Tweet Traducións:
'العربية / al-ʿarabīyah |
O COMEZOPreparar á comunidade para a acciónpolo Doutor Phil Bartletraducido por Nahir SeijoIntrodución ao módulo (comezo)Documentos incluídos neste módulo «O comezo» :
Cousas que debe facer antes de que a comunidade entre en acciónNo módulo anterior amosámoslle algunhas cousas que precisa (como activista) facer e aprender para prepararse. Neste, leerá cómo comezar por vostede mesmo. Non leve á acción á comunidade sen tela preparado antes. A súa fase de comezo correspóndese coa fase de preparación da comunidade. Algúns activistas consideran ás autoridades coma «inimigos» ou «opositores», e ven o seu labor como o de organiza-las comunidades pobres para facer fronte a eses «opresores». Pode ser un enfoque axeitado nalgúns casos, e considérase a miúdo coma «compromiso cívico» máis que «participación comunitaria». A metodoloxía destes módulos (desenvolvida sobretodo en África) defende que ter a esas autoridades do noso lado achéganos ao sostemento, e a unha política nacional coherente e un programa de eliminación da pobreza. Logo de ter concienciado ás autoridades e conseguido os permisos necesarios para poder levar a cabo o seu traballo, a seguinte tarefa é concienciar á comunidade ou comunidades de destino que pretende mobilizar e fortalecer. Concienciar ás autoridades supón sobre todo: (1) explicarlle-los seus fins e (2) métodos, e (3) convencelos de que poden obter beneficios do seu éxito. Lembre que vai atopar resistencia cara ao cambio social, e que a miúdo os que teñen máis intereses creados estarán no seu grupo de destino. Unha vez conseguidas as autorizacións precisas para desenvolve-lo seu traballo, hai que preparar á comunidade (concienciación, aumento da unidade, fidelidade na información, acción prioritaria escollida). Concienciar ás comunidades de destino supón explicarlle-los seus fins e métodos, e tamén toma-las medidas axeitadas para previ-la aparición de falsas expectativas. Neste punto, a súa maior preocupación debe ser asegurarse de que non hai equívocos entre información e interpretación. Este módulo ensínalle cómo comezar. ––»«––Se
copia algún material deste sitio, por favor mencione ao autor (es) |
Páxina principal |