Traducións:
Outras páxinas:
|
EN ACCIÓN
A comunidade móvese
traducido por Nahir Seijo
Introdución ao módulo (comezo)
Documentos incluídos neste módulo «En acción» :
O ceo nunca axuda aos homes que non actúan. Sophocles
Logo
de terse preparado a vostede e organizado á comunidade, comeza a acción desta.
Como
activista, vostede xa ten estado en acción (preparando a comunidade, por exemplo).
Agora é o momento de que entre en acción a comunidade.
Toda
a comunidade participou na toma de decisións, formou unha executiva, creou un plan
de acción comunitaria, deseñou un proxecto, e unha organización para a acción.
É o momento de que comecen a moverse.
Poñamos
como exemplo a construción dunha latrina. Examínanse os planos, reúnense os recursos,
e comeza a construción. Hai varias áreas nas que vostede, como activista, ten traballo
que facer. Non organice, supervise ou traballe na construción da latrina.
O
seu papel é facilitar a formación técnica que sexa precisa (identificada pola
comunidade e a súa executiva durante a construción), asegurarse de que o traballo
está supervisado, de que haxa información dabondo e gratuíta sobre tódolos aspectos
(especialmente desembolsos financeiros) e de que os membros da comunidade en ningún
momento se volvan displicentes ou caian no pensamento de que este non é o seu propio
proxecto.
Este
módulo infórmalle acerca dalgunhas das súas tarefas e roles mentres a comunidade
está en acción. Vostede non controla a súa acción; anímaos e axúdaos para que
eles o fagan. Concédelles eloxios, consellos positivos, e recoñecemento público.
Axúdaos
a obte-la formación necesaria, promove o coñecemento público, a igualdade de xénero,
a transparencia, e fai destaca-lo proxecto.
––»«––
Contribución comunitaria; traer materiais:
Se copia algún material deste sitio, por favor mencione ao autor (es) e poña un enlace a cec.vcn.bc.ca/cmp/
© Copyright 1967, 1987, 2007: Phil Bartle Deseño web Lourdes Sada
––»«–– Última actualización: 05.07.2011
|