Páxina de inicio
 ARP/APR




Traducións:

'العربية / al-ʿarabīyah
বাংলা / Baṅla
Català
中文 / Zhōngwén
Deutsch
English
Español
Filipino/Tagalog
Français
Galego
Ελληνικά / Elliniká
हिन्दी / hindī
Italiano
بهاس ملايو / Bahasa Melayu
Polszczyzna
Português
Română
Telugu
Tiếng Việt

                                        

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Ligazóns de interese

DEFENDER A METODOLOXÍA

por Phil Bartle, PhD

traducido por Iria Castiñeiras Pérez


Notas para a dirección

Fomentar a participación da comunidade na súa propia avaliación

Suposicións e ignorancia:

Hai moita xente que tan só quere ver a construción física dunha instalación para a comunidade. Entre os que teñen un impacto importante no teu traballo encóntranse políticos, xornalistas, directores de proxecto e enxeñeiros. A instalación (por exemplo, unha fonte de auga, una latrina, unha escola ou una clínica) é visible, fácil de fotografar (xunto a un político) e concreta. É fácil recoñecela como proba dun éxito. Polo contrario, adicar tempo aos membros da comunidade que participan na avaliación (e que desenvolven outras capacidades: adestramento para a planificación, xestión, contabilidade, supervisión, información, reparación, mantemento) non é tan visible. Como se fotografía o desenvolvemento dunha capacidade?

(Unha vez, o secretario dunha embaixada enfadouse moito cando viu que non había ningunha actividade de participación comunitaria que se puidera visitar cando un directivo dunha institución doadora voase ata o país por tres días a vindeira semana).

Os directores de proxecto saben que serán xulgados publicamente segundo a construción das instalacións físicas, sen importar os obxectivos que estean escritos na documentación do proxecto. Pero tamén existen aqueles coa mente suficientemente aberta para comprender a importancia do desenvolvemento das capacidades.

Pode que te chamen para defender ou explicar a necesidade e beneficio de adicarlle tempo a participación comunitaria. «Deberíamos construír un pozo e unha bomba de auga só para ver como caen, primeiro no desuso e despois na deterioración, porque ninguén da comunidade é responsable da súa reparación e mantemento?», poderíase preguntar.

Por que adicarlle tempo?

Adicar tempo ao inicio da participación comunitaria (na avaliación, escolla de proxectos, mantemento, supervisión e desenvolvemento das capacidades) axuda a motivar aos membros da comunidade para que acaden un sentido comunitario de propiedade da instalación.

Deste xeito, promóvese unha maior responsabilidade para a súa protección (por exemplo, contra o vandalismo ou os animais fuxidos), mantemento e reparación. A comunidade vólvese máis propicia a un uso efectivo da mesma e tamén máis receptiva ao adestramento complementario (como principios e prácticas de hixiene).

Para promover o mantemento das instalacións físicas, o enfoque da participación comunitaria, aínda que consuma tempo, é máis efectiva e positiva a longo termo que a mera construción dos recursos.

Por que compilar información dúas veces?

Outro aspecto que pode que precises defender é o obxectivo da información recopilada durante a produción do mapa e o inventario.

Algúns detractores poden preguntar por que é necesaria a creación dun mapa e dun inventario, especialmente cando xa se realizou un amplo estudio no inicio.

Deberás explicar que a colección participativa de información comunitaria é, principalmente, para a comunidade: para promover a súa responsabilidade e mantemento. Calquera beneficio do proxecto ou axencia é secundario, como poden ser os datos para a planificación. Non obstante, a información recopiada durante o proceso comunitario pode complementar, afinar, ampliar ou corrixir os datos recollidos nun estudo.

Como conseguir o apoio?

Un evento fundamental que permite remarcar a importancia destes puntos a quen está disposto a escoitar é calquera relacionado coa construción comunitaria dunha instalación, por exemplo, durante «unha cerimonia de entrega de cheque», onde os maiores doadores poden ser recoñecidos; a «colocación da primeira pedra», onde unha personalidade comeza oficialmente a construción; ou unha «cerimonia e celebración da conclusión», onde os dignitarios locais e nacionais poden cortar a cinta, declarar o fin das obras, ou estrear a instalación.

Durante os elementos clave podes entregar copias de panfletos dunha páxina onde se faga énfase non só na construción, senón tamén no proxecto de desenvolvemento das capacidades da comunidade, facendo un esbozo da participación de toda a comunidade nas diferentes fases (avaliación, escolla das prioridades, adestramento no mantemento e información).

Un documento un pouco máis extenso, tal vez de dúas páxinas, pode ser facilitado aos xornalistas (televisión, radio, xornais, funcionarios gobernamentais de información pública). Se algún xornalista receptivo ou comprensivo traballa tamén por conta propia, podes contratalo para que escriba unha nota de prensa na que se explique o enfoque participativo e os seus beneficios, que compensen o tempo adicado. Se tes algún outro acceso a xornalistas (como pode ser durante unha visita a unha comunidade remota, compartindo o transporte), podes explicar en detalle a metodoloxía e por que é preciso máis tempo.

Para que a súa defensa sexa efectiva, é preciso que comprenda a formulación moi ben e que estea convencido dos seus beneficios. Non é suficiente estar preparado só para defender ou explicar os enfoques participativos, va que se fan moitas asunción, que a miúdo non se expresan, que necesitan de un enfoque proactivo.

Coñece as persoas que teñen unha opinión importante para os seus propósitos (incluíndo políticos, funcionarios destacados, xornalistas e enxeñeiros). Identifica aos suxeito que, potencialmente, poden pasar de ser opoñentes (descoñecedores) a aliados (informados). Asegúrate de que consigan copias dos panfletos e notas de prensa. Lanza preguntas e saca o tema durante conversacións informais sempre que sexa posible.

De modo xeral, todo se reduce a unha ecuación simple: a participación retarda a construción pero promove a sostenabilidade.

Debes ser capaz de explicar todo isto en detalle, con referencias concretas aos actuais proxectos comunitarios. Escribe os teus argumentos nunha linguaxe sinxela para dar a entender a súa tese. De algunha forma, trátase do contrario de facilitar a participación entre os membros da comunidade: primeiro, identifica a túa meta; despois, pasa a túa mensaxa aos receptores escollidos. Depende de ti.

––»«––

Adicar tempo ás aportacións da comunidade:


Adicar tempo ás aportacións da comunidade

© Copyright 1967, 1987, 2007 Phil Bartle
Deseño da web por Lourdes Sada
––»«––
Última actualización: 13.02.2012

 Páxina de inicio

 Avaliación participativa