Tweet Traducións:
'العربية / al-ʿarabīyah |
UNIFICARUnir a toda a comunidadepolo Doutor Phil Bartletraducido por Nahir SeijoCaderno de formaciónO «normal» é que nunha comunidade haxa escisións sociaisAntes amosámoslle que debía asegurarse de que as mulleres asistisen ás xuntanzas comunitarias que convoque (coa excepción das comuniades conservadoras islámicas) O mesmo cos diminuídos, os novos, os vellos, os pobres, os que carecen de dereito ao voto, os marxinados, os tímidos e os xubilados. Isto forma parte da estratexia para unifica-la comunidade. Ver Unificar. Tódalas comunidades contan con forzas que as dividen. Poden estar baseadas nas diferenzas entre clans, grupos étnicos, relixións, clases, xénero, idade, educación, capacidade física e mental, oficio, ingresos, riqueza, acceso ás terras (propietarios, arrendatarios, ocupantes ilegais, e outros) e demais características que dividen á xente. Ver escisión social. É importante que, como activista, o consideren neutral (coma un mediador), e non aliado ou faborábel a algunha facción. Isto significa que debe coñece-la comunidade moi ben. Se pasa moito tempo con uns, os outros poden percibir que é vostede parcial. Non tema referirse en público ás diferenzas e faccións que hai na comunidade, pero indique deseguido que non está aliado con ningunha delas. Recorde tamén que non busca homoxeneiza-la comunidade, pero que estea unificada implica que tódalas faccións son leais á comunidade en conxunto e, nunha atmosfera de tolerancia, todo o mundo entende e respecta aos demais, independentemente da relixión, clase, clan, xénero, habilidade, riqueza, etnia, lingua, ou idade. A unidade da comunidade é una condición necesaria para identifica-lo seu maior problema e o obxectivo prioritario. ––»«––Contribución comunitaria: © Copyright 1967, 1987, 2007: Phil Bartle
––»«–– |
Páxina principal |
O comezo |