Traducións:
Outras páxinas:
|
Traducido por Iria Castiñeiras Pérez
Co-mu-ni-da-de
Definición
Nome
comunidade:
grupo de persoas vivindo nun lugar determinado. «O equipo foi escollido de entre
todas as partes da comunidade».
- asemblea,
reunión: un grupo de persoas xuntas nun mesmo sitio.
- parroquia:
unha igrexa comunitaria local.
- comunidade
lingüística: persoas que comparten a mesma lingua ou dialecto.
- barrio:
xente que vive a unha xunto a outra. «É un barrio amigable», «o meu barrio votou
por Bush».
- vila:
comunidade de xente máis pequena do que un pobo.
- aldea:
comunidade de xente máis pequena do que unha vila.
- horda:
comunidade nómada.
comunidade:
grupo de persoas que comparten as mesmas características étnicas, culturais ou
relixiosas: «a comunidade cristiá da época apostólica», «era ben coñecido
dentro da comunidade cristiá».
- persoas
(plural): calquera grupo de seres humanos (homes, mulleres ou nenos) tomado colectivamente:
«persoas maiores», «ao menos había 200 persoas no público».
- convento:
comunidade de xente dunha orde relixiosa (especialmente monxas) que viven xuntas.
- mosteiro:
membros dunha comunidade relixiosa que viven xuntos.
- Nación
do Islam, Ummah islámica, Ummah musulmá, Umma, Ummah: a comunidade musulmá, que
se estende dende Mauritania a Pakistán: «os musulmáns moderados solicitaron a
Ummah que rexeite o terrorismo dos musulmáns radicais».
comunal:
propiedade mancomunada: «comparten de forma comunal as súas posesións».
- propiedade:
a relación entre o dono respecto a aquilo que posúe. Propiedade que se pode transferir
a outros.
comunidade:
grupo de nación con intereses comúns: «esperan unirse á comunidade da OTAN».
- organización
global, organización internacional, organización mundial: unha alianza internacional
na que participan moitos países diferentes.
comunidade:
persoas dunha mesma profesión intelectual: «as noticias espalláranse rápido dentro
da comunidade médica».
- profesión
- comunidade
legal, profesión legal, avogacía: grupo de persoas cualificado para exercer a avogacía
nunha xurisdición concreta: «foi admitido para ser avogado en Nova Jersey».
- profesionais
da saúde: grupo de persoas que co seu traballo axudan a manter a saúde dos seus
usuarios.
- comunidade
de negocios, homes de negocios: o grupo de persoas que xestiona un negocio.
- comunidade
de académicos: grupo de persoas que posúe formación académica superior.
- profesionais
da economía: o corpo de economistas profesionais.
- sacerdotes:
persoas ordeadas practicantes relixiosas.
- grupo
ocupacional, vocación: grupo de persoas que realizan o mesmo tipo de traballo.
comunidade:
acordo nos intereses e obxectivos: «os predicadores e os contrabandistas déronse
conta de que tiñan intereses comúns».
- comunidade
de intereses
- acordo,
consentimento: harmonía entre as opinións e / ou accións das persoas: «as dúas
partes chegaron a un acordo».
comunidade:
zona onde reside a xente, ocupada principalmente por residencias privadas.
- zona
residencial, distrito residencial.
- urbanización:
zona residencial con casas similares, edificada por construtores e, xeralmente, baixo
unha única xestión: «viven na nova urbanización».
- Tamén
pode ser a zona residencial onde todas as cosas foron planeadas e construídas ao
mesmo tempo.
- distrito,
dominio territorial, territorio, dominio: unha rexión delimitada para fins administrativos
ou de outro tipo.
- residencial:
zona residencial da cidade, afastada do distrito comercial.
- arrabaldes:
distrito residencial situado fóra dos límites da cidade.
- periferia:
zona residencial situada fóra da cidade e máis lonxe do que os arrabaldes.
- barrio
de casas alugadas: distrito residencial ocupado principalmente por casas alugadas.
- coelleiras:
unha zona residencial sobreexplotada.
- Georgetown:
zona do noroeste de Washington D.C. (EEUU).
- Greenwich
Village, Village: zona residencial situada no distrito de Manhattan, Nova York (EEUU).
O Village foi fogar de moitos escritores e artistas ao longo do século XX.
comunidade
(ecoloxía): grupo de organismos independentes que viven na mesma rexión e que interactúan
entre eles.
- comunidade
biótica
- grupo:
calquera número de entidades (membros) considerado como unha unidade.
- ciencia
medioambiental, ecoloxía: a rama da bioloxía que se ocupa da relación entre os
organismos e o medio ambiente.
- bioma:
gran comunidade biótica caracterizada polo tipo dominante de vexetación e clima.
––»«––
© Copyright 1967, 1987, 2007 Phil Bartle Deseño da web por Lourdes Sada
––»«––Última actualización: 02.07.2011
|