Páxina principal
 En acción




Traducións:

'العربية / al-ʿarabīyah
Bahasa Indonesia
Català
中文 / Zhōngwén
Deutsch
English
Español
Ewe
Filipino/Tagalog
Français
Galego
Ελληνικά / Elliniká
हिन्दी / hindī
Italiano
日本語 / Nihongo
Kiswahili
नेपाली / Nepālī
Polszczyzna
Português
Română
Русский
ไทย / Thai
Türkçe
اردو / Urdu
Èdè Yorùbá

                                        

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Ligazóns de interese

SUPERVISIÓN

Vixilar cara a onde imos

polo Doutor Phil Bartle,

traducido por Nahir Seijo


Caderno de formación

Un elemento dos proxectos a miúdo pasado por alto; precisamos ver a onde imos se queremos seguir no camiño e acada-los nosos obxectivos.

Anteriormente apuntabamos que supervisar é importante, e que precisa incluirse no deseño do proxecto. Agora que o proxecto está en proceso, necesita vostede asegurarse de que se leve a cabo.

A supervisión é tan importante como a acción que se está a supervisar. Ve-lo documento de formación: «Supervisar».

Recorda a analoxía de montar en bicicleta? Se pedalear é a acción, entón mirar cara a onde vai (supervisar) é igual de importante, se non quere saírse do camiño e caer. Vostede di que a xente que está a traballar agora no proxecto pode ve-lo que está a pasar, pero iso non é suficiente.

O ciclista enteiro está a leva-la bicicleta, non só os seus ollos. Os ollos deben enviar informes ao cerebro, que manda mensaxes de axuste ao resto do corpo. Distintas persoas traballan no proxecto de diversos xeitos en momentos diferentes, pero toda a comunidade (e os doadores) deben sabe-lo que está a pasar en global.

Agora que o proxecto está en proceso, é traballo seu como activista recordarlle á executiva que supervisar forma parte do deseño do proxecto, que é importante, e debe levarse a cabo.

––»«––

Supervisión e avaliación comunitarias:


Supervisión e avaliación comunitarias

Se copia algún material deste sitio, por favor mencione ao autor (es)
e poña un enlace a cec.vcn.bc.ca/cmp/

© Copyright 1967, 1987, 2007: Phil Bartle
Deseño web Lourdes Sada
––»«––
Última actualización: 05.07.2011


 Páxina principal

 En acción