Tweet Traducións:
'العربية / al-ʿarabīyah |
XENEROSIDADE PREXUDICIALpor Phil Bartle, doutorado en investigaciónTraducido por Martina Corral AllerDocumento do debateNós queremos, mesmo necesitamos, axudar a aqueles que son menos afortunados; porén, esa axuda pode resultar prexudicial para elesTemos un desexo que é axudar ás persoas pobres. É algo tan común en tantas culturas que podemos crer que se trata dun universal humano. É un precepto común nas principais relixións e, probablemente, tamén nas minoritarias. Dar esmolas ao pobre fainos sentir tan ben que algúns observadores suxiren que o facemos para satisfacer as nosas propias necesidades, non aquelas dos que reciben. Nun primeiro momento, pode sorprendernos que a Metodoloxía da Potenciación diga que a caridade está mal, que aumenta a pobreza e que prexudica aos que reciben; pero o propósito desta metodoloxía é eliminar a pobreza, non prexudicar ao pobre. Nós axudamos ás persoas necesitadas traballando con elas para acabar coa súa situación de pobreza, para que sexan autosuficientes e fortes. É unha axuda moi diferente á de repartir esmolas. Premiar á xente por facer certas cousas acostúmaas a repetilas. Proporcionar esmolas ao mendigo axúdao para que continúe a ser un mendigo. Conceder subvencións aos funcionarios que poden malversar os cartos, empúxaos a que continúen enriquecéndose a expensas da xente de ámbolos dous países. Facer doazóns dun país a outro, habitúa aos dirixentes do país que recibe a esperar, mesmo pedir, máis. Facilitar latrinas ou un sistema de abastecemento de auga a unha comunidade de baixos ingresos, consegue que os membros da comunidade esperen máis regalos (tampouco lles ensina a manter as instalacións en boas condicións). Pero nós queremos axudarlles e reducir (non aliviar) a pobreza. Como podemos facelo? Axudámoslles a que escollan a Metodoloxía de Potenciación, a que se organicen, se mobilicen, a que loiten e se volvan máis autosuficientes. Esta cuestión trátase en varios apartados desta páxina web: factores de pobreza, o síndrome de dependencia, palabra clave caridade, palabra clave dependencia. Non se trata dunha ideoloxía, senón dun proceso confirmado. Se contribuímos á dependencia, estamos contribuíndo á pobreza. Se contribuímos á pobreza, contribuímos a aumentar a taxa de morbilidade e de mortalidade. A caridade pode matar. ––»«––© Copyright 1967, 1987, 2007: Phil Bartle
––»«–– |
Páxina de inicio |
Reforzar á comunidade |