Páxina de inicio
 ARP/APR




Traducións:

'العربية / al-ʿarabīyah
Bahasa Indonesia
বাংলা / Baṅla
Català
中文 / Zhōngwén
Deutsch
English
Español
Filipino/Tagalog
Français
Galego
Ελληνικά / Elliniká
हिन्दी / hindī
Italiano
بهاس ملايو / Bahasa Melayu
Polszczyzna
Português
Română
Telugu
Tiếng Việt

                                        

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Ligazóns de interese



A PARTICIPACIÓN É A CHAVE DO FORTALECEMENTO

por Ben Fleming

editado por Phil Bartle, PhD

traducido por Iria Castiñeiras Pérez


A participación non sempre leva ao fortalecemento. É preciso un ambiente favorable no que se nutra as aspiracións e habilidades da xente para poder acadar o fortalecemento final. Algúns métodos para acadalo son:

  • Non subestime á xente. Proporciónelles ferramentas para afrontar a complexidade: non os protexa.
  • Divida calquera problema en partes asumibles
  • Comece coas propias preocupacións da xente e cos temas que lles parezan relevantes.
  • Non impoña as súas ideas e solucións dende o principio.
  • Axude á xente a ampliar a súa percepción das opcións dispoñibles e a aclarar as implicación que cada unha delas ten.
  • Constrúa sobre claros éxitos precedentes para desenvolver a confianza dos participantes.
  • Mida os coñecementos, a confianza e o compromiso co proceso: ofreza unha gama progresiva de niveis de implicación e axúdeos a acadala.
  • Pode que non se aprecie o adestramento para o fortalecemento se se realiza dunha maneira directa: quizás sexa mellor desenvolver habilidades de forma orgánica como parte do proceso.
  • Sempre que sexa posible, evite unha solución global irreversible. Implante un proceso interactivo de aprendizaxe, con experiencias e proxectos pequenos, rápidos e reversibles.
  • Revise e amplíe de forma continua aos membros. Ao descubrirmos novos intereses nos grupos, como poderemos integralos no proceso?
  • Axude á xente a entender os procesos de toma de decisións complexos e que resultan remotos, que quedan fóra dos poderes delegados no proceso participativo, mais que afectan ao seu resultado.
  • Fomente novas relacións e alianzas.
  • Os plans deben ter significado e levar a algunha acción.
  • Manexe a relación entre as habilidades privadas de certos grupos de interese para acadar os seus compromisos, e a responsabilidade pública e controis públicos para a súa implantación.
  • Ofreza oportunidades para a reflexión e a avaliación.
  • Asegúrese de que a xente se divirta! (extracto da «Guía para unha participación efectiva» de David Wilcox).

Dez ideas chave sobre a participación

1. Nivel de participación

Sherry Arnstein (1969) describiu a escada para a participación en oito pasos. Brevemente, estes serían: 1) Manipulación e 2) Terapia. Non participativas. O obxectivo e curar ou educar aos participantes. O plan proposto resulta mellor e o traballo participativo consiste en lograr o apoio público mediante as relacións públicas. 3) Informar. Un primeiro paso de gran importancia para lexitimar a participación, aínda que a miúdo a énfase siga unha única dirección no fluxo de información, sen posibilidade de resposta. 4) Consulta. Sondaxes sobre a actitude, reunións de veciños e enquisas públicas, aínda que só sexa un ritual de aparencias. 5) Pacificación. Elección estudada de «personalidades» nos comités. 6) Asociación. Redistribución do poder a través de negociacións entre cidadáns e dirixentes, para poder planificar e tomar decisións de forma compartida. 7) Poder delegado. Os cidadáns ocupan de forma clara unha maioría de asentos nos comités con poderes delegados para tomar decisións. O público ten agora o poder para asegurar a súa responsabilidade no programa. 8) Control cidadán. Os desfavorecidos posúen todo o traballo de planificación, creación de políticas e control do programa.

2. Iniciación e proceso

A participación non ocorre de súpeto: debe ser iniciada. Alguén dirixe un proceso durante un período de tempo e permite que outros teñan certo control no que está a pasar. O proceso pode ser descrito en catro fases: iniciación - preparación - participación - continuación.

3. Control

O iniciador está nunha boa situación para decidir canto se debe controlar. Esta decisión equivale a unha toma de posición na escada ou a recapacitar sobre o lugar no que se está no nivel de participación.

4. Poder e obxectivo

Para comprender a participación é preciso comprender o poder: a capacidade dos diferentes intereses de conseguir o que queren. O poder dependerá de quen ten a información e o diñeiro. Tamén se verá afectada pola confianza e as habilidades da xente. Moitas organizacións non están dispostas a permitir que a xente participe porque temen perder o control. Sen embargo, hai moitas situación onde o traballo conxunto permite que todos acaden máis do que poderían de forma individual. Este é un dos beneficios da participación.

5. O papel dos mediadores

Os mediadores controlan moito do que ocorre. É importante que recapaciten sempre sobre o seu papel.

6. Participantes e comunidade

Un participante é a persoa que ten algún interese no que pasa. Quen se verá afectado por algún proxecto? Quen controla a información, as habilidades e os cartos precisos? Quen pode axudar e quen pode molestar? No todos os afectados teñen a mesma voz. Emprega a escala para pensar quen ten máis influencias.

A comunidade que participa depende do proxecto, pois diferentes persoas terán diferentes intereses.

7. Asociación

É útil no momento en que diferentes intereses únense de maneira formal ou informal para conseguir un obxectivo común. Os participantes non teñen por que ter as mesmas habilidades, coñecementos ou mesmo confianza, pero deben confiar uns nos outros y compartir un compromiso. Construír confianza e compromiso precisa de tempo.

8. Compromiso

O compromiso é a outra cara da apatía: a xente comprometida quere acadar algo, mais non a apática. Pero, que conduce ao compromiso? Sen dúbida non se consegue dicindo «debes preocuparte», invitándolles a reunións públicas ou bombardeándolles con folletos brillantes. A xente preocupase polo que lle interesa e comprométese cando senten que logran algo. Os métodos agresivos non funcionan. Se a xente se sinte apática ante as súas propostas, pode significar que non comparten os seus intereses e preocupacións.

9. Propiedade das ideas

É máis probable que a xente se comprometa nunha acción se participan na idea, se poden dicir «nós pensamos niso». Na práctica, isto se leva a cabo mediante talleres de treboadas de ideas, axudando a xente a pensar na viabilidade das ideas, e negociando cos outros un resultado favorable para a maioría dos implicados. A apatía é directamente proporcional á participación das persoas nas ideas e os resultados.

10. Confianza e capacidade

Levar as ideas á práctica depende da confianza e das habilidades das persoas. Moitos procesos de participación implican abrir novos horizontes. Non é realista esperar que individuos ou grupos pequenos saiban de pronto desenvolver a capacidade para tomar decisións complexas e involucrarse en proxectos maiores. Precisan de adestramento ou da oportunidade de aprender de maneira formal e informal, de desenvolver a súa confianza e de confiar os uns nos outros.

Extracto de «Guía para unha participación efectiva» de David Wilcox: http://www.asociacións.org.uk/guide/index.htm

Voltar a Avaliación da participación e estudo documento de adestramento para mobilizadores. Véxase tamén Acadar a propiedade da comunidade


© Copyright 1967, 1987, 2007 Phil Bartle
Deseño da web por Lourdes Sada
––»«––
Última actualización: 13.02.2012

 Páxina de inicio

 Avaliación participativa