Tweet Traducións:
'العربية / al-ʿarabīyah |
DESENVOLVEMENTO DA XENTENon do hardwarepor Phil Bartle, PhDtraducido por Iria Castiñeiras PérezFolleto do seminarioMoitas persoas, incluíndo políticos e xornalistas, ao visitar comunidades como as incluídas neste programa queren ver as instalacións (por exemplo: latrinas, estradas, clínicas, subministros de auga ou escolas), e xulgar o éxito do programa polas súas construcións físicas. Aínda que estes poden ser os obxectivos da comunidade, non o son do fortalecemento da mesma. Para os activistas, as instalacións son un medio de fomentar o cambio social dentro das comunidades. Os nosos obxectivos encóntranse no aspecto do «cambio social» no desenvolvemento. Estimulamos e axudamos ás organizacións baseadas na comunidade a construír novas instalacións e a rehabilitar e manter as xa existentes. Polo tanto, os obxectivos da comunidade céntranse nos obxectos físicos, como clínicas, estradas, escolas, pontes, subministros de auga e latrinas. Pola contra, os obxectivos do fortalecemento das comunidades céntranse na xente, en como se organizan, como se relacionan cos líderes e co goberno, tanto interno como externo, as súas actitudes, comportamento, habilidades e organización institucional. Os obxectivos do reforzamento da comunidade están, pois, relacionados co desenvolvemento do «elemento persoal», polo que a infraestrutura física, a súa construción e mantemento son un «medio» e non un obxectivo. Os sectores ortodoxos (auga, educación, saúde) teñen unha importancia secundaria, sempre que a elección do tipo de actividade se faga de forma consensual e se identifique como unha prioridade da comunidade. Cando ve unha escola construída pola comunidade, non é só o resultado do adestramento en mantemento comunitario: é (e foi) o medio ou estratexia polo que puidemos empregar a acción comunitaria para incrementar a capacidade de desenvolvemento desa comunidade. A clínica non foi o éxito: a habilidade da comunidade (de escoller, planificar e construír) é o éxito. ––»«––© Copyright 1967, 1987, 2007 Phil Bartle
––»«–– |
Páxina de inicio |
Reforzar á comunidade |