Tweet Traducións:
বাংলা / Baṅla |
ORGANIZACIÓN DA UNIDADEpor Phil Bartle, PhDtraducido por Iria Castiñeiras PérezFolleto de adestramentoA organización da unidade, normalmente chamada o paso tres do ciclo de mobilización, pode comezar, de feito, no primeiro paso (toma de conciencia) e continuar durante todo o ciclo.As comunidades rara vez están unidas: A palabra «comunidade» ten a palabra «unidade» no seu interior, pero é un erro común asumir que toda comunidade está unida. En todas elas hai faccións e disputas, denominados cismas sociais. Poden ocorrer por factores relixiosos, de clan, clase, lingua, diferencias étnicas ou de outro tipo. Nota: un «cisma» é unha división ou abismo entre varias partes. Un «cisma social» é a división dunha ou mais faccións dentro dun grupo social.Unha decisión comunitaria precisa unidade: Se queremos que a comunidade tome unha decisión consensual para saber cal é o principal problema que debe resolver, non será posible se as diferentes faccións procuran metas diferentes. Polo tanto, para xuntar a estas partes, para promover e alentar a unidade, é unha tarefa que vostede, como activista, debe emprender. Como debe facelo? Técnicas para unificar á comunidade: Cando convoque unha reunión comunitaria, insista e asegúrese de que asisten todas e cada un dos grupos. Tamén debe asegurarse de que participen os discapacitados, os anciáns, e outra xente que normalmente se desatende. Se realizou un bo traballo sociolóxico, observando e analizando á comunidade, saberá onde están as súas susceptibilidades. Na mobilización é útil ser un pouco actor ou comediante. Por exemplo, pode facer a demostración dos mistos tomándose certo tempo. Chame a un ou dous voluntarios para que o axuden; repita varias veces as cousas; faga un pouco de teatro. Sosteña un deles e pregunte ao grupo se sería fácil rompelo. Escoite as súas respostas. Despois pida a un voluntario que o rompa. Felicite ao voluntario e faga un gran alboroto con o grupo sobre o fácil que era romper o misto. Despois, encha a súa man con mistos e áteos entre eles cunha goma elástica; mostre o resultado ao grupo. Pida ao voluntario que rompa o conxunto: terá dificultades ou (esperemos) non será capaz de facelo. É o momento de explicar que cada misto é unha facción diferente, e que todos xuntos compoñen a comunidade. A pobreza e a debilidade desintegrarán a comunidade facilmente se os diferentes grupos seguen indo en direccións opostas. Mostre ao grupo unha vez mais os mistos mentres explica a analoxía (metáfora, parábola), rompendo un como representante da facción e mostrando as dificultades de romper todo o conxunto, identificado como a comunidade unida Faga isto en diferentes reunións e días (non teña medo de repetir os seus principios) e realice novas demostracións e historias que vostede mesmo pode crear ou que pode tomar prestadas doutros Véxase: O papel da comida na potenciación das comunidades. Véxase: Organizacións para o fortalecemento.. A súa meta non é acadar unha comunidade homoxénea (todos son iguais): a súa meta e alentar aos membros a entender e ser tolerantes cos outros, e a ser leal e favorable á comunidade como conxunto. Non se deteña: Combine isto con outras organizacións da unidade e con outros esforzos, como asegurar que haxa representantes de todas as faccións no comité executivo (OBC) que se forme para emprender e planificar os proxectos comunitarios. A necesidade de organizar a unidade é continua e non debe deterse para levar a cabo os seguintes pasos. Comparta as súas experiencias con outros mobilizadores e aprendas novos métodos. ––»«––© Copyright 1967, 1987, 2007 Phil Bartle
––»«–– |
Páxina de inicio |
Mobilización |