Páxina de inicio
 Sostendo a intervención




Traducións:

'العربية / al-ʿarabīyah
Bahasa Indonesia
বাংলা / Baṅla
Български език
Català
中文 / Zhōngwén
Deutsch
English
Español
Filipino/Tagalog
Français
Galego
Ελληνικά / Elliniká
हिन्दी / hindī
Italiano
日本語 / Nihongo
Kiswahili
Português
Română
Русский
ไทย / Thai
Tiếng Việt
Türkçe
اردو / Urdu

                                        

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Ligazóns de interese

LIDERADO COMUNITARIO E MOBILIZACIÓN INTERNA

Sostidos pola automobilización

por Phil Bartle, PhD

traducido por Iria Castiñeiras Pérez


Folleto de adestramento

A súa intervención como activista foi un factor externo: para que o desenvolvemento sexa sostible, a propia comunidade debe intervir de forma continuada.

A clave para soster a intervención e o estímulo da comunidade ata que acade unha maior confianza recae na propia comunidade. Pode que a súa axencia queira e poda substituílo, pero o seu derradeiro obxectivo é conseguir que a comunidade continúe coa mobilización por si mesma.

A forma de facelo é identificando a aquelas persoas da comunidade que teñen o potencial para ser activistas, así como as actitudes e valores adecuados, e adestralos cos seus coñecementos para que o substitúan.

Quere quedarse sen traballo.

O desenvolvemento comunitario é un proceso de cambio social. Vostede non desenvolve á comunidade: a comunidade desenvolvese soa.

O mellor que pode ser é un estímulo e un catalizador do proceso social. Resulta adecuado citar a Mwalimu Julius Nyerere: “Non se pode desenvolver á xente: só poden facelo sós”.

Cómpre recordar que as ferramentas e habilidades que ten poden actuar como un poderoso catalizador do cambio social. Polo tanto, e como ocorre con calquera ferramenta, pode ser usada de forma incorrecta. Cando identifique aos membros da comunidade que adestrará para que o substitúan, é fundamental que examine a súa personalidade para asegurar que empregarán as ferramentas de mobilización para o beneficio de toda a comunidade, e non para beneficiarse a costa da comunidade.

Lembre que algunha xente ten obxectivos políticos e laborais. Cos coñecementos adecuados de participación e mediación, unha persoa pode facer un uso indebido da mobilización para o seu beneficio persoal. Vexa de novo Coñeza as habilidades que precisa e a analoxía do cerralleiro. Cando identifique a activistas potenciais dentro da comunidade, obsérveos atentamente durante un tempo. Non teña presa en atopar un substituto: tome o tempo preciso para facelo correctamente.

Cando fale co grupo sobre tomarse un tempo e facer as cousas ben, pode contarlles esta historia sobre dous touros dunha sociedade gandeira de África occidental.

Dous touros viñan por un outeiro e viron diante deles centos de vacas nun val. “Oh, tío”, dixo o touro máis novo, “corramos ata elas e fagámolo con unhas cantas.” “Non”, dixo o touro máis vello, “camiñemos ata alí e fagámolo con todas.”

Tómese o seu tempo para atopar e adestrar ao seu substituto.

Cando identifique a unha ou varias persoas que parezan ter o potencial para converterse en activistas, que teñan as cualidades da honestidade, liderado e preocupación sincera polo desenvolvemento da xente, terá que adestralas. Se están interesadas, pode convertelos en algo similar a “aprendices”, tendo tempo de explicarlles por que fai o que fai.

Ocúpese de todos os temas dos primeiros capítulos deste manual. Axudarlles a aprender os principios é tan importante como aprender as habilidades. Déixelles ser os líderes dunha sesión de mediación de cando en cando, e cada vez mais a miúdo, a medida que as súas habilidades medren. Despois de asistiren a un par de ciclos de mobilización, deberían estar preparados para continuar na súa ausencia.

Está no bo camiño para facer a súa mobilización sostible.

––»«––

© Copyright 1967, 1987, 2007 Phil Bartle
Deseño da web por Lourdes Sada
––»«––
Última actualización: 08.07.2011


 Páxina de inicio

 Sostendo a intervención