Páxina principal
 A organización




Traducións:

'العربية / al-ʿarabīyah
Bahasa Indonesia
Български език
Català
中文 / Zhōngwén
Deutsch
English
Español
Ewe
Filipino/Tagalog
Français
Galego
Ελληνικά / Elliniká
हिन्दी / hindī
Italiano
日本語 / Nihongo
한국어 / Hangugeo
بهاس ملايو / Bahasa Melayu
Polszczyzna
Português
Română
Русский
తెలుగు /Telugu
ไทย / Thai
Tiếng Việt
Türkçe
اردو / Urdu

                                        

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Ligazóns de interese

CREACIÓN DA EXECUTIVA (CIC)

Organiza-lo Comité de Implementación Comunitaria

polo Doutor Phil Bartle,

traducido por Nahir Seijo


Caderno de formación

Cómo organizar unha comunidade para unha acción efectiva

Organiza-la comunidade para un proxecto de autoaxuda require crear un comité executivo comunitario. A elección dos seus membros debe facela a comunidade, e os membros da mesma deben aprender a escoller a coñecidos de confianza, e a responsabilizarse desas escollas. O seu traballo é facilitarlle-las súas eleccións, non levalas a cabo.

O comité executivo debe ser escollido por toda a comunidade, non só por unha ou varias faccións (por iso segue a ser importante a organización da unidade; ver Organización da unidade). A executiva debe ser parte da comunidade, e responsábel ante a mesma.

Vostede, como activista, debe deixar claro este punto aos membros da comunidade, empregando calquera habilidade comunicativa de que dispoña. É aconsellábel que o repita de distintos xeitos, e a distintos grupos en diversas circunstancias.

Tamén nesta fase terá que romper coas presuposicións. A escolla de tesoureiro, por exemplo, pode estar chea de presuposicións. Moita xente, especialmente en comunidades rurais cun alto analfabetismo, pode asumir que deben escoller de tesoureiro ao membro máis culto da comunidade.

Poida que sexa un maestro. A nosa experiencia dinos que o mestre é dunha zona remota, ten un salario baixo, carece de raizame ou lealdade cara á comunidade, e fuxe cos recursos comunitarios que lle confiaron.

Por qué ten que ser o tesoureiro unha persoa culta? Iso é unha asunción. Para contar non se precisa ler ou escribir. Se se escolle a unha anciá, unha avoa, fortemente enraizada na comunidade e fiábel, ela pode se-la tesoureira, aínda que sexa analfabeta.

Como vai precisa-la axuda de veciños e familiares escolarizados para leva-los libros, é máis probábel que as contas sexan transparentes, xa que cada gasto é explicado e discutido. Ser tesoureiro implica facerse responsábel dos cartos; non ten por qué significar encargarse materialmente da contabilidade.

O seu traballo consiste en axudar a que a executiva sexa creada por toda a comunidade (ver «A formación como organización»). A creación da executiva debería ser un proceso transparente e democrático (ver ámbalas dúas palabras clave: transparente e democrático).

O proceso debe ser culturalmente axeitado e aceptábel para os membros da comunidade (esa é a razón, explicada no primeiro módulo, pola que debe vostede aprender todo o posíbel acerca das características da comunidade).

––»«––

Reunión comunitaria; establecendo prioridades


Taller de traballo

Se copia algún material deste sitio, por favor mencione ao autor (es)
e poña un enlace a cec.vcn.bc.ca/cmp/

© Copyright 1967, 1987, 2007: Phil Bartle
Deseño web Lourdes Sada
––»«––
Última actualización: 06.07.2011


 Páxina principal

 A organización