Tweet Traducións:
'العربية / al-ʿarabīyah |
POLÍTICA E ADESTRAMENTO PARA A MOBILIZACIÓNO rol da política no reforzamento da comunidadepor Phil Bartle, PhDtraducido por Iria Castiñeiras PérezPrincipios tras os métodosOs principios detrás da aparencia apolítica cando traballa en mobilizaciónPolítica: O que coñecemos normalmente da política céntrase en dúas dimensións da cultura: (1) a distribución e uso do poder, e (2) os valores ideolóxicos sobre o que se quere. Ambos son importantes para o mobilizador. Dado que a mobilización das comunidades como técnica de fortalecemento é, por si mesma, un proceso político, a política no seu significado común pode afectar a ese proceso. Este documento explica o por que e suxire algunhas consideracións xerais sobre a estratexia para axudar a desenvolver o seu propio plan mobilizador para asegurar que a «política» non acaba co seu propósito. Política militante: O proceso político non é unha elección: é unha dimensión da cultura e, polo tanto, está presente en todas as culturas (sociedades). As formas que toma a distribución e o exercicio do poder, como as institucións e prácticas políticas, poden variar en cada sociedade, pero sempre hai unha dimensión política. Aínda que os partidos políticos (elixidos ou non) encóntranse na maioría das sociedades, pode haber máis institucións que teñan o poder e podan exercelo. En toda sociedade, os diferentes ámbitos (nacional, rexional, comunitario, institucional) poder ter diferentes formas e prácticas. Cando un individuo ou partido exerce o poder, este proporciona beneficios ou recompensas que poden conducir a tentacións ou adicións (ao poder mesmo). Esta tendencia exprésase co proverbio ou clixé «o poder corrompe; o poder absoluto corrompe de forma absoluta». Sexa cal sexa a forma de expresalo, existe a tentación para os que sustentan o poder de aproveitarse del de forma inxusta ou incluso ilegal, e normalmente queren perpetuarse no poder. Como se explicou en «os cinco factores da pobreza,» a corrupción (deshonestidade) é unha das causas principais da continuación da pobreza como problema social. Polo tanto, o desexo de manter e abusar do poder encóntrase entre os factores que contribúen a pobreza. A corrupción alimenta á pobreza. Non ten por que estar entre as súas causas históricas, pero mantén, sustenta e alimenta á pobreza, polo que debe ser eliminada para podermos acabar con ela. Se a política xera corrupción, tamén orixina pobreza. As dimensións políticas do fortalecemento: O fortalecemento das comunidades pobres e marxinais e a eliminación (non o alivio) da pobreza son metas tremendamente políticas. Hai moitas persoas con intereses velados que non queren que isto ocorra pois se benefician se a estrutura xeral permanece como está. É unha loita enorme e global. Envolve dúas dimensións da cultura: poder e valores (ideoloxía). Se o seu traballo como mobilizador foi efectivo, ocasionará unha mudanza política revolucionaria: a eliminación da pobreza. Non é un traballo sinxelo e pode verse frustrado se se mistura con militancias políticas. ¡Pense! Se a pobreza termina, non haberá ningún cisma global entre ricos e pobres, o que ten grandes ramificacións políticas. É obvio que haberá moitos grupos e individuos ricos e poderosos que non desexan ese resultado e teñen intereses en paralizar o seu traballo. Poden estar disfrazados polo afable concepto de «resistencia ao cambio» ou incluso «preservación da cultura». O traballo do activista (impulsar comunidades con poucos ingresos, democratizar a toma de decisións, terminar coa pobreza) ten consecuencias políticas importantes. A reputación do mobilizador: Unha mala reputación frea o seu traballo. Unha boa reputación é a súa mellor vantaxe. Noutros puntos da páxina verá que ten que aprender sobre os costumes e valores locais, para evitar facer cousas que o separen dos membros da comunidade. Isto é importante, por exemplo, no referente ao comportamento e actividades sexuais; tamén no referente á imaxe política. A reputación política pon uns límites: reduce os seus movementos e opcións. Cando a xente decide que apoia ou forma parte de certo partido político, queda etiquetado e clasificado. Dende ese momento, prestaranlle menos atención e xulgarán as súas accións futuras segundo o que di a súa etiqueta, banalizando os seus logros máis importantes e reducindo a súa efectividade como activista. É mellor que non saiban cales son as súas preferencias políticas: prestaranlle máis atención (ao manteres a dúbida) e é máis probable que queiran escoitar a súa mensaxe sobre o refortalecemento da comunidade. Para ser efectivo, o activista debe evitar ser identificado con calquera partido, movemento, ideoloxía ou etiqueta política. Un problema de estratexia: Un elemento da política, que prevalece especialmente en países con representación democrática, é a expresión pública de valores políticos. Na práctica, os discursos políticos son similares aos sermóns dos pastores. Como xa explicamos nos módulos de adestramento, adoutrinar non é un método adecuado para os activistas. Un mobilizador debe evitar os sermóns, sexan políticos ou relixiosos. Predicar obstaculiza o fortalecemento. O adestramento destas páxinas non pode ditar a súa estratexia. Tan só ofrece métodos e principios para que deseñe a súa estratexia de mobilización persoal. Tamén hai consecuencias negativas por estares asociado de forma directa con políticos. Véxase políticos. Cando entre no mundo da político, teña coidado con onde pon os pés: pode tropezar con algo que debería ter evitado. As técnicas para a mobilización: Pense no cambio social por un segundo. O desenvolvemento é un cambio social, ao igual que fortalecer unha comunidade. En socioloxía, aprendemos que calquera cambio en unha das seis dimensións da sociedade levará a mudanzas nas outras cinco. Lembremos as seis dimensións da cultura e da sociedade:
No século XIX, Marx suxeriu que as dúas últimas mudaban de forma independente e que isto tiña consecuencias nas outras catro. Despois, Max Veber afirmou que eran as dous primeiras as que provocaban cambio nas catro restantes. Hoxe sabemos que o cambio social e máis complexo, pero que calquera tipo de cambio nunha delas afecta ao resto. Polo xeral, se está interesado en introducir cambios na sociedade (ou comunidade) o máis doado é introducilos na dimensión tecnolóxica. Para a maioría da xente, os cambios tecnolóxicos asemellan máis inocente que aqueles dos valores, crenzas ou patróns de interacción. Por iso, á hora de adestrar novos activistas ou como mobilizador que explica o seu método e obxectivo aos membros da comunidade, o mellor é resaltar a introdución de novas técnicas, pois pertencen a dimensión tecnolóxica da cultura e sociedade. Non deixe saber que está interesado na eliminación da pobreza, pois asóciase con valores que poden asustar á xente. As técnicas son parte do arsenal da guerra contra a pobreza. Técnicas da mobilización: evite a teoría, resalte a técnica. Conclusión: Aínda que é útil comprender os principios detrás das técnicas de mobilización de comunidades para o seu fortalecemento, incluíndo os principios políticos, é importante que non os predique nin discuta sobre eles no seu traballo público. O fortalecemento é un proceso macro político e ten importantes consecuencias políticas, polo que é fundamental, como parte da súa estratexia como mobilizador, evitar unha asociación manifesta con políticos. ––»«––Taller: © Copyright 1967, 1987, 2007 Phil Bartle
––»«–– |
Páxina de inicio |
Reforzar á comunidade |