Páxina de inicio
 Mobilización




Traducións:

Bahasa Indonesia
বাংলা / Baṅla
Català
中文 / Zhōngwén
English
Español
Filipino/Tagalog
Français
Galego
Ελληνικά / Elliniká
हिन्दी / hindī
Italiano
日本語 / Nihongo
Kiswahili
Polszczyzna
Português
Română
Русский
Tiếng Việt
اردو / Urdu

                                        

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Ligazóns de interese

SER UN ACTIVISTA

por Phil Bartle, PhD

traducido por Iria Castiñeiras Pérez


Folleto de adestramento

Está preparado para ser un animador, mediador, activista ou cooperante?

Autoavaliación:

Avalíe os seus coñecementos e habilidades. Pregúntese:
  • «Estou disposto a dar o meu tempo e interese para axudar a que os membros da comunidade podan resolver os seus propios problemas?»
  • «Podo comportarme de forma que a xente non me vexa como un presuntuoso?»
  • «Pode traballar no asentamento e, ao mesmo tempo, evitar as disputas políticas ou sectarias?»
  • «Podo manter o interese da xente?»
  • «Estou disposto a traballar de forma que a xente poda dicir que o fixeron eles mesmos?»
  • «Teño suficientes coñecementos elementais sobre agricultura, tecnoloxía apropiada, construción, discapacidade, estradas, nutrición, traballo social, preservación do chan, hixiene, auga... como para axudar a que os membros da comunidade analicen os seus propios problemas?»
  • «Estou disposto a non sentirme desmotivado cando as cousas resulten diferentes ao que tiña imaxinado?»
Se posúe estas habilidades, está máis preparado para ter éxito como activista.

O papel do activista:

O papel do activista é mobilizar á comunidade para que aumenta a súa forza e auto confianza.
En concreto, implica:
  • Convocar reunións comunitarias para:
    • informar correctamente a todos os membros sobre todo o relacionado coa autoconfianza da comunidade e;
    • organizar e preparar a provisión de todos os recursos necesarios (humanos e materiais) para emprender accións na comunidade
  • Animar aos membros da comunidade a que participen nas accións de desenvolvemento que desexa a súa propia comunidade.
  • Comprometerse con actividades que promovan o incremento da efectividade da comunidade, así como da súa capacidade, autoconfiaza e fortalecemento.
  • Asegurar que toda a información é precisa está interpretada de forma correcta.
  • Contrarrestar activamente a información incorrecta, sobre todo aquela que poda provocar expectativas pouco realistas que conduzan á decepción e ao desánimo.
  • Alentar e eloxiar aos membros da comunidade para confirmarlles que teñen a habilidade para desenvolverse por eles mesmos.
  • Asegurar que calquera decisión relativa as accións que se levarán a cabo é unha decisión de toda a comunidade, non só duns (poderosos) líderes comunitarios.
  • Asegurar que se escoita aos membros vulnerables da comunidade: mulleres, xoves, discapacitados, minorías étnicas, enfermos e xente sen dereito a voto.
  • Promover e alentar a unidade na comunidade, unidade nos obxectivos e nas intencións. Loitar contra os prexuízos que provocan desunión: intolerancia, racismo, sexismo, favoritismo, casta e clase.
  • Xuntarse de tanto en tanto con outros activistas para compartir experiencias, resolver problemas comúns e mellorar as técnicas de animación social e xestión da comunidade.
  • Axudar na formación de técnicas de xestión comunitaria aos membros e líderes da comunidade.

O activista comunitarioé un animador social, e debe ser un experto en técnicas e fundamentos da animación social, á vez que procura aprender máis sobre como estimular ás comunidades para a súa unificación, tomar as súas propias decisións, planificar actividades, identificar e prover os seus propios recursos para a acción comunitaria, e escoller as estratexias apropiadas no uso dos recursos externos e internos para poder acadar os obxectivos comunitarios comúns. Véxase: Descrición do traballo do activista.

––»«––

Un activista en acción


Un activista en acción


© Copyright 1967, 1987, 2007 Phil Bartle
Deseño da web por Lourdes Sada
––»«––
Última actualización: 25.06.2011


 Páxina de inicio

 Mobilización