Traducións:
Outras páxinas:
|
Segunda historia
Non lle impresionou
por Phil Bartle, doutorado en investigación
Traducido por Martina Corral Aller
Historias curtas para ilustrar os principios
Viñeta
Guillerme
Limpopo era un reporteiro recoñecido do xornal nacional. Acababa de completar un
artigo sobre o enorme estadio de fútbol novo (semellaba un ovni do tamaño da cidade)
e, agora, o seu amigo e antigo compañeiro da escola, Edu, invitábao a cubrir a
celebración da finalización dun proxecto comunitario: a construción dunha pequena
escola nunha aldea remota.
As
paredes non estaban pintadas e era obvio que había uns poucos erros de construción.
Guillerme desanimouse e Edu explicoulle que a historia non se trataba do edificio
da escola, senón da historia humana de pobreza, visión, loita e grandes esforzos
para superar grandes obstáculos. Nesa aldea non había máis que enfermidade, apatía,
ignorancia e desesperanza, pero malia iso, os aldeáns uníronse e decidiron usar
os recursos que tiveran ao seu alcance para construír unha escola. Recorreron a
un albanel ancián e a un fabricante de ladrillos xubilado que lles ensinou a fabricar
e cocer os ladrillos, por iso non tiñan todos o mesmo tamaño, pero o orgullo de
facelos superaba o da uniformidade.
"Guillerme,
este é un desafío para un xornalista, o de revelar o que a xente non pode ver na
construción: drama humano e vitoria. Serás capaz?". Guillerme aceptou o desafío
e escribiu un interesante artigo da celebración ao completo, e incluíu o lado humano
da historia baseándose na información de Edu. Todo o país se sentiu orgulloso
deste esforzo por ser autosuficiente.
Observación:
Estas historias baséanse en acontecementos reais. Os nomes da xente e dos lugares
cambiáronse para manter o anonimato.
––»«––
© Copyright 1967, 1987, 2007: Phil Bartle Deseño web Lourdes Sada
––»«–– Última actualización: 01.09.2011
|