Páxina principal
 En acción




Traducións:

'العربية / al-ʿarabīyah
Bahasa Indonesia
Català
中文 / Zhōngwén
Deutsch
English
Español
Ewe
Filipino/Tagalog
Français
Galego
Ελληνικά / Elliniká
हिन्दी / hindī
Italiano
日本語 / Nihongo
नेपाली / Nepālī
Polszczyzna
Português
Română
Русский
Türkçe
اردو / Urdu
Èdè Yorùbá

                                        

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Ligazóns de interese

NECESIDADES XERADAS POLA COMUNIDADE

Non establecidas por unha axencia

polo Doutor Phil Bartle,

traducido por Nahir Seijo


Caderno de formación

Nada máis comeza-lo proxecto, os membros da executiva son
máis conscientes das novas habilidades que precisan

Mentres o proxecto estea en proceso, a comunidade e a súa executiva daranse conta de que precisan de novas habilidades.

Algunhas delas serán habilidades de tipo artesán ou técnico, como a carpintería, albanelería, cableado eléctrico e demais necesarias para a construción. Outras poden ser financeiras, de planificación ou xestión, como levar contas, recadar fondos, escribir informes, resolver conflitos, habilidade comunicativa, e de supervisión e xestión da actividade.

A formación vai da formal á informal: ensinando nos centros de traballo os expertos aos inexpertos, con formación pagada (como aprendices), a través de talleres que vostede organice, ou enviando aos participantes a un centro de formación público ou privado.

Sempre que sexa posíbel, faga fincapé na formación informal con recursos de dentro da comunidade. Os artesáns máis vellos e cualificados que doan a súa man de obra ao proxecto comunitario amosarán cómo face-lo traballo aos novos que carecen de cualificación.

Cando sexa necesario contratar artesáns, tente contratalos de dentro da comunidade se é posíbel, e inclúa a formación dos membros da comunidade non cualificados (mozos e mozas) coma parte dos acordos da contratación. Asegúrese de que a executiva rexistra e informa de toda a formación informal.

Cando non é posíbel a formación informal, podería vostede propoñer talleres de formación. Debe contar cun presuposto, unha fonte de financiamento, para cubri-los custos da formación.

Se estas necesidades formativas son previstas con anticipación pola executiva, anímeos a que inclúan unha proposición de formación no seu deseño do proxecto comunitario. Ver: Preparar un taller.

Dependendo do seu presuposto, e da política da súa axencia ou programa, poida que conte vostede con recursos para enviar a algunhas persoas a recibir unha formación máis formal ou institucional.

O seu traballo consiste en asegurarse de que a formación sexa aprobada por toda a comunidade, de que a súa temática sexa axeitada e necesaria para o proxecto comunitario, e que non sexa só un xeito de dar un extra a un colega. Asegurarse de que a escolla dos participantes e a da temática é aprobada por toda a comunidade axudará a evitar sospeitas de favoritismos pola súa parte ou a da executiva.

Sexa cal sexa a formación, mentres o proxecto estea en proceso, asegúrese de que a escolla de participantes, temas, ou coñecementos transferidos, son unha necesidade da comunidade, aprobados por toda a comunidade, supervisados e rexistrados, e incluídos nos informes dos progresos.

––»«––

Xuntanza comunitaria; establecendo necesidades:


Xuntanza comunitaria; establecendo necesidades

Se copia algún material deste sitio, por favor mencione ao autor (es)
e poña un enlace a cec.vcn.bc.ca/cmp/

© Copyright 1967, 1987, 2007: Phil Bartle
Deseño web Lourdes Sada
––»«––
Última actualización: 05.07.2011


 Páxina principal

 En acción