Tweet Traducións:
'العربية / al-ʿarabīyah |
PLANS DE SUPERVISIÓNSaber cómo o estamos facendopolo Doutor Phil Bartle,traducido por Nahir SeijoCaderno de formaciónCando unha comunidade prepara un deseño de proxecto, éste debería conter unha descrición de como será a súa supervisión. A supervisión debe ser un elemento incorporado a tódolos proxectos.A palabra «supervisión» soa un pouco a vocabulario técnico, e algúns dos membros da comunidade poderían sentirse un pouco ameazados cando fale disto. Sen medo; a idea da supervisión é moi simple. Tamén é importante para o fortalecemento da comunidade, e ten moito sentido, sempre e cando sexa un elemento esencial integrado, non algo separado que se engade como idea de último momento. Ver: supervisión. Para facerse entender, empregue de novo unha metáfora. A analoxía da «bicicleta» pode serlle útil neste punto. Pregunte ao grupo: «Cantos de vós sabedes andar en bicicleta?». Esperamos e supoñemos que polo menos un dirá que si (se non, terá vostede que ser hipotético, ou preguntar por calquera outra actividade que precise da vista). «Si?» Estupendo! «Algunha vez probáchedes a pecha-los ollos mentres andabades en bici?» «Se non, podedes imaxinar qué pasaría?» Vai obter varias respostas, que describen desastres coma chocar contra unha árbore ou unha persoa, saír do camiño, caer. Ahora dígalles que a comunidade é o ciclista; a bicicleta é o deseño do proxecto; o camiño ou viaxe é o proxecto comunitario. O deseño do proxecto (a bicicleta) levaraos a onde queiran ir (os obxectivos), pero deben te-los ollos abertos (supervisar o seu progreso). Todo proxecto, grande ou pequeno, pode facilmente saírse un pouco do camiño, e a miúdo así acontece. Se non se supervisa (vixila) de preto e continuadamente, pronto sairá do camiño, golpearase contra algo, e caerá. Se está supervisado constantemente, entón as pequenas desviacións pódense correxir rápida e facilmente, evitando o fracaso. A comunidade debe ocupa-lo asento do condutor. Haberá outros que tamén queiran supervisar. Calquera doador externo quererá saber se os recursos que doou están a ser ben empregados. Os funcionarios locais quererán supervisar para os seus propios fins. Vostede quererá supervisar para comprobar cómo de ben está a fortalece-la comunidade. É a comunidade quen ten maiores motivos para supervisar. O seu traballo como activista é inculcar aos membros da comunidade a importancia e a simplicidade da supervisión (simple non sempre significa doado).
Tamén é traballo seu guia-la executiva para que se asegure:
O xeito no que se vai supervisa-lo proxecto comunitario debe ser acordado e entendido pola executiva da comunidade, e coidadosamente detallado nos seus documentos de planificación. ––»«––Supervisando a construción © Copyright 1967, 1987, 2007: Phil Bartle
––»«–– |
Páxina principal |
A organización |