Páxina de inicio
 ARP/APR




Traducións:

'العربية / al-ʿarabīyah
Bahasa Indonesia
বাংলা / Baṅla
Català
中文 / Zhōngwén
Deutsch
English
Español
Filipino/Tagalog
Français
Galego
Ελληνικά / Elliniká
हिन्दी / hindī
Italiano
بهاس ملايو / Bahasa Melayu
Polszczyzna
Português
Română
Telugu
Tiếng Việt

                                        

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Ligazóns de interese

BENEFICIOS DA AVALIACIÓN PARTICIPATIVA

por Doreen Boyd

editado por Phil Bartle, PhD

traducido por Iria Castiñeiras Pérez


Algúns dos beneficios:

Este exercicio ou ben verifica as cousas que se saben de maneira intuitiva sobre a comunidade, ou ben cambia información falsa e a forma en que se perciben certas situacións cando se aplica unha proba empírica ás circunstancias do momento.

Unha avaliación/estudo sobre a comunidade levado a cabo por eles mesmos comeza o proceso participativo e de motivación, vital para a sostenibilidade das actividades. A xente implícase e, a través da análise dos datos, comeza unha toma de conciencia das causas da súa situación, o que facilita a educación para o desenvolvemento e que, ao mesmo tempo, facilita unha comprensión do seu papel como grupo de apoio e presión para poder acadar os cambios necesarios. Axuda a afastar aos membros da comunidade do «individuo» ou subxectivo para achegalos a unha avaliación das «necesidades» na que acaden un enfoque «comunitario» máis amplo e obxectivo.

Este foi, ao menos para min, a gran dificultade en outras metodoloxías para determinar as necesidades, e incluso as vantaxas, dunha comunidade. A tendencia natural da xente é ser subxectiva, no sentido no que xulgan desde o seu punto de vista persoal. Isto non é completamente negativo, pero disfraza os resultados e favorece a decepción cando as necesidades «persoais» non se cumpren, polo que pode acabar no «abandono» da participación.

O informe da avaliación contén un documento que pode usarse a todos os niveis, de forma parecida ao uso que se fai das avaliacións da pobreza, isto é, desenvolver un plan de acción e unha estratexia de erradicación da pobreza específica para as condicións da comunidade con base nos resultados do estudo, para poder argumentar os cambios nas políticas e outras intervencións «ascendentes», de forma que se proporcionen oportunidades aos grupos da comunidade para entrar no «marco» da toma de decisión que terá impacto nas súas visas e, finalmente, expor o obxectivo de desenvolver recursos precisos para as intervencións.

Estas son algunhas ideas baseadas na miña experiencia en diferentes partes do mundo e aplicando diversas técnicas de ARP no proceso.

Normalmente é seguido por un trazado do mapa da comunidade, que en moitas ocasión inicia o proceso de revelar información falsa ou a falta de información sobre temas como os límites, onde se sitúa a infraestrutura estratéxica (como podes ser os aseos, as tuberías ou as tendas). Por suposto isto conduce a «a procura da verdade» e, a partir de aquí, á idea da avaliación da comunidade.

Por certo, nunca me atopei nunha situación na que os membros da comunidade rexeitasen levar a cabo o exercicio ou que non foran capaces de realizalo despois do adestramento.

Outras reflexións:

O máis importante que cabe destacar aos mediadores neste proceso é a necesidade de darse conta e recoñecer que a xente corrente tamén posúe habilidades extraordinarias, incluso se viven en situacións de pobreza. En outras palabras, a pobreza material non significa pobreza de ideas, de soños ou de aspiracións, nin tampouco a incapacidade de trasladar esas ideas a accións, voltar os soños realidade ou facer realidade as aspiracións de cada un.

Deben ter fe na súa vontade e na capacidade da xente, así como no proceso no que están a mediar.

Moitos profesionais seguen sen entender o necesario que é que os membros da comunidade tomen decisións en temas que os afectan, pero o que é máis importante, eles non cren que teñan esa capacidade por información que determinaran como útil, e que compilaron e analizaron eles mesmos.

Todo o aquí dito é, por suposto, un tributo ao traballo dos facilitadores, aínda sendo críticos co proceso APR porque acostuma a verse á «avaliación» como un asunto de especialistas non apto para as «masas analfabetas ou sen educación», que son a miúdo os «estudados» en vez dos investigadores.

Doreen Boyd, PNUD Barbados
––»«––

© Copyright 1967, 1987, 2007 Phil Bartle
Deseño da web por Lourdes Sada
––»«––
Última actualización: 13.02.2012

 Páxina de inicio

 Avaliación participativa