Tweet Traducións:
'العربية / al-ʿarabīyah |
DESPEXA-LO CAMIÑOConsegui-la aprobación das autoridadespolo Doutor Phil Bartle,traducido por Nahir SeijoCaderno de formaciónEnsinar aos oficiais e autoridades locais cómo os beneficia a potenciación comunitariaAntes de comezar a traballar na súa comunidade (ou comunidades) de destino, ten que te-los permisos requeridos, e tamén a cooperación activa das autoridades e líderes responsábeis da área. Algúns activistas consideran ás autoridades coma «inimigos» ou «opositores», e ven o seu labor como o de organiza-las comunidades pobres para facer fronte a eses «opresores». Pode ser un enfoque axeitado nalgúns casos, e considérase a miúdo coma « compromiso cívico» máis que «participación comunitaria». A metodoloxía destes módulos (desenvolvida sobretodo en África) defende que ter a esas autoridades do noso lado achéganos ao sostemento, e a unha política nacional coherente e un programa de eliminación da pobreza. Recorde
que en realidade ten vostede dous obxectivos (beneficiarios), non só (1) a comunidade
senón tamén (2) as autoridades responsábeis do territorio no que se asenta a comunidade. A súa meta en cada comunidade consiste en fortalecela promovendo accións de auto-axuda. O que pretende das autoridades é que traballen para o sostemento, avanzando cara un contexto ou ambiente (político e administrativo), ao redor e sobre a comunidade, que o favoreza. Aos líderes (oficiais e non oficiais), administradores («burócratas»), e expertos técnicos («tecnócratas»), debe lograr convencelos para que deixen de ser «provedores» e pasen a «facilitar auto-axuda ás comunidades». Isto non é pouco. Cando os políticos poden afirmar que «provén» (por exemplo, conseguindo algunha instalación comunitaria), obteñen popularidade e votos. É de supor, polo tanto, que teñan un interés persoal en seguir unha «política de abastecemento». Do mesmo xeito, cando administradores e tecnócratas poden dicir que «provén», cren (a miúdo con razón) que van mellora-las súas carreiras e obter ascensos. Poden ter un interés persoal en non volverse "facilitadores." A súa estratexia consiste en demostrar e convencelos de que sairán beneficiados se abandoan a política de «abastecer» e a mudan por unha de «posibilitar». A verdade é que se o fan, co tempo, sairán beneficiados. Iso acontece porque tódalas comunidades teñen recursos ocultos que non son identificados nen usados mentres se espere que as autoridades externas suministren tódolos recursos. Se a comunidade se responsabiliza de consegui-las súas propias instalacións e servizos, e se lle da a formación que precisan para facelo, sairán á luz e poderanse empregar moitos recursos que estaban agochados. Se os líderes e as autoridades responsábeis pasan a practicar unha política de posibilitar, o fortalecemento das comunidades resultante pode converterse na base da que poden obter popularidade, votos, promoción profesional e ascensos. É tarefa súa demostrar que poida que a política de «abastecemento» lles beneficie a curto prazo, pero non é sostible, namentres que a de «posibilitar» contribúe ao auténtico desenvolvemento e crecemento, que os vai favorecer a longo prazo. Na medida en que poida convencer ás autoridades dos beneficios que poden obter do fortalecemento comunitario, seralle máis doado conseguir permisos para traballar, obte-la súa cooperación activa, e neutralizar intereses creados que entorpecen o fortalecemento e a confianza das comunidades en sí mesmas. Para obter autorización ou permiso das autoridades, resulta útil facilitarlles documentación relativa á política oficial, acordos e memorando de entendemento (MDE), que poida vostede ter (dependendo das súas circunstancias). Cando o faga, explíquelles de qué xeito lles vai beneficiar ter comunidades máis fortes e seguras de sí mesmas nos territorios da súa competencia. Se o seu presuposto e o seu plan de traballo o permiten, é o momento de organizar un taller para sensibilizar ás autoridades. ––»«––© Copyright 1967, 1987, 2007: Phil Bartle
––»«–– |
Páxina principal |
O comezo |