Páxina de inicio
 Mobilización




Traducións:

Bahasa Indonesia
বাংলা / Baṅla
Català
中文 / Zhōngwén
English
Español
Filipino/Tagalog
Français
Galego
Ελληνικά / Elliniká
हिन्दी / Hindī
Italiano
日本語 / Nihongo
Kiswahili
Polszczyzna
Português
Română
Русский
Tiếng Việt
اردو / Urdu

                                        

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Ligazóns de interese

COMER COS AMIGOS

O papel da comida na potenciación das comunidades

por Phil Bartle, PhD

traducido por Iria Castiñeiras Pérez


Folleto de adestramento

«Quen come con quen»: un factor a ter en conta na mobilización

Introdución:

Un aspecto do fortalecemento comunitario, e a miúdo subestimado nas leccións e libros de texto sobre o desenvolvemento comunitario, é as comidas en grupo. Pode tratarse da celebración do fin dun proxecto ou de outra actividade de importancia, algo que pode ser visto como unhas vacacións ou unha «licencia» pola maioría da xente, pero que é unha parte esencial do traballo do activista.

Calquera sociólogo pode afirmar que os beneficios da comida non son só físicos, nutritivos ou saudables. Con quen comemos, cando e onde, que comemos e baixo que circunstancias... son factores socioloxicamente significativos (se o único importante fora a lóxica e a nutrición, comeríamos vermes).

Polo tanto, estes temas son moi importantes para o activista: primeiro, para saber máis sobre a comunidade e como actuar con ela; e segundo, para incluír estes coñecementos en estratexias para fortalecer a comunidade a través da mobilización.

Comensais:

A palabra «comensal» provén do latín e do árabe e significa compartir a mesa. En socioloxía, o concepto de «comensal» defínese normalmente como «xente que come xunta».

Comece consigo mesmo: pense con que xente come e con que xente non o fai. En xeral, as persoas coas que come son amigos e familia.

Aqueles cos que non come, pola razón que sexa, resúltanlle máis distantes socialmente: dunha clase social máis alta ou máis baixa, descoñecidos, inimigos e rivais, e en ocasións persoas coas que non comparte a lingua, etnia, relixión, xénero, idade ou ocupación.

Por suposto que estas persoas varían dependendo da comunidade, período de tempo e sociedade. Tamén mudan segundo o contexto social: pode comer con algunha xente no traballo, pero non na súa casa.

Pode afirmarse como xeneralidade (con moitas excepcións, por suposto), que a xente tende a comer con outras persoas cando hai un sentido de solidariedade ou confianza. Ás veces a confianza é tan só aparente: alguns pretenden demostrar de formar ostentosa que existe confianza, aínda que non sexa verdade. Comer cos outros, como calquera outro acto cultural, simboliza e comunica diferentes valores e significados.

A influencia é de ida e volta:

A asociación entre (a) a categoría ou relación social e (b) quen come con quen, é coñecida e perceptible. Isto non proba que haxa, necesariamente, unha relación causal entre eles, pero si que o suxire.

Que forma presenta esa causalidade? Os activistas comunitarios con experiencia saben que a influencia é de ida e volta. Como se xulga a xente entre si pode estar influenciado pola decisión de con quen comer; non obstante, tamén pode ocorrer o inverso.

Isto ten dúas implicacións para os activistas: (1) a necesidade de saber as características sociais e culturais da comunidade, unha tarefa importante para o activista, aumenta ao sabermos quen come con quen; e (2) preparar situacións onde a xente coma con quen non o sole facer para así introducir novas relacións sociais e aumentar o fortalecemento da comunidade ao mellorarmos a súa unidade,

e a unidade é fundamental para o activista. Véxase mobilización da unidadeA comida conforma unha nova ferramenta na lista do activista, se ao xuntarmos ás persoas para comer mellora a unidade.

Tres situacións para celebrar comidas na mobilización comunitaria:

Pode haber moitas oportunidades para que os membros da comunidade ou do comité coman xuntos en público. Cando máis saiba o activista sobre a comunidade, máis oportunidades descubrirá.

As principais situacións son as seguintes:
  • a comida dos traballadores durante a construción;
  • os refrixerios servidos durante reunións executivas; e
  • os refrixerios servidos durante celebracións.

Alimentar aos membros da comunidade que chegan para doar a súa labor, ben sexa limpando a área da comunidade ou contribuíndo a construción do proxecto, é unha oportunidade valiosa para promover o entusiasmo polo traballo, así como pola unidade e a solidariedade.

Nas zonas rurais, os granxeiros que non poden doar diñeiro poden estar dispostos a dar parte das súas colleitas. Ao mesmo tempo, algúns membros da comunidade, tal vez aqueles que non podan levar a cabo traballo duro como o da construción, poden doar o seu tempo e esforzo en preparar a comida.

É doado desestimar o traballo do comité executivo ou de implantación. Contribúen co seu tempo, a súa imaxinación e o seu coñecemento ao proxecto comunitario. Tamén deben ser coidadosos e ser transparentes á hora de levar as contas da comunidade, para manter o entusiasmo e a confianza da xente. Se os membros da comunidade preparan pequenas cantidades de comida para as reunións do comité, aínda que só sexa como un xesto de respecto, é menos probable que sexan sospeitosos de estar aumentando os seus ingresos cos recursos da comunidade.

Durante as celebracións públicas para recoñecer o fin do proxecto, a comunidade aconsellará ao activista sobre que personalidades importantes e coñecidas debe invitar para que os xornalistas acudan e difundan o evento. Se a comunidade ofrece refrixerios aos visitantes importantes (aínda mellor se pode ser a todos os asistentes), a confianza e a solidariedade da comunidade aumentará.

Escoller que comer:

O activista non decide o que se debe servir. A súa tarefa é estimular ao comité ou a toda a comunidade para decidir que comida debe servirse, cando, onde, canto ou calquera outro detalle. Se se forma un comité para decidir sobre a comida, as escollas do mesmo serán unha boa fonte de información para o activista.

A elección de comida tabú ou controvertida pode indicar certa influencia externa dentro do executivo. O porco, por exemplo, non se debe servir aos musulmáns; a tenreira aos hindús; a carne aos vexetarianos. Se o comité se decanta por esas comidas, o mobilizador pode inferir que está a favor de outras faccións.

O activista debe tentar, tranquilamente ao principio, detrás do escenario, convencer o comité de que debe ser máis sensible ás necesidades alimentarias da comunidade. Se isto non se pode resolver de forma pausada, o mobilizador pode encontrar preciso facer o asunto público nunha reunión da comunidade, indicando que o proxecto é de todos os membros da comunidade, non só dalgunhas faccións, e que, polo tanto, a comida servida debe ser apta para todos ou debe prepararse algunha de forma determinada para satisfacer as necesidades do grupo.

En moitos proxectos comunitarios, especialmente cando se serve refrixerios a visitantes importantes, é unha práctica habitual servir famosos refrescos embotellados (ou en latas). Persoalmente non apoio o crecemento da "cocacolanización" ou lealdade ás grandes marcas mediante o uso destas bebidas. É preferible servir auga fervida, bebidas locais, té ou café.

Resumo:

A cultura da comida e de comer en grupo, «quen comparte a mesa», é importante para o activista. Coñecer os patróns alimenticios é un indicador de canto coñece á comunidade o mobilizador, e tamén pode usarse para saber como de unida ou dividida está a mesma.

Suxerir e animar á comunidade e ao seu comité executivo a programación de varias ocasións onde a xente poda comer xunta, promoverá unha maior unidade, solidariedade e confianza, factores importantes para o fortalecemento.

Como a maior parte do que debe facer un bo activista, se debe alentar un enfoque participativo, guiando e estimulando á comunidade e ao seu proxecto executivo a tomar decisións, en lugar de marcar e decidir por ela.

Referencias:

Comida e cultura: http://lilt.ilstu.edu/rtdirks/animador.html

Margaret Visser: http://www.umanitoba.ca

––»«––

Contribución da comunidade: comida polo traballo doado:


Illustración14


© Copyright 1967, 1987, 2007 Phil Bartle
Deseño da web por Lourdes Sada
––»«––
Última actualización: 25.06.2011


 Páxina de inicio

 Mobilización