Páxina de inicio
 Fortalecemento




Traducións:

Català
English
Español
Galego
Ελληνικά / Elliniká
Română

                                        

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Ligazóns de interese


Primeira historia

Non podía abandonar

por Phil Bartle, doutorado en investigación

Traducido por Martina Corral Aller

Historias curtas para ilustrar os principios

Viñeta

Amanda desexaba ser unha boa activista. Estaba moi motivada e prestou moita atención ás ensinanzas; pero o que ela non sabía era que mobilizar a aldea de Utopía semellaba practicamente imposible. A xente con poder estaba interesada en que as cousas na aldea seguiran sendo como eran xa que eles obtiñan beneficios da corrupción e da desigualdade.

Os membros da comunidade non crían que puidesen facer cousas por eles mesmos e agardaban un doador que o fixese todo por eles. As enfermidades proliferaban e iso facía que os aldeáns foran débiles e incapaces de realizar grandes esforzos. Os cinco factores de pobreza contribuían a que a aldea se resistise tanto á mobilización que nin os activistas máis experimentados puideron facer nada. Amanda estaba tan entusiasmada co éxito que non se lle ocorría abandonar. Pensou que a culpa do fracaso era dela, mentres que o problema estaba no propio pobo. Necesitou que un supervisor que coñecía a situación lle explicase que sería mellor intentalo noutro lugar.

Observación: Estas historias baséanse en acontecementos reais. Os nomes da xente e dos lugares cambiáronse para manter o anonimato.

––»«––


© Copyright 1967, 1987, 2007: Phil Bartle
Deseño web Lourdes Sada
––»«––
Última actualización: 01.09.2011


 Páxina de inicio

 Reforzar á comunidade