Tweet Traducións:
'العربية / al-ʿarabīyah |
ORGANIZA-LA COMUNIDADEPreparala para a acciónpolo Doutor Phil Bartle,traducido por Nahir SeijoIntrodución ao módulo (comezo)Documentos incluídos neste módulo A organización:
Cómo organizar unha comunidade para a acción efectivaMoitos educadores e formadores saben que aprender na aula, atender ás clases ou presentacións, ler libros de texto, son xeitos moito menos efectivos que deixar que os alumnos aprendan facendo. Vostede quere que a executiva da organización comunitaria se fortaleza por medio dunha organización efectiva e unha formación nos coñecementos necesarios. Este módulo móstralle cómo combinar acción e formación. Con toda a comunidade, organice unha executiva (ver Organizar a través da formación). Pode ter distintos nomes, como por exemplo Executiva da OBC, CIC (Comité de Implementación Comunitaria), Comité de Proxecto, ou Comité de Desenvolvemento. Despois, con esta executiva, faga unha avaliación participativa detallada das condicións (incluíndo problemas e recursos) da comunidade. Empregando as técnicas do brainstorming , amose ao comité cómo preparar un plan de acción. Logo guíe á executiva cando presenten os seus achados a toda a comunidade. Despois, empregando de novo as técnicas do brainstorming, a comunidade modifica (se é necesario) e aproba o plan de acción. Explíquelles tamén o asunto dos recursos externos (a habilidade de redactar propostas), advertíndoos do perigo do síndrome de dependencia. Fórmeos tamén na importancia da supervisión , e que eles decidan como debe facerse. Finalmente, axúdeos coa organización para a acción; a súa acción. ––»«––Xuntanza comunitaria; planificando un proxecto Se copia algún material deste sitio, por favor mencione ao autor(es) |
Páxina principal |