Tweet Traducións:
'العربية / al-ʿarabīyah |
SOSTENDO A INTERVENCIÓNAlén dun simple activistapor Phil Bartle, PhDtraducido por Iria Castiñeiras PérezIntroducción ao móduloDocumento que contén o módulo sostentabilidade
Se visita o ximnasio unha soa vez, non conseguirá musculatura.Se volta a ollar as palabras claves e os conceptos básicos mencionados no capítulo un e que son importantes para vostede, atopará a palabra "sostentabilidade." (aínda que non aparece en moitos dicionarios). Como algo que temos colocado nun lugar pode acabar por sosterse e permanecer no seu sitio? Para a comunidade, a súa meta era mellorar a saúde e o seu obxectivo construír unha latrina, as súas preguntas relativas á sostentabilidade son: "Como podemos asegurarmos de que a latrina vai ser limpada, reparada, mantida e usada?" A resposta está en reforzar a responsabilidade da comunidade (a través da participación da comunidade na toma de decisións e no seu control) dende o comezo do proxecto. Para vostede, que implantou un progreso de cambios sociais, reforzando á comunidade, as súas preguntas sobre sostentabilidade son: "Continuará a comunidade a facerse cargo das melloras, avaliando a situación, decidindo as novas prioridades, procurando novos recursos, emprendendo novas accións, aumentando así a súa confianza?" Os seus obxectivos e os da comunidade son moi diferentes, pero complementarios. Quere que a súa intervención se sosteña. A pregunta sobre sostentabilidade respóndese segundo a súa actuación na mobilización. O seu obxectivo non é unha única latrina, escola, clínica ou subministro de auga, mais o desenvolvemento sostible. Este módulo explica como pode facer o seu traballo sostible. Parte da resposta atópase en repetir o ciclo da mobilización; parte está na identificación e adestramento de activistas dentro da propia comunidade de destino. ––»«––Actividade productiva: fabricación de xabón Se copia algún material deste sitio, por favor mencione ao(s) autor(es) |
Páxina de inicio |