Tweet Traducións:
'العربية / al-ʿarabīyah |
O CICLO DE MOBILIZACIÓNO proceso de fortalecer unha comunidadepolo Doutor Phil Bartletraducido por Nahir SeijoCaderno de formaciónA intervención mobilizadora consiste nunha serie de pasos que debe darExiste un proceso social lóxico e funcional para fortalecer unha comunidade. Varía en lonxitude e nalgúns detalles, pero o modelo é o mesmo. O seu papel consiste en comeza-lo proceso e continualo. Este ciclo de mobilización é só un exemplo do proceso, tomado do Programa de Xestión Comunitaria de Uganda . O seu cambiará de comunidade a comunidade, dun perído a outro, e segundo os recursos dos que dispoña, a política do seu padrón, ou outras circunstancias. O proceso básico é algo así: primeiro obteña permiso e autorización para face-lo seu traballo; despois empece a concienciar á comunidade de que hai problemas. Sexa precavido para que non asuman que vai vostede a arranxa-los problemas, pero subliñe que a comunidade conta con recursos potenciais para solucionalos por si mesma. Só precisan de vontade e dalgunhas técnicas de xestión que pode axudarlles a acadar. Facilite a unión, avaliación e acordo da comunidade con respecto ao seu obxectivo prioritario. Axúdeos a preparar un comité executivo, ou a reactivar un que xa existía. Apoieos no trazado dun plan de acción e no deseño do proxecto. Anímeos mentres o levan a cabo (eles, non vostede), asegurándose de que hai transparencia, seguimento e información. Axúdeos a celebra-lo remate, e despois a evalua-los resultados. Atoparase vostede máis veces co ciclo de mobilización neste sitio web. Coa segunda avaliación o proceso volve a comezar de cero: de ahí que se chame ciclo. A segunda volta teñen máis forza e confianza neles mesmos, e poida que teña vostede identificados algúns activistas locais que o axuden a mante-lo ciclo mentres vostede se retira pouco a pouco. Debe repeti-lo ciclo cando sexa oportuno. Cando prepara a unha comunidade para a acción, está a preparala para aborda-lo ciclo. ––»«––O ciclo de mobilización: © Copyright 1967, 1987, 2007: Phil Bartle
––»«–– |
Páxina principal |
O comezo |