Tweet Traducións:
'العربية / al-ʿarabīyah |
CELEBRACIÓNSFinalización e novo comezopolo Doutor Phil Bartle,traducido por Nahir SeijoCaderno de formaciónUnha festa non son unhas vacacións do traballo, senón unha parte vital do mesmoOrganizar e poñer en marcha celebracións comunitarias costa traballo, e son partes importantes e vitais da mobilización. Pode que non se dea conta disto; para os aprendices e moitos traballadores, unha celebración é un apaixonante descanso da monotonía do traballo ou o estudio. Para vostede, o activista, forma parte da descrición do seu traballo. Ademais das celebracións que resultan evidentes (por exemplo, o remate dun proxecto comunitario), debería vostede alentar outras celebracións ao longo do proceso: organizar harambee (termo que provén de Kenya e que significa literalmente «traballando xuntos por un propósito común») para recadar fondos, poñer unha primeira pedra, a entrega dun cheque, o remate dunha fase clave (paredes, tellado, pintura) e outros momentos decisivos. Tódalas celebracións deberían incluir toca-lo tambor, bailar, facer obras ou sketchs, desfiles, concursos de talentos, e outros entretementos ou semi-entretementos. Invite a actuar a grupos culturais locais afeccionados e grupos escolares. Asegúrese de que asiste algún «peixe gordo», para facer discursos de eloxio (pero non para secuestrar politicamente a celebración), e invite á prensa e aos medios de comunicación. Por qué? A celebración engade recoñecemento público, validación e lexitimidade a todo o proceso de desenvolvemento, non só ao proxecto. É un bo momento para concienciar, mellora-la transparencia, e facer do proxecto comunitario unha actividade máis destacada. Planifíqueo e organíceo ben coa executiva. Non o faga todo no seu lugar. Alente, eloxie e aconselle; que eles se fagan cargo. Ver «celebración». Divírtase. ––»«––Finalización do proxecto; Cerimonia e celebración: Se copia algún material deste sitio, por favor mencione ao autor (es) |
Páxina principal |
En acción |