Páxina principal
 En acción




Traducións:

'العربية / al-ʿarabīyah
Bahasa Indonesia
Català
中文 / Zhōngwén
Deutsch
English
Español
Ewe
Filipino/Tagalog
Français
Galego
Ελληνικά / Elliniká
हिन्दी / hindī
Italiano
日本語 / Nihongo
Kiswahili
Polszczyzna
Português
Română
Русский
ไทย / Thai
Türkçe
اردو / Urdu
Èdè Yorùbá

                                        

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Ligazóns de interese

POSTA EN FUNCIONAMENTO DO PLAN COMUNITARIO

Acción para o fortalecemento

polo Doutor Phil Bartle,

traducido por Nahir Seijo


Caderno de formación

Segui-lo plan significa executa-lo proxecto

Na fase de preparación da comunidade, hai polo menos dous documentos que deberían ter sido preparados (pola executiva) e aprobados (por toda a comunidade). Son: (1) o PAC (Plan de Acción Comunitaria) ou plan de acción, e (2) o deseño do proxecto (que podería ou non terse empregado tamén como proposta).

A non ser que a executiva ou a comunidade en conxunto os cambien, debería facerse referencia a eles a miúdo, especialmente se xurde unha discusión ou dúbida sobre qué facer a continuación. O deseño do proxecto debería verse como unido ao plan de acción comunitaria, e formando parte del.

O seu traballo non consiste en poñer en funcionamento o plan, senón facilitar que o faga a comunidade.

Asegúrese de que a xente á que se asignen tarefas específicas as leven a cabo. Asegúrese de que se realiza a supervisión. Asegúrese de que as xuntanzas da executiva se levan a cabo con frecuencia (nas que se discute cómo vai o progreso) e as xuntanzas da comunidade en conxunto. Asegúrese de que se manteñen rexistros fieis, especialmente de tódolos gastos financieiros.

Axude á executiva a rexistra-lo valor monetario das súas contribucións en xestión (cantas horas se pasan en xuntanzas, planificando, supervisando, implementando, e cal é o valor monetario do tempo e a enerxía que doan?). Isto significa moitas xuntanzas entre vostede e a executiva, e unhas poucas xuntanzas públicas con toda a comunidade.

––»«––

Acción comunitaria; cavando unha gabia:


Acción comunitaria; cavando unha gabia

Se copia algún material deste sitio, por favor mencione ao autor (es)
e poña un enlace a cec.vcn.bc.ca/cmp/

© Copyright 1967, 1987, 2007: Phil Bartle
Deseño web Lourdes Sada
––»«––
Última actualización: 05.07.2011


 Páxina principal

 En acción