Tweet Traducións:
'العربية / al-ʿarabīyah |
PARTICIPACIÓN NA AVALIACIÓNpor Phil Bartle, PhDtraducido por Iria Castiñeiras PérezMódulo IntroduciónDocumento que conten o módulo ARP/APR
Como estimular á comunidade para que participe na avaliación do pobo ou da veciñanza: un mapa e un inventario das necesidades, recursos, bens e déficitComo coa maioría dos documentos de adestramento deste sitio web, este módulo está dirixido ao traballador de campo, así como aos adestradores, coordinadores, directivos e supervisores. Hai moitos documentos dispoñibles sobre ARP e avaliación participativa en xeral. Esta páxina non pretende duplicar ou aumentar descubrimentos das investigacións, estudios de caso, comunicacións de congresos, debates teóricos ou análises académicas. Aquí resaltamos as habilidades e técnicas precisas, así como os principios, detrás da metodoloxía. Ofrécese unha visión xeral da introdución á metodoloxía da participación comunitaria no núcleo central deste módulo, Avaliación participativa. É recomendable lelo e telo como referencia para saber o papel da avaliación participativa no proceso de fortalecemento comunitario. Os documentos satélite que complementan este módulo son: Mapa e inventario, un folleto dirixido aos membros da comunidade. Facilitar a participación na avaliación, notes para o mediador ou mobilizador comunitario. Defender a metodoloxía, especialmente útil para directivos ou coorganizadores (así como para traballadores de campo), porque cómpre defender o método para contrarrestar as asuncións incorrectas e inexactitudes. Adestrar ao mediador , que inclúe notas para os coordinadores e os adestradores dos traballadores de campo. O módulo céntrase nunha fase do ciclo de mobilización comunitario, e enlaza de maneira lóxica outros documentos e módulos de adestramento. Na fase final, todos os módulos de adestramento do sitio constitúen un paquete integrado que ten como obxectivo fortalecer as comunidades con poucos recursos. Intimamente relacionado con este grupo de documentos hai unha serie de textos sobre temas desta categoría. Estes inclúen: Participación, por Ben Fleming, Compartir a APR, por Kamal Phuyal, e Notas sobre a ARP, por Doreen Boyd. Pode descargarse un manual de adestramento APR do seguinte enlace http://pcs.aed.org ou procurar en www.eldis.org––»«––Preparación dun inventario comunitario:
Módulos complementarios: Análise da comunidade, Análise sociolóxica
Se copia algún material deste sitio, por favor mencione ao(s) autor(es) |
Páxina de inicio |