Páxina de inicio
 ARP/APR




Traducións:

'العربية / al-ʿarabīyah
বাংলা / Baṅla
Català
中文 / Zhōngwén
Deutsch
English
Español
Filipino/Tagalog
Français
Galego
Ελληνικά / Elliniká
हिन्दी / hindī
Italiano
بهاس ملايو / Bahasa Melayu
Polszczyzna
Português
Română
తెలుగు /Telugu
Tiếng Việt

                                        

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Ligazóns de interese

MAPA E INVENTARIO

Participar na avaliación comunitaria

por Phil Bartle, PhD

traducido por Iria Castiñeiras Pérez


Manual para membros da comunidade

Notas para os membros da comunidade que realizan unha avaliación

Mapa e inventario:

Antes de que ti e os teus compañeiros da comunidade podades desenvolvervos da forma que a comunidade quere, é preciso facer un inventario para averiguar os seus recursos e problemas, así como para determinar o que é realmente preciso. Un bo comezo é facer un mapa da comunidade para, a continuación, enlazalo cun inventario comprensible para a comunidade.

É importante que tanto o mapa como o inventario sexan feitos por todos os membros da comunidade, non só por líderes e funcionarios locais, nin só os membros alfabetos, ou só os homes ou as maiorías relixiosas e étnicas: ten que participar todo o mundo.

O teu mobilizador ou mediador comunitario pódete axudar a organizar o camiño pola aldea ou veciñanza para crear o mapa, e cunha reunión comunitaria para facer o inventario. A túa axuda para permitir que o mediador faga deste un esforzo comunitario é moi precisa e demandada.

Que facer?

Que precisas para ter éxito?

Ao realizar o mapa, sé puntual e anima aos membros da comunidade a que vaian. Camiña co resto do grupo. Indica os recursos comunitarios, como latrinas que se usan e están limpas; fontes onde se consigue auga limpa (sen que haxa auga derramada polo chan), escolas secas, limpas, ben iluminadas e ben utilizadas, parques infantís e campos de xogo ordenados e agradábeis, as boas estradas que non teñen puntos negros, mercados limpos e calquera outro recurso que podas identificar. Tamén debes observar aqueles lugares rotos, que precisan dunha reparación, expansión ou substitución, e asegurarte de que queden marcados no mapa.

O teu obxectivo máis importante nesta sesión e asegurar que o mapa é preciso e completo. Por outra parte, a túa contribución necesaria para facer o inventario comunitario é similar á anterior.

Ve á reunión e motiva aos outros membros para que asistan. Coopera co(s) mobilizador(es) ou mediador(es). Fai unha lista con todos os recursos e necesidades. Non contradigas ou discutas con outros membros da comunidade. Asegúrate de que te escoitan e de que se rexistren as contribución, e que pase o mesmo co resto do grupo. Anima especialmente a aqueles que non acostuman a ser escoitados polo motivo que sexa: permite que sexan escoitados.

Voz de toda a comunidade:

Agora é a hora de descubrir que é preciso para a túa comunidade para poder desenvolverse. Non é o momento de insistir no que máis se precisa en canto a individuos; tampouco para tratar o que ti, os teus amigos ou a túa familia e colegas máis necesitades. É a hora do traballo en equipo, sendo o equipo toda a comunidade: todos.

Se podes ler (o que podes facer se está a ler isto), intenta saír da visión que só teñen os membros alfabetizados das necesidades da comunidade. Imaxina como ven a comunidade os que non poden ler e escribir.

Se non podes ler (e alguén está lendo estas páxinas para ti), considera a importancia da alfabetización na comunidade. Non aproveites esta situación para beneficiar a grupos relixiosos, lingüísticos ou étnicos, a grupos familiares ou de clan, nin tampouco aos teus amigos. Emprégaa para o beneficio de toda a comunidade.

O produto desexado da avaliación:

Cando estean rematados o mapa e o inventario da comunidade, cales deben ser os resultados? Que se debería ter producido?

O mapa será completo e preciso, e incluirá todos os recursos, os aspectos negativos e positivos.

O inventario será completo e preciso, e incluirá todas as instalacións, recursos e limitacións (potenciais e actuais), todas as necesidades e oportunidades precisas para o desenvolvemento da comunidade.

Ambos os dous reflectirán a participación completa e as aportación de todos os membros da comunidade, non só dos representantes, faccións e portavoces, senón de todos os membros!

––»«––

Facendo un mapa da comunidade:


Facendo un mapa da comunidade:

© Copyright 1967, 1987, 2007 Phil Bartle
Deseño da web por Lourdes Sada
––»«––
Última actualización: 13.02.2012

 Páxina de inicio

 Avaliación participativa