Páxina principal
 En acción




Traducións:

'العربية / al-ʿarabīyah
Bahasa Indonesia
Català
中文 / Zhōngwén
Deutsch
English
Español
Ewe
Filipino/Tagalog
Français
Galego
Ελληνικά / Elliniká
हिन्दी / hindī
Italiano
日本語 / Nihongo
Kiswahili
नेपाली / Nepālī
Polszczyzna
Português
Română
Русский
ไทย / Thai
Türkçe
اردو / Urdu
Èdè Yorùbá

                                        

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Ligazóns de interese

A COMUNICACIÓN ENTRE A EXECUTIVA E O PÚBLICO

Transparencia proactiva

polo Doutor Phil Bartle,

traducido por Nahir Seijo


Caderno de formación

A acción non debe ter segredos; os membros da comunidade deben sabe-lo que está a pasar

Ao igual que no seu propio traballo como activista ten que ser vostede transparente, facilitador, non ditatorial, e ten que envolver á comunidade na toma de decisións, igualmente debe animar á executiva a que faga o mesmo coa súa comunidade.

Para manter unha boa comunicación entre a comunidade e a súa executiva, estes tres métodos son útiles se se levan a cabo con frecuencia: xuntanzas, informes, e inspeccións.

As xuntanzas públicas da comunidade son o medio máis importante de asegurar un bo fluxo de información entre a executiva e a comunidade en conxunto (as xuntanzas elaboradas poden inclui-las celebracións mencionadas na seguinte sección). Nas xuntanzas, anime e forme á executiva para que tomen un rol «facilitador», como vostede estivo a facer como activista.

Necesitan desenvolve-la capacidade para falar ben en público, evitando discursos, conferencias, sermóns ou declaracións, aprendendo a sacar respostas dos participantes. Ese fluxo bidireccional de información («diálogo» significa «en dúas direccións»), axuda a incrementa-la transparencia e promove o bo goberno, a xestión participativa e a democracia.

Os informes tamén son importantes. Deben estar ben redactados, nunha linguaxe moi sinxela, e deben facerse públicos verbalmente nas xuntanzas comunitarias. Busque as respostas da comunidade.

As inspeccións, nas que os membros da comunidade dan unha volta polo lugar do proxecto coa executiva, tamén fomentan a boa comunicación e a transparencia.

Os pósters e os anuncios públicos poden axudar a que haxa un bo fluxo comunicativo, pero non deben empregare sós. Poden complementar ás xuntanzas públicas, pero non substituílas. Poden centrarse na concienciación, ou en informar dos resultados das actividades do proxecto.

Un estado de contas, que inclúa ingresos e gastos, exposto na clínica ou na escola mentres se está a construír, mellora a transparencia.

É importante que vostede insista, como activista, na promoción do bo goberno, da xestión participativa, da integridade, da transparencia, por medio dunha boa comunicación entre a executiva e a comunidade en conxunto.

O grao no que aprendera vostede métodos de liderazgo facilitador contribúe ao grao no que pode alentar e formar á executiva e aos líderes comunitarios para que tamén os aprendan e empreguen.

––»«––

Xuntanza comunitaria:


Xuntanza comunitaria

Se copia algún material deste sitio, por favor mencione ao autor (es)
e poña un enlace a cec.vcn.bc.ca/cmp/

© Copyright 1967, 1987, 2007: Phil Bartle
Deseño web Lourdes Sada
––»«––
Última actualización: 05.07.2011


 Páxina principal

 En acción