Traducións:
Outras páxinas:
|
Terceira historia
Querían aliviar a pobreza
por Phil Bartle, doutorado en investigación
Traducido por Martina Corral Aller
Historias curtas para ilustrar os principios
Viñeta
Os
conselleiros de Novo Vancouver, unha pequena e acolledora localidade que pertencía
a un país rico, fixeron unha viaxe ao estranxeiro con boa vontade e visitaron un
país de ingresos moi baixos. Volveron á casa entusiasmados coa idea de que a xente
da súa cidade podería axudar para aliviar a pobreza deste lugar.
Unha
vez de volta, ensinaron á xente diapositivas do que viran. Un conselleiro dixo:
"Zapatos! Os profesores non levan zapatos, así que podemos axudar á educación
enviándosellos". Entón comezou a campaña. A xente doou os zapatos que xa non quería:
zapatos de bebé, botas de inverno, zapatos de ballet, botas campeiras, zapatillas
de casa, zapatos de vestir... Enviaron un contedor e persuadiron ao Ministerio de
Asuntos Sociais para que os distribuíra entre o profesorado.
Seis
meses máis tarde, un dos conselleiros realizou unha visita de seguimento para ver
o efecto que tivera a doazón: non moito. Algúns profesores aínda ían descalzos
ás clases para gardar os zapatos para ocasións máis especiais. O conselleiro quixo
saber o que pasaba, polo que saíu a tomar unha cervexa cun dos organizadores do
plan de mobilización do ministerio. "Vostede o ve, un plan así só alivia o problema
de maneira temporal, pero non o resolve. Para reducir a pobreza nunhas bases sustentables,
precisamos atopar camiños para que a xente xere ou produza novas riquezas. Os agasallos
non conseguen iso, simplemente fan que a xente agarde por máis". Moi desanimado,
o conselleiro volveu para casa cun gran traballo ás costas: facer medrar a conciencia
entre os cidadáns da súa cidade.
Observación:
Estas historias están baseadas en acontecementos reais. Os nomes das persoas e dos
lugares cambiáronse co fin de manter o anonimato.
––»«––
© Copyright 1967, 1987, 2007: Phil Bartle Deseño web Lourdes Sada
––»«–– Última actualización: 01.09.2011
|