Páxina de inicio
 Sostendo a intervención




Traducións:

'العربية / al-ʿarabīyah
Bahasa Indonesia
বাংলা / Baṅla
Български език
Català
中文 / Zhōngwén
Deutsch
English
Español
Filipino/Tagalog
Français
Galego
Ελληνικά / Elliniká
हिन्दी / hindī
Italiano
日本語 / Nihongo
Kiswahili
Português
Română
Русский
Tiếng Việt
Türkçe
اردو / Urdu

                                        

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Ligazóns de interese

LECCIÓNS APRENDIDAS

E coñecemento das posibilidades para seguir adiante

por Phil Bartle, PhD

traducido por Iria Castiñeiras Pérez


Folleto de adestramento

Os activistas veñen e van dentro da comunidade, polo que debería vínculos e continuidade entre ele: o que cada un aprende debe voltarse parte da memoria colectiva de toda a intervención.

Nós, como humanos, podemos aprender tanto dos éxitos como dos fracasos, dos logros e dos erros. Cómpre lembrar que erros, fracasos e desastres non son a mesma cousa.

Un erro non é un fracaso: errar é humano. Un fracaso non é un desastre: fracasar ao tentar acadar unha meta non significa que sexamos fracasados. Un desastre non é o fin do mundo. Cando caemos debemos erguernos e seguir adiante. Un paso cada día.

Se tivo éxito guiando a unha comunidade a construír a súa propia latrina, ou completar calquera outro obxectivo, deu un paso para facela máis autosuficiente. Non terá sido fácil nin perfecto. Se pensa o contrario, non foi sincero consigo mesmo.

Analice o proceso e o seu papel no mesmo. Sexa sincero e admita os seus erros. Escriba a súa análise sobre o ciclo de mobilización. Sexa obxectivo e neutral cos seus propios erros e fracasos; non os use como escusa para caer presa da depresión.

Véxaos como leccións por aprender, pois son, de lonxe, moito máis útiles e realistas que un libro de texto ou folleto como este. Empregue o seu diario, a súa análise e as leccións aprendidas para crecer e voltarse un activista máis forte e habilidoso.

Faga o mesmo con e pola comunidade.

––»«––

© Copyright 1967, 1987, 2007 Phil Bartle
Deseño da web por Lourdes Sada
––»«––
Última actualización: 08.07.2011


 Páxina de inicio

 Sostendo a intervención