ADESTRAR AO MEDIADOR PARA A AVALIACIÓN PARTICIPATIVA
Enfoques efectivos para impartir coñecementos
traducido por Iria Castiñeiras Pérez
Notas para adestradores
Como
adestrar aos mobilizadores e mediadores comunitarios para estimular a participación
na avaliación
Se
tes a tarefa de adestrar e/ou coordinar a mobilizadores en técnicas que promovan
a participación dos membros da comunidade na avaliación e valoración de necesidades,
prioridades, problemas e limitacións das propias comunidades, has de ter en conta
diversos principios e métodos.
Aprender experimentando; (A) nunha sesión de formación:
Queda
claro que se poden empregar os métodos comúns para ensinar os principios da ARP/APR:
conferencias, presentacións audiovisuais (diapositivas, transparencias superpostas,
vídeos), seminarios, debates e discusións en grupo. Non obstante, recomendamos
utilizar eses enfoques tradicionais como apoio suplementario, convertendo á «acción»
no método principal.
Os
teus aprendices e máis ti obteredes unha boa recompensa se os centrades en certos
contextos onde os futuros mediadores podan colaborar nalgunha «actividade». Estes
contextos poden ser: (1) xogos de rol estruturados, (2) simulacións de xogos, e
(3) procesos de grupo.
O
grupo de aprendices pode converterse na comunidade de estudo e poden mediar para
identificar necesidades do grupo, recursos, limitacións e prioridades. O último
non é tan só un exercicio oco, senón que debería levar a producir un inventario
que contribuirá a unha formación posterior e outras operacións de grupo. Os aprendices
poden turnarse para liderar estes procesos.
Cando
comparas a aprendizaxe por medio da acción nunha sesión de formación, que é un
contexto controlado, coa aprendizaxe no terreo, que non está controlada, observarás
aspectos positivos e negativos en ambos. Nas situacións controladas, de máis utilidade
para os principiantes, tes un ambiente máis estruturado e «seguro» que nas formacións
sen control. Nas situacións no propio terreo podes ter menos control sobre o que
pasa, pero a experiencia e máis real para os aprendices.
Aprender experimento; (B) no propio terreo:
Practicar
no propio terreo é un contexto de aprendizaxe máis intenso, aínda que menos seguro,
para os futuros mediadores. O adestramento no terreo pode ter diferentes tamaños
e formas.
Algúns exemplos inclúen:
- o aprendiz axuda a un mediador con experiencia;
- o aprendiz organiza e coordina unha sesión na comunidade mentres o asiste o adestrador (e está dispoñible se fora preciso);
- o aprendiz recibe toda a responsabilidade, mentres o adestrador so observa e supervisa.
En
todos os casos é útil unha breve sesión orientativa, xa que reforza a experiencia
de aprendizaxe.
Proporciona
ao aprendiz a oportunidade de: (1) rexistrar e analizar o proceso que se levou a
cabo, (2) considerar os pasos do proceso segundo unha experiencia real, (3) preguntar
de forma detallada e específica ao adestrador, e (4) formular principios e prácticas
para o futuro traballo.
Do
mesmo modo, ofrece ao adestrador un foro para (1) facer comentarios baseados nas
súas observacións, (2) facer recomendación baseades en eventos concretos, e (3)
guiar ao aprendiz na observación, análise, realización de rexistros e informes
escritos.
Aprender con material escrito:
O
material escrito non ten unha efectividade tan inmediata como a «acción» cando
se trata de promover e ensinar habilidades a un aprendiz. Así e todo, é útil como
unha referencia e revisión, e axuda a confirmar o que está a aprender o aprendiz
nas actividades. Os aprendices tenden a confiar máis no material escrito, e son
capaces de ler e comprender máis del se experimentaron recentemente unha sesión
«activa» sobre o mesmo tema.
O
material escrito (ao igual que as diferentes clases de «acción») pode ser usado
en diferentes niveis de adestramento a medida que o futuro mobilizador ou mediador
vai aprendendo. A un nivel inicial, pode ser simplificado, ilustrado e proporcionado
de maneira directa ao aprendiz por parte do adestrador. Todos os manuais e a maioría
do material deste sitio web forman parte deste tipo de formación simple. Debe ser
presentado nunha linguaxe limpa e clara (e na lingua local cando sexa apropiado)
sen ambigüidades posibles. As ilustracións son suplementos útiles da formación
escrita a este nivel.
Os
aprendices que xa teñan certa experiencia no terreo precisan dunha maior cantidade
de material escrito, que pode ser máis sofisticado. Poden observarse as excepcións
e advertencias, así como as incertezas (isto podería resultar desalentador para
os principiantes).
Non
obstante, o máis importante é que o material escrito de nivel medio ou avanzado
(resumido ou non) non se entregue libremente ao aprendiz. Igual que coa metodoloxía
do fortalecemento, se os aprendices sofren ou se sacrifican para obtelo, será máis
valorado. Dálles algún consello, guíalles na dirección correcta e ensínalles
a facer a súa propia investigación (sobre o material).
Aprender para ensinar:
Mentres
que comezar accións é, probablemente, a mellor forma de aprender unha habilidade,
o proceso de transmitir coñecementos pode resultar unha experiencia maior de aprendizaxe.
Ante a posibilidade de ter que ensinar a outros alumnos, incluso nunha simulación
onde todos teñen o mesmo nivel de experiencia, un aprendiz terá máis interese
en que estes sexan entendidos.
Motiva
aos teus alumnos a que intenten facer folletos e guías sinxelas tipo «maneiras
de» (preparar material de adestramento é outra forma de ensinar). Deixa que poñan
en práctica estes folletos entre eles. Despois de cada sesión, pregunta se entenderon
os principios e coñecementos. Comprenderon os ouvintes ao orador? Debate cada presentación
e exercicio escrito cos teus aprendices.
Os
alumnos poden practicar a ensinar de diferentes modos, incluíndo a preparación
de presentacións e material escrito. Fomente ambos aspectos (entre outros) nos futuros
mediadores e mobilizadores. Pide aos aprendices que preparen o material coa linguaxe
máis simple posible, empregando gramática e vocabulario común e, se fora posible,
a preparar outros materiais na lingua local. Para motivalos aínda máis, copia e
publica os seus escritos, e fai que circulen entre xornais locais, revistas profesionais
e outro tipo de medios.
Isto
axudará a recoñecer o esforzo dos alumnos e daralles ánimos.
Continúa aprendendo:
Lembra
sempre aos aprendices que a aprendizaxe nesta profesión debería ser unha vocación
para toda a vida. «Cando deixas de aprender, estás morto».
––»«––
Formar mediadores comunitarios:
© Copyright 1967, 1987, 2007 Phil Bartle Deseño da web por Lourdes Sada
––»«––Última actualización: 13.02.2012
|