Traducións:
Outras páxinas:
|
SABER CANDO DEIXALO
traducido por Iria Castiñeiras Pérez
Folleto
de discusión
Tes
que saber cando seguir, cando deixalo, cando afastarte e cando saír correndo Don
Schlitz
A
mesma talla para todo o mundo? Non.
A
metodoloxía de reforzamento da comunidade non é a panacea universal e non resolverá
tódolos problemas. Deberá misturar, facer coincidir e modificar segundo as necesidades
e características de cada comunidade.
A
canción «The Gambler» (en galego, «O xogador»), escrita por Don Schiltz e gravada
por Kenny Rogers en 1978, menciona a frase anterior no seu retrouso. A nosa preocupación
é saber que, nalgunha comunidades, deberá deixalo e é vostede quen debe valorar
e xulgar cando é o momento preciso.
Unha
intervención como a da metodoloxía do reforzamento comunitario é unha inversión.
Precisa recursos para ser implantada. E, como en calquera inversión, o gastado,
gastado está. Se non funciona, non pense que poderá recuperar os gastos perdidos
para seguir adiante. Terá que cortar gastos e afastarse; procurar unha nova comunidade
na que traballar.
Nalgunhas
comunidades, a metodoloxía non funcionará. As razóns son moitas e diversas: demasiada
xente poderosa con intereses
creados,
un exceso de calquera dos cinco
factores da pobreza,
un entorno
legal e administrativo que
dificulta o seu traballo, guerras civís e terror, riscos de seguranza, serios problemas
coas barreiras lingüísticas ou culturais, entre outros. Prepárese para isto e
non se culpe se a comunidade non está preparada.
––»«––
© Copyright 1967, 1987, 2007 Phil Bartle Deseño da web por Lourdes Sada
––»«––Última actualización: 02.07.2011
|