Tweet Traducións:
বাংলা / Baṅla |
ADESTRAMENTO COMO MOBILIZACIÓNpor Phil Bartle, PhDtraducido por Iria Castiñeiras PérezFolleto de adestramentoA metodoloxía da xestión de fortalecemento comunitario inclúe técnicas de desenvolvemento comunitario e adestramento na xestión comunitaria.O noso significado especial de «adestramento»: A palabra «adestramento» asúmese como a mera transferencia de habilidades a aqueles que están a aprender. Estimular, alentar, considéranse aspectos periféricos. No adestramento da xestión comunitaria, o significado va maia alá: a súa intención é reducir a pobreza e construír novas capacidades. Tamén inclúe mobilizar ao grupo para que tome decisións e se organice para aumentar as súas capacidades e forzas.
Os elementos esenciais neste sentido de adestramento inclúen:
Son os dous últimos os que fan que este adestramento sexa especial: adestramento COMO mobilización, non só adestramento SOBRE mobilización. Toma de conciencia: O adestramento úsase como método para aumentar a conciencia pública en certos aspectos, como a igualdade de xénero, o respecto polo medioambiente, a noción revolucionaria de que a pobreza non é só un acto de Deus o do destino, senón que esa situación pode mudar se a xente está disposta a levar a cabo certas accións. A sensibilización no adestramento da xestión comunitaria inclúe facer saber ás comunidades de chegada que non somos unha organización caritativa da que podan depender, e facilitarlles o adestramento que lles permitirá axudarse a si mesmos. Subministrar información: Se a toma de conciencia da como resultado unha mellor comprensión dos problema (por exemplo, que non hai igualdade entre os xéneros o que obstaculiza o desenvolvemento), o adestramento complementa ese resultado informando de que hai solucións aos problemas, sempre que os participantes estean dispostos a levalas a cabo. Transferencia de habilidades: Normalmente, o significado ortodoxo de adestramento só asume a transferencia de habilidades, o que significa que o adestrador ensina certas habilidades ao discípulo. O significado especial de adestramento da xestión comunitaria non a exclúe, pero fai que outros elementos sexan mais explícitos. Aínda que algunhas técnicas son útiles, como a carpintería ou a albanelería, non escasean na maioría das comunidades. O que si é preciso son habilidades referentes a mobilización, planificación, identificación dos recursos, valoración das necesidades e prioridades da comunidade, deseño de proxectos, redacción de propostas, mantemento de rexistros, redacción de informes e contabilidade e outros temas financeiros. A transferencia destas habilidades é un dos puntos clase do adestramento na xestión comunitaria. Estímulo: Estimular á xente para que actúe no seu propio beneficio e non quede simplemente á espera de axuda externa conséguese deixando aos grupos de chegada saber que teñen o dereito (incluso a obrigación) e a habilidade de cambiar as cousas a mellor. Infórmaselles dos seus valores a habilidades dignas de admirar, non se lles critica, e se recoñece os seus logros e son eloxiados por eles. Este estímulo afecta á actitude da xente: están mais dispostos a actuar no seu beneficio e, de forma altruísta, en beneficio de outras comunidades. Canto mais estimulado está un grupo ou comunidade, mais forte é (vexa tamén elementos para fortalecer ás comunidades). E especialmente Mobilización e organización: Un elemento importante para fortalecer á comunidade é que esta se comprometa a actuar. A formación de algunhas estruturas (como presidente, vicepresidente, tesoureiro e secretario) non é unha acción en si mesma, pero esas estruturas poden organizar as accións da comunidade. Mobilización significa movemento: conseguir facer algo. A organización para conseguir facer algo de forma efectiva é importante no adestramento da xestión. Esta metodoloxía abarca técnicas de diferentes fontes: (1) organización de sindicatos e (2) adestramento da executiva de xestión de corporacións de alto nivel. Ambas diríxense non só a transferencia de habilidades individuais, mais tamén a formación e organización do grupo para incrementar as súas capacidades e efectividade (para saber a diferencia entre organización para a toma de decisións e organización para a acción, consulte o módulo organización). Os adestradores non son só estudantes absorbendo habilidades e información: son participantes que xa forman parte da organización ou que esperan ser parte dela despois das sesións de adestramentos, nas que se utilizan técnica como a «treboada de ideas» (Véxase: técnicas para a treboada de ideas) para extraer dos participantes os propósitos e obxectivos do grupo, así como a maneira mais efectiva de organizalo para (1) tomar decisións e (2) emprender accións. O resultado do adestramento non só é discípulos mellor informados e adestrados, tamén participantes organizados (ou reorganizados) e mobilizados para a acción. O adestramento de xestión para a comunidade adaptou todo isto para o fortalecemento da comunidade. Consulte o módulo adestramento na xestión para obter mais explicacións sobre os aspectos da mobilización e a organización no adestramento da xestión. ––»«––© Copyright 1967, 1987, 2007 Phil Bartle
––»«–– |
Páxina de inicio |
Mobilización |