Tweet Traducións:
'العربية / al-ʿarabīyah |
OITO ELEMENTOS DA METODOLOXÍA DO REFORZAMENTOpor Phil Bartle, PhDtraducido por Iria Castiñeiras PérezFolleto de discusiónQue é preciso para fortalecer a unha comunidade (ou organización) e incrementar a súa capacidade?1. O equilibrio de poderes (líderes e creadores de opinión, non só a maioría demográfica) debe desexar que a comunidade se volva máis autosuficiente e deben estar dispostos a facer sacrificios para poder acadalo (os líderes e creadores de opinión poder ser oficiais ou non, recoñecidos ou non). Sen isto, o activista perdería o seu tempo e estaría mellor traballando noutra comunidade; 2. A comunidade debe dispoñer dun axente experimentado e / ou adestrado que a estimule e guíe para organizarse e emprender accións para superar a pobreza e volverse máis autosuficiente. O activista pode ser unha persoa con talentos e habilidades; o adestramento desta páxina web está dirixido a desenvolver e perfeccionar ditos talentos; 3. Pódese ofrecer asistencia, pero non debe tratarse de caridade, pois promove a dependencia e a debilidade. O compañeirismo, a asistencia e o adestramento promove a autosuficiencia e aumenta a capacidade; 4. Non debe controlarse ou forzarse o cambio nas organizacións ou nas comunidades receptoras de axuda, aínda que os profesionais adestrados como activistas deben intervir mediante a estimulación, a información e a guía. Debe evitarse a enxeñería social. É preciso persuadir e facilitar; 5. Os organismos fortalécense mediante o exercicio, a loita e enfrontándose a adversidade. A metodoloxía do reforzamento incorpora este principio para as organizacións sociais. Os adestradores deportivos empregan o eslógan «sen sufrimento non hai vitoria». Nós non promovemos a dor, pero si a loita e o esforzo; 6. A participación activa dos destinatarios, especialmente na toma de decisións, é fundamental para incrementar a súa capacidade; 7. Unha proporción importante (non é fixa) dos recursos necesarios para o proxecto comunitario debe proceder dos propios membros da comunidade; 8. Dende o principio precisamos asegurarnos de que os participantes teñen o control absoluto, exercendo a toma de decisións e aceptando a responsabilidade das súas accións, o que os conducirá a un incremento da súa forza. Véxase palabras clave: Metodoloxía do fortalecemento. ––»«––© Copyright 1967, 1987, 2007 Phil Bartle
––»«–– |
Páxina de inicio |
Reforzar á comunidade |