica de cultura, que é a propia sociedade, non é a definición habitual, onde a xente adoita pensar tan só en danza ou percusión ou en outras artes (pertencen a unha das seis dimensións da cultura: a estética).

5. A cultura transcende o humano:

A cultura é superorgánica. Comprender este concepto especial, «superorgánico», é importante para entender que é unha comunidade.

Do mesmo modo que o nivel orgánico está baseado no inorgánico (as células vivas están feitas de átomos sen vida, etc.), o superorgánico está baseado no orgánico (a sociedade non é un ser humano, pero está composta deles).

Isto significa que, durante a animación (mobilización e organización) da comunidade, o animador sempre debe ser capaz de separar o que está a pasar ao conxunto da comunidade do que lle ocorre a un individuo.

6. A comunidade é un sistema superorgánico

Unha comunidade pode ser vista como algo similar a un organismo. Vive e funciona incluso se os seus membros humanos marchan e volven, nacen ou morren. Como una célula viva, transcende aos seus átomos, polo que unha institución, patrón de comportamento ou comunidade, transcende aos seus individuos.

Por exemplo, unha crenza é compartida por moitas persoas, pero esa crenza pode continuar noutros moito despois do que primeiro teña morto. O mesmo ocorre cunha institución como o matrimonio ou as forzas armadas, unha cidade como Maputo, un costume como o de darse a man, unha ferramenta como a aixada ou un sistema como o da mercadotecnia. Todos eles transcenden aos individuos que os levan a cabo.

Polo tanto, unha sociedade é un sistema: non un sistema inorgánico como un motor, tampouco orgánico como poder ser unha árbore, mais un sistema superorgánico constituído por ideas e comportamentos aprendidos dos seres humanos.

Aínda que unha comunidade sexa un sistema cultural (pois transcende aos individuos que a compón) non se pode asumir que unha comunidade é unha unidade harmoniosa, porque non o é. Está chea de faccións, loitas e conflitos, baseada en diferencias de xénero, relixión, acceso á riqueza, etnia, clase, nivel educativo, ingresos, propiedade do capital, linguaxe e moitos outros factores.

Para poder promover a participación e desenvolvemento da comunidade, é tarefa do animador unir a tódas as faccións, promover a tolerancia e o espírito de equipo, e obter decisións consensuais. Isto non é doado. Pódense atopar técnicas para levar isto a cabo en outros documentos desta serie, pero coñecer sobre os sistemas sociais e culturais (tal e como son descritos neste documento) precisa de unha bagaxe teórica sobre a que o animador poderá construír a súa competencia profesional.

Para que o animador promova o cambio social na comunidade, é preciso saber como funciona o sistema e saber como responderá aos cambios. Polo mesmo motivo que un enxeñeiro (un científico físico aplicado) debe saber como funciona un motor, o facilitador comunitario (un científico social aplicado) debe saber como opera a comunidade.

7. Dimensións da cultura:

Toda cultura (ou organización social) ten diferentes dimensións. Como as definicións física de anchura, altura, profundidade ou tempo, as dimensións culturais poden variar en tamaño pero, por definición, afectan a todo o conxunto. Suxerimos aquí que o grupo máis lóxico está composto por seis dimensións culturais ou sociais. Isto inclúe todos os sistemas aprendidos de valores e comportamentos.

As dimensións son:

  1. tecnolóxica,
  2. económica,
  3. política,
  4. institucional (social),
  5. valor estético e
  6. perceptivo e de crenzas.

Non pode «ver» unha dimensión cultural ou social do mesmo modo que ve a un individuo. Cada individuo manifesta cada unha das seis dimensións da cultura.

Para ser socialmente consciente, o animador deber ser capaz de analizar as seis dimensións e as súas interrelacións, aínda que só pode ser aos individuos e non ás dimensións.

Dimensións da cultura

8. A dimensión tecnolóxica da cultura

A dimensión tecnolóxica da cultura é o seu capital, as súas ferramentas e habilidades, e as formas de tratas co entorno social. É a interface entre a humanidade e a natureza.

Lembre que non son as ferramentas físicas as que constrúen a dimensión tecnolóxica da cultura, senón as ideas e comportamentos aprendidos que permiten ás persoas inventar, usar e ensinar a outros estas ferramentas.

Cando o facilitador estimula a unha comunidade a construír unha latrina ou un pozo, introdúcese unha nova tecnoloxía. Un pozo (ou latrina) é unha ferramenta como o martelo ou o ordenador. O facilitador debe prepararse para entender os efectos que a introdución dun cambio na dimensión tecnolóxica terá en outras dimensións da cultura.

9. A dimensión económica da cultura:

A dimensión económica da cultura está composta polas formas e medios de produción e asignacións dos bens e servizos útiles e escasos.

Non son os elementos físicos, como o diñeiro, os que constrúen a dimensión económica da cultura, senón as diferentes ideas, valores e comportamentos das persoas que dan valor ao ao diñeiro (e demais bens) e que crearan os sistemas económicos en vigor. A riqueza non ven tan só do diñeiro, da mesma forma que a pobreza non é unha ausencia de diñeiro.

Cando unha comunidade decide asignar un subministro de auga con unha tarifa plana para todos os fogares ou pagando segundo o gasto de cada un deles, faise unha elección entre dous sistemas económicos de distribución moi diferentes. O animador debe estimular á comunidade a escoller o que desexa facendo prevalecer os seus valores e actitudes (un bo animador non tentará impoñer o seu sistema de distribución predilecto: os membros da comunidade, todos eles, deben chegar a un consenso).

10. A dimensión política da cultura

A dimensión política da cultura comprende as diferentes formas e medios de asignar o poder e a toma de decisións. Non é o mesmo que a ideoloxía, comprendida dentro da dimensión dos valores. Entre outras cousas, inclúe os tipos de goberno e os sistemas de xestión. Tamén inclúe como é a toma de decisión en grupos pequenos sen ningún líder recoñecido.

Un animador debe ser capaz de identificar os diferentes tipos de líder dentro dunha comunidade. Algúns teñen unha autoridade tradicional, outros posúen cualidades carismáticas persoais.

Ao traballar cunha comunidade, o animador debe desenvolver o poder xa existente e un sistema de toma de decisións que promova a unidade comunitaria e unha toma de decisións grupal que beneficie a toda á comunidade, e non só aos que teñen certos intereses creado.

11. A dimensión institucional da cultura

A dimensión social ou institucional da cultura está composta por as formas de actuar das persoas, a súa interacción entre elas, como reaccionan e como esperan que os outros actúen e reacciones. Inclúe institucións como o matrimonio ou a amizade, roles como o de nai ou policía, estatus ou clase e outros patróns do comportamento humano.

Para que o animador ou activista teña éxito, este debe saber cales son as institucións locais, os diferentes roles desempeñados por homes e mulleres e cales son as principais formas de interacción social.

12. A dimensión dos valores da cultura

A dimensión dos valores da cultura é a estrutura de ideas, en ocasións paradoxal, inconsistente ou contraditoria, que a xente ten sobre o ben e o mal, sobre o feo e o fermoso, e que se utiliza como xustificación para explicar os seus actos.

Sempre que un animador introduce novas formas de actuar dentro da comunidade, deben terse en conta os valores xa existentes, por moi contraditorios e variados que podan ser.

13. A dimensión conceptual da cultura

A dimensión conceptual da cultura é outra estrutura de ideas, que tamén pode ser contraditoria, que as persoas teñen sobre a natureza do universo, do mundo que os rodea, o seu papel nel, a causa e o efecto, e a natureza do tempo, a materia e o comportamento.

O animador debe ser consciente das crenzas existentes dentro da comunidade.

Para ser un catalizador efectivo do cambio social, o animador debe facer suxestións e promover accións que non ofendan ditas crenzas, e que sexan consistentes con elas, ou polo menos apropiadas, así como cos conceptos sobre o funcionamento do universo.

14. Todas as dimensións atópanse na cultura

É importante lembrar que en toda sociedade, comunidade, institución ou interacción entre individuos, hai un elemento cultural que inclúe algo dunha das dimensións culturais. Todas elas apréndense desde o nacemento.

O recen nacido é como un animal, aínda non é un ser humano, pero comeza a aprender a cultura de forma inmediata (por exemplo, ao alimentarse do peito da nai) por interactúar con outras persoas, e aí comeza a converterse nun humano (moitos din que este proceso de humanización comeza no ventre materno). Este proceso de aprendizaxe, e polo tanto de transformación, segue ata a morte.

Se non estás a aprender, estás morto.

15. A interconexión ten un uso práctico

Para o animador social, e para calquera comprometido con actividades de desenvolvemento, o máis importante de todo isto é a variedade de interconexións entre estas dimensións culturais. Poden estar interrelacionadas de forma causal ou funcional. Por exemplo, a tecnoloxía (en contra do que soemos pensar), as ferramentas e as habilidades para usala, forma parte da cultura tanto como as crenzas, danzas e formas de distribuír a riqueza.

Mudar algo nunha dimensión ten repercusión en cada unha das outras. Por exemplo, introducir un novo método para obter auga precisa a implantación de novas institución para manter ese novo sistema. Aprender formas novas de facer as cousas precisará o aprendizaxe de novos valores e percepcións. Ignorar ditas interconexións ao promover a transferencia de tecnoloxías é arriscado (poden producirse resultados inesperados o non desexados).

16. A interconexión afecta ao cambio social

Mudar algo nunha dimensión non só precisa de cambios noutras dimensións, senón que, de feito, os produce.

Por iso é importante avaliar o impacto social de todos os proxectos, grandes e pequenos.

17. Conclusión: a importancia da cultura para a animación

As interconexións entre as dimensións culturais non son simples nin fáciles de predicir. O animador debe coñecelas, e promover de forma continua a observación, a análise, o intercambio de ideas, a lectura e a asistencia a seminarios ou conferencias.

Ao traballar con comunidades, o animador debe ir aprendendo máis e máis sobre a súa cultura e a dinámica das súas dimensións culturais.

––»«––

No mercado:


Ilustración3; no mercado.

© Copyright 1967, 1987, 2007 Phil Bartle
Deseño da web por Lourdes Sada
––»«––
Última actualización: 02.07.2011



 Páxina de inicio

 Reforzar á comunidade