Tweet Traducións:
'العربية / al-ʿarabīyah |
COÑEZA A SÚA COMUNIDADE DE DESTINOQuén se beneficia das súas accións?polo Doutor Phil Bartletraducido por Nahir SeijoCaderno de formaciónSer un analista e investigador social; un bo oleiro debe coñece-las características da arxilaOutro dito que usamos no desenvolvemento comunitario é: «O oleiro debe coñece-la súa arxila». A súa arxila é a comunidade. Vostede quere moldeala, convertela en algo forte. Para facelo, debe saber moitas cousas sobre a comunidade (e sobre a natureza das comunidades en xeral). Debe coñecer todo o que sexa posíbel sobre a súa organización social, economía, idiomas, trazado (mapa), problemas, política, e ecoloxía. A súa investigación non debería reducirse a unha lista de feitos non relacionados; precisa analizalos para entende-la natureza da comunidade como sistema social (ver Qué é comunidade? e investigación social). Pense na relación entre os distintos elementos. Un bo comezo é facer un mapa. Ónde vive a xente? Qué instalacións hai na comunidade? (por exemplo: estradas, camiños, suministro de auga, clínica, escola, sanidade, mercado e outras instalacións e servicios comunitarios). Máis tarde, cando dirixa aos membros da comunidade cara a unha evaluación da situación da comunidade (recursos, necesidades, oportunidades, problemas), guiaraos na construcción dun mapa comunitario. Facer un agora para vostede axudarao para esa posterior actividade en equipo. Tome notas no seu diario. Faga observacións sobre: a organización social, a economía, o(s) idioma(s), a política, os valores compartidos, as tradicións, e a relación da comunidade co medio natural (ecoloxía). Continúe analizando cómo se relacionan entre sí os distintos elementos. ––»«––© Copyright 1967, 1987, 2007: Phil Bartle
––»«–– |
Páxina principal |
A preparación |