Páxina de inicio
 ARP/APR




Traducións:

'العربية / al-ʿarabīyah
বাংলা / Baṅla
Català
Deutsch
English
Español
Filipino/Tagalog
Français
Galego
Ελληνικά / Elliniká
हिन्दी / hindī
Italiano
بهاس ملايو / Bahasa Melayu
Polszczyzna
Português
Română
తెలుగు /Telugu
Tiếng Việt

                                        

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Ligazóns de interese

AVALIACIÓN E ESTUDO PARTICIPATIVOS

Guiar e estimular á comunidade para o seu benestar

por Phil Bartle, PhD

traducido por Iria Castiñeiras Pérez


Documento principal do módulo

Como fomentar a participación dos membros na cualificación, valoración e avaliación dunha comunidade.

Avaliación participativa:

Unha responsabilidade fundamental que tes como mobilizador comunitario é asegurar que os membros da comunidade avalían e valoran de forma obxectiva a súa comunidade, catalogando os problemas e avaliando as diferenzas nas prioridades comunitarias para poder solucionalos.

Sen unha avaliación colectiva e obxectiva, cada membro da comunidade terá diferentes ideas sobre que é máis ou menos importante, polo que seguirán mantendo moitos mitos e asuncións inexactas que contribuirán á discordia, e dificultará o proceso de realizar accións transparentes e efectivas que melloren a súa confianza e reduzan a pobreza. Para ti como mobilizar, isto significa a necesidade de aprender técnicas para fomentar e estimular a participación, así como o adestramento de membros da comunidade para que comprendan os principios e aprendan as capacidades da avaliación, valoración e cualificación participativa.

Cando chegue a unha fase máis avanzada do ciclo de mobilización, o deseño do proxecto comunitario, debes determinar cal é o problema prioritario que se ten que resolver. Debe haber acordo e consenso entre os membros da comunidade sobre que ese é o problema de maior prioridade. Sen unha organización para a unidade e unha avaliación comunitaria obxectiva, non haberá un acordo sobre que tarefa emprender primeiro. Sen a participación da comunidade na avaliación, diferentes faccións escollerán diferentes prioridades.

Os problemas que ven os membros instruídos da comunidade son diferentes dos que observan os non instruídos, do mesmo modo que hai diferenzas entre os de homes e mulleres, ou terratenentes e arrendatarios.

A xente de diferentes grupos de idade, étnicos, lingüísticos ou relixiosos non estarán de acordo de forma automática nos problemas prioritarios, xa que ven o universo desde perspectivas diferentes e os seus sistemas de valores son distintos.

Elaboración dun mapa:

Unha boa forma de comezar o proceso de avaliación da comunidade é cunha sesión de elaboración dun mapa .

Marque unha mañá ou unha tarde para preparar o mapa e pide que asistan todos os membros que podan. Cando estea todo o mundo, camiñade pola aldea ou veciñanza. Non andedes só polo perímetro da zona: atravesada tantas vías como sexa necesario para que todos podan ver o que é que hai entre elas. A medida que camiñades, observade as cousas, discutilas e marcádeas no mapa.

Como mobilizador, deberás facer que a conversación continúe cando non surxe de modo espontáneo. A elaboración do mapa, como proceso en grupo que inclúe debates e a elección de que se debe marcar, é tan importante, senón máis, como o propio mapa.

No mapa inclúe os principais edificios, estradas e instalacións (latrinas, puntos de auga, zonas de xogo, santuarios, vertedoiros). Escribe observación sobre as instalación que están en mal estado, rotas ou que non funcionan. Asegúrate de discutir cada unha delas a medida que as marques no mapa, pois axudará a limitar as contradicións e as oposicións que podan surxir na avaliación: contribúe á «transparencia» do proceso.

Ao final do paseo pola aldea o veciñanza, todos os participantes deben reunirse (por exemplo, na escola) para debater sobre a camiñata e finalizar o mapa. Esta reunión informativa é moi importante, porque apoia á transparencia que desexas transmitir, e que comezou ao discutires cada problema a medida que se ía colocando no mapa.

Despois, o mapa pode ser utilizado na seguinte fase da avaliación: elaborar un inventario da aldea ou veciñanza.

Inventario da comunidade:

O día que se faga o mapa, ou tan pronto como sexa posible despois diso, é momento de comezar co inventario da comunidade. É importante que se leve a cabo de maneira participativa, que os membros da comunidade podan participar na súa elaboración. Como mobilizador, non fagas o inventario por eles, pois dese xeito non cumpre co seu propósito. Sería útil que, no teu papel como mobilizador ou adestrador, renovases os principios e técnicas empregados na treboada de ideas.

Non toleres o comportamento ou lingauxe groseiro, apunta todas as contribucións e, despois, selecciona e clasifica cada unha delas nun exercicio en grupo. Asegúrate que se conceda a palabra por medio do método de mans alzadas (non te centres nos mesmos individuos), permita as contribucións aparentemente contraditorias (escribe cada suxestión), e repite ao final que se trata dun produto de grupo, que non está feito por só algúns individuos ou faccións.

Sé consciente que os diferentes grupos e faccións da comunidade terán preocupacións diferentes. Por exemplo, o director pode ver como prioritaria a necesidade dunha escola; os homes poden considerar o acceso a fertilizantes o máis importante, mentres que as mulleres reclaman a dispoñibilidade de un punto de auga potable; o imán local pode ver como necesidade principal unha nova mesquita; e o resto de faccións ou individuos observarán outras cousas como prioritarias. Un proceso de grupo, no que se involucren o maior número posible de membros, é máis transparente e acadará unha avaliación máis precisa das necesidades da comunidade.

Para fomentar a obxectividade, suxire que o inventario da comunidade inclúa os aspectos positivos e negativos. Se hai latrinas limpas e que funcionan correctamente tamén deben ser incluídas, non só aquelas que están en mal estado. Fai referencias ao mapa. Colócao na parede. Pregunta que vantaxes e desvantaxes observaron durante a elaboración do mapa.

Por que este nome?

Podes observar o emprego do acrónimo PRA, ou en ocasión ARP (PAR), como referencia a este método participativo no que se avalían os recursos e problemas da comunidade, pero existen varias interpretacións e definicións.

Houbo unha vez un método chamado ARR, Avaliación Rural Rápida. En esencia, usábase cando unha organización humanitaria chamaba a un especialista estranxeiro que, cobrando un gran soldo, chegaba e quedábase durante uns días no hotel de cinco estrelas máis preto, e que logo escribía unha avaliación das necesidades que a organización puidera usar. Como moito, o especialista consultaba a algúns dos líderes da comunidade antes de facer o seu informe.

Como contrapunto deste enfoque «de arriba a abaixo», fíxose claro (especialmente para os traballadores comunitarios) que unha avaliación deste tipo sería máis acertada se fose máis participativa e menos rápida.

É máis, os sociólogos percatáronse de que se os membros da comunidade participaban na toma de decisións desde o principio, había máis probabilidades de que se fixeran responsables do proxecto e de que contribuíran ao seu mantemento e a soster as instalacións. Cando toda a comunidade está involucrada, o proxecto é máis válido que cando só se consulta a algúns representantes ou líderes.

Acuñouse un novo termo. APR. Este acrónimo era máis lóxico coas letras que representaba: Avaliación Participativa Rural. Pero a característica común aos dos (APR y ARP) é que trátanse de procesos participativos.

O que resulta esencial é que o proceso de avaliación debe ser participativo e que debe envolver a todos os membros da comunidade, non só a algunhas faccións, para que a valoración das necesidades e dos potencias reflicta a toda a comunidade.

Información para quen?

Podes escoitar, sobre todo por parte de xerentes de proxecto sen orientación na comunidade (por exemplo, enxeñeiros ou planificadores) que a avaliación comunitaria é innecesaria. «Xa temos un estudo base sobre o sector social, por que teríamos que duplicalo cun inventario da aldea?». Pode que te chamen para defender esta parte do teu traballo, sobre todo se formas parte de un proxecto de un sector específico (como o subministro de auga). Os directores teñen presa por obter resultados físicos (construír o punto de auga) e as avaliacións participativas requiren tempo.

A información recollida no mapa e no inventario pode ou non duplicar a información xa existente de outras fontes. É unha asunción errada que a información sexa primariamente para o proxecto ou a axencia para facer plans. O obxectivo do proceso de avaliación é involucrar á toda a comunidade na toma de decisións, e motivar aos membros da comunidade a que asuman responsabilidades dos servizos ou instalacións que podan ser empregados no futuro.

Dito isto, a información producida é moi útil para engadila a outras fontes de información (estudos preliminares, datos do censo, outros informes) para construír unha imaxe precisa da situación actual. Como mobilizador, contribuirás ao proceso de redución da pobreza e ao fortalecemento da comunidade sempre e cando proporciones a información dispoñible á axencia ou proxecto, ás autoridades locais, aos funcionarios gobernamentais ou locais, sobre todo a aqueles relacionados coa planificación, desenvolvemento e mantemento da comunidade.

Adestrar aos membros da comunidade:

É máis probable que, nas comunidades caracterizadas por un alto índice de pobreza ou por ter persoas marxinadas, os membros da comunidade non estean familiarizados coa participación nas decisións da comunidade. De feito, moitos non saberán o que é facer un mapa ou inventario, pode que algúns non saiban ler ou escribir. Son capacidades necesarias para poder participar na toma de decisión que leve a cabo o fortalecemento da comunidade, pero o adestramento formal non serve aquí.

Como mobilizador, debes familiarizar aos membros da comunidade con elas mediante as túas accións e, o que é máis importante, ao motivalos a participar aumentarás a súa confianza e quererán contribuír ao desenvolvemento da comunidade.

Mentres actúes, lembra que os participantes están a aprender novas habilidades, e asegúrate de que o teu traballo é transparente. As capacidades precisas para que os membros da comunidade levan a cabo o traballo non son sofisticadas nin complexas. Normalmente, os membros da comunidade queren formar parte do proceso, polo que aprenderán rapidamente. O teu traballo é facilitar esa aprendizaxe.

A participación dos membros na elaboración da avaliación comunitaria va máis alá da preparación das bases para a acción comunitaria. O resultado das súas avaliacións pode ser empregado como punto de partida ou datos para medir o progreso e, polo tanto, como un elemento para supervisar e avalíar á comunidade.

Como continuar?

Este documento ensina como fomentar a participación na avaliación, valoración e cualificación da comunidade por parte dos propios membros. A través do teu traballo, a participación dos membros da comunidade (de todos eles, non só algunhas faccións ou individuos) debe ser estimulada.

En todas as actividades de adestramento, aínda que sempre é mellor un enfoque participativo, onde o adestrador é un mediador máis do que un conferenciante, non se debe seguir cegamente a metodoloxía APR/ARP.

Onde son precisas certas habilidades, se estas xa foran identificadas, é apropiado empregar outros métodos, como a demostración, a presentación e o diálogo. Dito isto, debe facerse énfase en permitir que os pupilos aprendan mediante a acción.

Véxase o traballo de Kamal Phuyal «Por que a APR,» e o de Doreen Boyd «Lista de beneficios da ARP

Para máis debates sobre este tema, véxanse os arquivos de Robert Chambers .

––»«––

Facendo un mapa da comunidade:


Facendo un mapa

© Copyright 1967, 1987, 2007 Phil Bartle
Deseño da web por Lourdes Sada
––»«––
Última actualización: 13.02.2012

 Páxina de inicio

 Avaliación participativa