Páxina de inicio
 Mobilización




Traducións:

Bahasa Indonesia
বাংলা / Baṅla
Català
English
Español
Filipino/Tagalog
Galego
Ελληνικά / Elliniká
हिन्दी / hindī
Italiano
日本語 / Nihongo
Kiswahili
Polszczyzna
Português
Română
Русский
Tiếng Việt

                                        

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Ligazóns de interese


Contidos:

  1. Inicio
  2. Introdución
  3. Traballar coa comunidade
  4. Facer preguntas
  5. Involucrarse
  6. Dar a coñecer
  7. Apoiar aos membros da comunidade
  8. Enquisas
  9. Grupos de discusión
  10. Contabilidade
  11. Agradecementos
  12. Pé de páxina

Contidos:

  1. Inicio
  2. Introdución
  3. Traballar coa comunidade
  4. Facer preguntas
  5. Involucrarse
  6. Dar a coñecer
  7. Apoiar aos membros da comunidade
  8. Enquisas
  9. Grupos de discusión
  10. Contabilidade
  11. Agradecementos
  12. Pé de páxina

Contidos:

  1. Inicio
  2. Introdución
  3. Traballar coa comunidade
  4. Facer preguntas
  5. Involucrarse
  6. Dar a coñecer
  7. Apoiar aos membros da comunidade
  8. Enquisas
  9. Grupos de discusión
  10. Contabilidade
  11. Agradecementos
  12. Pé de páxina

O MOMENTO OPORTUNO NO DESENVOLVEMENTO COMUNITARIO

e o proceso de seguridade alimentaria

por David Stott

editado por Jac Slik

traducido por Iria Castiñeiras Pérez


Folleto de referencia

Introducindo innovacións sociais e económicas

A. Introdución:

A continuación preséntanse pensamentos referentes a introdución de innovacións sociais e económicas na comunidade, baseados na miña experiencia persoal como activista comunitario durante mais de 30 anos, pero facendo fincapé nos últimos dous ou tres anos. Non pretende ser un manual de instrucións, mais unha contribución persoal sobre o que pode ou non funcionar en outros contextos.

B. Traballar coa comunidade:

Encontrar o momento oportuno para introducir unha innovación pode que sexa mais un arte do que unha ciencia. Como teño comprobado pola miña experiencia persoal, hai veces que non se escolle ben o momento.

O activista comunitario (e a organización que financia o proxecto) pode identificar un tema importante ou preocupante e querer introducir algún cambio na comunidade. Non obstante, se a comunidade non está interesada, probablemente acabe en fracaso ou, no mellor dos casos, en só un éxito parcial.

O erro mais común que teño observado é axencias ou individuos decidindo que se debe facer algo e, como eles saben mais que ninguén (despois de todo, eles teñen salarios), intentan levalo a cabo. Isto se entende desde un punto de vista financeiro, pois se non logran certos obxectivos poden chegar a perder o financiamento. Sen embargo, de esta forma se exclúe a participación comunitaria e, como resultado, a iniciativa do activista non chegará a ningunha parte.

C. Preguntar para coñecer á comunidade:

Como pode o activista cumplir coas necesidades e preocupacións da comunidade? Un mobilizador astuto primeiro farase preguntas como:

  1. É esta unha idea para á que xa chegou á hora ou é tan só unha idea que o activista pensa que debe ser aceptada?
  2. Apareceu nos medios de comunicación ou nas conversacións da rúa algunha pregunta sobre este tema?
  3. Falamos tan só doutro problema local? Nese caso, cal é a mellor forma de presentalo?
  4. Séntese a xente impotente ante o problema ou está preparada para afrontalo tanto na súa vida privada como pública?
  5. Quen expresa interese en facer algo ao respecto e quen nega, ignora, se queixa e mostra non estar preparada para afrontalo?
  6. Quen está considerado axitador, activista local e creador de opinión? Como se lles pode incluír no proceso?
  7. É preciso concienciar e sensibilizar ao público se queremos que estean preparados para actuar?

D. Involucrarse na comunidade:

Non podo facer o énfase suficiente na importancia que supón para o activista comunitario ter unha boa comprensión, apreciación e respecto pola comunidade na que traballa.

Se non coñece á comunidade coa que vai traballar, faga o necesario para conseguilo. Únase a grupos locais, asista a reunións con xente coa que pode que traballe ou cuxas opinións son importantes para o proceso do proxecto.

Se forma parte da comunidade pero só coñece parte dela, trate de involucrarse con outras partes da mesma ou traballe con persoas que formen parte deses sectores.

Se non fala a lingua, sexa a que sexa (e existen tantas formas de falar como comunidades), apréndaa e úsea cando fale e escriba.

Si, require tempo e esforzo, pero se non o fai, non conseguirá o respecto e cooperación da xente.

E. Dar a coñecer o asunto a tratar:

O seu traballo debe ser introducir ou apoiar o asunto de forma que a persoa poda entendelo e involucrarse con el.

Por exemplo, con algunhas iniciativas nas que participei, o comité de traballo foi capaz de dar a coñecer o tema e, ao mesmo tempo, aumentar a credibilidade e o interese en dúas áreas diferentes: vivenda e alimentación. Conseguiuse facendo unha Feira da Vivenda Accesible nun centro comercial no ano 1997 e, despois, tendo un Festival de Cultivos Familiares con paneis, información e un mercado agrícola piloto no outono de 2006.

F. Apoiar aos membros da comunidade que traballan no tema:

Debe apoiar á comunidade no tema a tratar, sexa cal sexa a maneira na que teñan decidido tratalo, sempre que sexa legal e teña oportunidades de resultar frutífera.

O seu traballo non consiste en ser o experto ou a autoridade, senón en ofrecer suxestións, ideas e prestar apoio onde sexa preciso de forma que a xente poda aceptalo ou rexeitalo facilmente.

Non sexa vítima das súas propias expectativas ou obxectivos.

G. Empregar enquisas e grupos de discusion para identificar os temas
e fortalecer aos membros da comunidade:

Unha das técnicas mais comúns empregadas para recompilar información é facer unha enquisa para determinar o interese do público no tema. Outra técnica é mediante a formación de grupos de discusión.

Non obstante, ambas son útiles e teñen o seu lugar. Estas técnicas resultarán mais efectivas se se realizan de forma que fortaleza á xente e non sexan tratados como meras fontes de información,

o que significa non esperar que as persoas dean a súa opinión, mais tamén preguntándolles se teñen interese en formar parte de algunhas das seuxestións que expresaron e invitándolles a ser colaboradores e beneficiarios da iniciativa.

1. Enquisas:

Por exemplo, nunha enquisa que fixemos con xente do noso Banco Alimentario en 2006, non só lles preguntamos por temas, necesidades ou preocupacións relacionadas coa comida, senón que tamén fixemos que contribuíran coas súas propias receitas ou fontes de comida. Ademais, a enquisa só debe conter información relevante e estar redactada de forma concisa, empregando unha linguaxe apropiada ao público de destino.

Por último, esta técnica debe indicarlle, a través das opinións expresadas, quen son os posibles participantes e cal é o momento potencial para comezar coa iniciativa.

Non obstante, resulta difícil determinar a preparación da xente para emprender accións a través dunha enquisa. Hai moitos motivos polos que alguén pode dicir que está a favor de algo, pero decidir non actuar (por exemplo, querer dicir o correcto, non ter tempo ou interese no apoio activo, non sentirse motivado para facer nada ao respecto).

2. Grupos de discusión:

Pode ser mais fácil determinar os anteditos problemas mediante grupos de discusión.

Así e todo, un perigo é que, as veces, estes grupos poden empregarse de forma errónea, pedindo á xente que participe, pero non deixar que se involucren mais tarde no proceso. Persoalmente creo que se trata dunha perda de bos recursos e de potencial comunitario. A xente debería ser invitada sempre que fora posible no proceso, incluíndo a toma de decisións.

Por exemplo, a nosa iniciativa actual sobre alimentos sostibles para ás comunidades occidentais convidará a diferentes participantes da cadea alimentaria (granxeiros, xardineiros, mercadeiros, consumidores e oficiais municipais) para que se reúnan para considerar o que cada sector pode facer para aumentar a produción,venda e consumo de comida local. Cada un deles terá que considerar que precisa facer o seu sector para acadar isto e que apoio necesitará dos outros sectores. Despois, xuntos, estes grupos reuniranse, traballarán nun plan de acción, fixarán obxectivos realistas e traballarán para implantalos.

Se consigue unha boa resposta, en termos de números de persoas ofrecéndose para reunirse e discutir sobre un tema, saberá que ten identificado un problema real.

Un axente do desenvolvemento sensato preguntarase quen é esa xente, a que segmentos da poboación representan e cal é a mellor forma de involucralos no proceso. Se esta é unha iniciativa comunitaria de amplo espectro, traballará para conseguir unir aos segmentos da poboación. Se os grupos ou individuos non queren traballar xuntos, pode asumir o papel de ponte de información entre eles.

Non obstante, nunha iniciativa deste tipo, é intelixente involucrar no proceso a tantos sectores como sexa posible. Na miña propia experiencia, hai xente que fala e xente que actúa, xente con ideas e xente de acción. Involúcreos de forma que se complementen entre eles.

Aviso: non intente unir a toda á comunidade para tratar un problema ou un tema xusto ao principio. Se trata cun asunto delicado ou se o espectro de ideas, preocupacións e opinións e demasiado amplo, pode que non chegue a ningún acordo sobre os problemas ou as súas posibles solucións. Como resultado, nas seguintes reunión haberá menos participantes. No seu lugar, comezará cun pequeno grupo e pouco a pouco aumentará o número de individuos e grupos involucrados a medida que se identifiquen os problemas e se desenvolva o plan de acción.

H. Render contas ás institucións financeiras:

Como activista comunitario, como pode reconciliar a ambigua «resposta para os intereses comunitarios» coa necesidade de «render contas» ou cumprir coas expectativas fixadas polas institucións financeiras?

Descubrín que, de feito, é preciso fixar obxectivos (por exemplo, obxectivo 1: x número de persoas participando na actividade; obxectivo 2: a iniciativa Y acadando Z cantidade de apoio ou resposta para un día concreto). Isto debe acadarse coa condición de que se invite á comunidade a tomar parte na elección de metas e, se decidiran non facelo, non levar a cabo esa parte do programa.

Por exemplo, nun proxecto recente puiden recibir financiamento para ata seis iniciativas nas que a xente mostraba interese nas enquisas. Ao final, puidemos completar con éxito tres delas. A institución estivo contenta cos resultados e, mais tarde, financiou as nosas propostas para continuar na mesma área.

I. Agradecementos:

Resumindo, isto é todo. Espero que o ensaio teña sido de axuda e calquera comentario e suxestión será benvida. Agradezo a todos aqueles que me axudaron no desenvolvemento ou na implantación que teño descrito. En particular, quería agradecer ao Dr. Phil Bartle, a John Mitchell e a Bernice Levitz Packford, pero sobre todo, a miña inmensa gratitude é para as marabillosas persoas coas que tiven o pracer de traballar nas comunidades occidentais durante os dous últimos anos.

Nota de Phil:

O lector atento terá observado que hai unha diferencia entre o que suxire David sobre que non é necesario ter a toda a comunidade de acordo e o núcleo principal deste sitio web no que dicimos que a organización da unidade é un elemento fundamental no ciclo de mobilización. A diferencia encóntrase no contexto. Cada comunidade é diferente e o mobilizador debe adaptar o ciclo a cada unha delas. O material principal foi escrito no inicio para comunidades con poucos ingresos de África. O traballo de David está baseado en comunidades suburbanas dos arrabaldes de Victoria, no oeste de Canadá, e son relativamente mais complexas e teñen unha renda per capita mais alta. No noso adestramento da xestión, dicimos que «non tes que estar enfermo para poder estar mellor». David parafrasea isto dicindo «non tes que ser pobre ou débil para poder ser mais forte e confiado».

––»«––

© Copyright 1967, 1987, 2007 Phil Bartle
Deseño da web por Lourdes Sada
––»«––
Última actualización: 13.07.2011


 Páxina de inicio

 Mobilización