Páxina de inicio
 Sostendo a intervención




Traducións:

'العربية / al-ʿarabīyah
Bahasa Indonesia
বাংলা / Baṅla
Български език
Català
中文 / Zhōngwén
Deutsch
English
Español
Filipino/Tagalog
Français
Galego
Ελληνικά / Elliniká
हिन्दी / hindī
Italiano
日本語 / Nihongo
Kiswahili
한국어 / Hangugeo
Português
Română
Русский
తెలుగు /Telugu
ไทย / Thai
Tiếng Việt
Türkçe
اردو / Urdu

                                        

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Ligazóns de interese

SOSTENDO O CICLO DE MOBILIZACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO

O proxecto dunha comunidade é tan só o principio

por Phil Bartle, PhD

Traducido por Iria Castiñeiras Pérez


Folleto de adestramento

Cada intervención, cada ciclo de mobilización, cada proxecto comunitario contribúe a reforzar á comunidade: deben repetirse como parte dun proceso.

Antes describiuse o seu traballo, a súa intervención, como como un proceso social. As actividades (avaliacións, concienciación, organización da unidade, planificación e implantación da acción e de novo avaliación) estimulan o reforzamento da comunidade e aumentan a súa confianza.

A palabra "ciclo" pode levar a equívoco. Certamente, ao final voltará a comezar de novo, pero tanto vostede como a comunidade terán cambiado. Hai un antigo proverbio budista que afirma que “o mesmo home non pode cruzar o mesmo río dúas veces”: o home e o río son diferentes, pois sempre están a cambiar.

Porén, quererá repetir as intervencións básicas e estimular un proceso social fundamental. Como a roda da bicicleta que sempre está a xirar, todas as partes encóntranse co camiño en cada xiro.

Mentres, e desde o principio do seu traballo, debe ter en mente a súa inevitable partida. Se a comunidade non se pode desenvolver sen vostede, esta volveuse dependente, e o seu inimigo é a dependencia.

Polo tanto, mentres repite o ciclo o seu obxectivo debe ser a súa propia marcha, para que o ciclo poda continuar sen vostede. No caso de que sexa substituído, as súas notas e diarios, dende o principio do seu traballo, serán a base do resume que entregará ao seu sucesor. Se a axencia non o substitúe, deberá atopar e desenvolver recursos potenciais de mobilización dentro da propia comunidade.

––»«––

© Copyright 1967, 1987, 2007 Phil Bartle
Deseño da web por Lourdes Sada
––»«––
Última actualización: 08.07.2011


 Páxina de inicio

 Sostendo a intervención