Traducións:
Outras páxinas:
|
COMPARTIR A FELICIDADE A TRAVÉS DA APR
por Kamal Phuyal (Nepal)
Traducido por Iria Castiñeiras Pérez
|
|
«Os
participantes no adestramento non se concentran non contidos do mesmo, senón que
observan o comportamento dos formados, sexa este consecuente coas súas ensinanzas
ou non. Aínda é máis, os participantes poñerán a súa aprendizaxe en práctica
se o comportamento práctico do seu formador resultoulles convincente».
(Sr. Uttam Dhakhwa, Fórum compartido da espiritualidade e o desenvolvemento).
Cal
é o motivo para usar a APR? Esta pregunta tense feito en diversos fórums, ben de
adestramento, ben talleres. Segundo a miña experiencia, teño observado que a APR
está formada por tres compoñentes principais: a actitude e o comportamento; o concepto
e a percepción; e o aspecto práctico (a aplicación das ferramentas) ou das habilidades.
O terceiro punto parece moi claro, pois se centra na aplicación do aprendido e parece
que a maior parte do adestramento xira en torno a el. A formación comeza coa historia
da APR e termina coa aplicación das ferramentas.
O
primeiro compoñente trata a cuestión: quen debería usar APR? Cales son as características
precisas para os profesionais da APR? A segunda pregunta é: por que usar APR? Por
que non empregar outras ferramentas? Cales son os valores da APR? Do mesmo xeito,
o terceiro aspecto céntrase en como empregar as ferramentas dun modo máis efectivo.Cal
é o proceso para a súa aplicación?
A participación dos habitantes depende da actitude do mediador da APR.
O desenvolvemento significa compartir felicidade
Unha
vez un dos meus colegas díxome: «Sabes o que significa desenvolvemento? Por propia
experiencia, diría que principalmente é compartir a felicidade cos demais». Explicoume
isto a través de diferentes casos reais e gustoume a súa idea de desenvolvemento.
Tiven
oportunidades de visitar moitos proxectos de desenvolvemento: algúns nos que se
gastaban millóns de rupias, outros nos que apenas uns miles. Un día estaba nunha
vila preto de Pokhara, a 200 km. de Katmandú. Estábamos a facer unha avaliación
participativa sobre un proxecto relacionado coa auga potable. Pasámolo moi ben alí,
pois puidemos compartir moito cos habitantes e eles estaban moi felices de que estivésemos
alí. Era un proxecto pequeno en termos monetarios, unha colaboración entre a dirección
comarcal de concas e unha organización xaponesa. Completaron o proxecto cun gasto
aproximado de 35.000 rupias. Mentres estábamos alí, as mulleres explicáronnos
o seu proxecto:
Unha
didi (irmá) veu traballar ao pobo. Ignorámola durante moito tempo. Xa sabe, os
veciños dicíanlle que se marchara, pois xa tiveran malas experiencias con anteriores
cooperantes; pero, en cambio, pasaba as noites pensando nos nosos problemas. Era
tan agradábel! Co tempo comezounos a gustar, e traballábamos xuntos para conseguir
moitas cousas. Agora temos as nosas propias cooperativas. Impartíronse clases de
alfabetización. É certo que o pasamos moi ben con ela: estábamos contentos por
traballar todos xuntos e o gozábamos. Rematamos os nosos traballos felizmente, ¿sabe?
Aínda agora nos emocionamos ao lembrar eses días! Amamos o noso proxecto e non
deixaremos que morra, aínda só sexa por lembrar o tempo que pasamos con ela.
Os
veciños nin sequera poden pronunciar correctamente o nome das organizacións correctamente:
o único que dicían unha e outra vez era que estaban contentos por traballar con
aquela Bikase Didi («cooperante - irmá»). Por desgraza, non puidemos coñecela,
pero o que compartiron con nós, do que nos dimos conta, era de que ela era feliz
traballando con mulleres do rural. Acabamos descubrindo que o seu único lema era
compartir a felicidade cos outros, e tanto os veciños como a Didi o fixeron. O proxecto
da potabilización da auga foi o seu medio para compartila, e foi esa felicidade
o que acadou o éxito do proxecto. Os habitantes non se preocupan das horas que fixeron
falta, nin lembran canto foi o que gastaron: durante todo a avaliación, o único
que repetían era a felicidade que sentiran e que os animou a emprender outros proxectos.
Hoxe, teñen a súa propia cooperativa, formaron un comité de mantemento entre as
mulleres e grupos de aforro. «Estamos contentos por ser parte do grupo e vimos aquí,
compartimos os nosos problemas e é ben certo que compartimos a nosa felicidade»,
explican.
Unha
das maiores organizacións multilaterais gastou 1'5 millóns de rupias nun proxecto
de potabilización de auga nunha aldea do distrito de Nuwakot, no norte de Katmandú.
Non obstante, o comité de desenvolvemento do pobo, que dá cobertura a 800 familias
en diferentes pobos, reciba tan só 500.000 rupias do goberno como presuposto anual.
Neste caso, producíronse problemas entre o proxecto e os veciños, que non estaban
contentos con este aínda que solucionara o problema de ter que ir a por auga a unha
gran distancia. Na súa avaliación do proxecto expuxeron:
A
construción do proxecto está case rematada, pero apenas recoñecemos o proxecto
da xente. Seguen cambiando aos membros do equipo, nunca vemos a ningunha persoa dúas
veces. Non sentimos que sexa o noso proxecto. Escoitamos que formaran un grupo de
traballo, pero non sabemos quen son; pode que sexan líderes políticos. Os equipos
non contan cun oficial nin ten un lugar permanente no que quedarse. O normal é que
volvan a Katmandú ou a Trishuli (onde está a sede do distrito) no seu automóbil
tras visitar as obras. Un dos contratistas dun pobo veciño ten a responsabilidade
do proxecto. Nunha ocasión falamos co persoal e parecían amables no seu trato.
Durante
moitos anos, os aldeáns ían na procura de agua a un pobo veciño, e é posible
que o continúen a facer nos próximos anos. Non se lles preguntou o que é que querían,
que estaban a pensar. Todo foi planeado por estraños e tamén implantado co apoio
de certa xente que non tiña problemas coa auga. É un caso no que vemos que o proxecto
non supuxo compartir a felicidade. O abismo entre os habitantes e a xente responsable
do proxecto fíxose máis e máis grande dende que este comezou. Parece que o equipo
tomou o proxecto como calquera outra parte do seu traballo. Pensaban que eran amables
ao traer ese proxecto ao pobo, pero non se tomaron o tempo de falar con eles e, senón
falas coa xente, como podes compartir a felicidade?
A
nosa historia di moito sobre o traballo participativo feito pola propia comunidade.
Podemos atopar xente que construíu templos, estradas, pozos, estanques, escolas...
Acostumaban a realizar estas tarefas como se estivesen a celebrar unha cerimonia.
Se continúa a analizar, verá que a maior motivación tras todo isto era compartir
a felicidade. Cantaban canción, dirixían o traballo social de forma colectiva,
compartían a comida nas festas, rían e pasábano ben mentres terminaban o seu traballo.
Ás veces parecía que compartían a súa felicidade ao dar algo os demais, outras
veces, recibíndoo, e noutras ocasións, compartindo o que xa tiñan.
Unha
vez, unha gran organización ofreceu un traballo a un dos meus colegas. Ela pensouno
moito, pediu consello e, finalmente, rexeitouno. Dixo:
Non
estou segura de se poderei conseguir un «entorno feliz» nese sitio. Estou moi contenta
traballando aquí cos meus colegas, compartindo a felicidade. Gústame o meu traballo.
Por suposto que me ofreceron o dobre de salario e moias máis facilidade, pero teño
medo de perder a miña felicidade.
Compartir a felicidade a través da APR
Ata
agora, non nos temos encontrado cun adestramento da APR aburrido. Fai pouco que revisei
60 informes; consultei a avaliación feita polos participantes, que se fai na maioría
dos casos ao final da formación. Non atopei en ningún documento alusións a que
a APR sexa aburrida; o que si atopei foran frases como «dez días pasan como dez
minutos», «o proceso de aprendizaxe foi como estar a xogar», «non nos sentimos
aburridos», «rimos moito»... O que se aprende coa APR pódese aprender de outros
xeitos. Non obstante, un dos principais valores da APR, baixo o meu punto de vista,
é que crea un ambiente idóneo para compartir a felicidade. Os participantes non
senten unha xerarquía, non pensan que exista ningunha diferenza (socioeconómica,
de casta, de xénero). Todos rin, aprenden e comparten. Compartir ese sentimento
crea un vínculo afectivo entre os participantes, que é o que conseguiu a APR durante
a formación ou na comunidade.
«Mentres
facían o mapa social, os habitantes movían pedras, paus e facían casas. Lembraban
que estaban a facer o mapa do pobo, ou un mapa artificial, durante os primeiros quince
minutos; pero despois esquecen que están xogando con pedras e outros materiais da
zona, e entran na realidade. Gritan, rin, falan abertamente e, en ocasións, tamén
se enfadan. Por iso, o que eu sentín é que, despois de 15 minutos, comezan as discusións
e análises, e é cando comezan a compartir a súa felicidade. Cando rematan os momentos
artificiais e comezan a compartir é cando outros veciños que se mantiñan á marxe
empezan a participar no exercicio. Incluso os analfabetos e aqueles marxinados que
rexeitan falar en público formar parte do proxecto. Compartir a felicidade facilita
o proceso.» Comentario
dun mediador da APR.
Pero
a APR sen «compartir a felicidade» tórnase aburrida e demasiado técnica e, en
ocasións, pode resultar perigosa. Os presidentes do comité de desenvolvemento do
pobo bo distrito de Dhadhing, preto de Katmandú, compartiron as súas experiencias
sobre unha «banda APR»:
«Un
equipo de profesionais APR viñeron precedidos de catro ou cinco portadores que levaban
as súas tendas e comida. Chegaron e uns foron a polas galiñas, outros cortaron
as ramas das árbores para unha fogueira. Un grupo de xoves achegouse ao pozo de
auga e comezou a molestar ás rapazas. Pola noite, celebraron unha festa cultural
con música Angreji (inglesa) e bailando disco. Gritaban e só pararon de bailar
cando dous rapaces empezaron a pelexar. Ao día seguinte, só conseguiron reunir
sete u oito persoas, incluíndo tres da casa onde se aloxaban, e "fixeron a APR"».
Esta
case de APR non participativa non comparte a felicidade; senón que se a quita o
resto. É máis, estes exercicios de APR, con intereses creados, arruína todos os
valores da APR.
Sexa
o que sexa que fagamos a través da APR, pódese facer de outros xeitos. Empregar
outras técnicas tamén pode elevar a participación entre a comunidade. Con elas,
podemos alentar aos marxinados e analfabetos a participar nos procesos de desenvolvemento.
Pero o valor máis importante, ou contribución, da APR é que ten o potencial de
crear un ambiente propicio para compartir a felicidade.
Nunha
ocasión levouse a cabo unha clasificación de benestar nunha vila do distrito de
Sindhupalchok, na parte noreste de Katmandú, por un grupo de xente da aldea. Un
home vello, que formaba parte do grupo, foi posto na «clasificación máis baixa
(de pobreza)». O home negou isto e comezou unha longa discusión. Outros quería
probar que tratábase dunha persoa pobre mediante exemplos. De feito, querían axudalo,
pois o proxecto tiña programas para os pobres. O vello non tiña nada: apenas podía
conseguir dúas comidas cada día. Dixo: «Non teño comida suficiente, pero son
feliz. Son a persoa máis feliz da aldea, sabédeo. Alguén me ten visto triste ou
deprimido? Como podédesme chamar pobre?» En realidade, tratábase do home que sempre
participaba en primeiro lugar, ou que lideraba, calquera traballo social. Ao final,
decidiron situalo na «categoría media».
Despois
deste exercicio, falamos largo e tendido co home. Descubrimos que el mesmo era unha
fonte de felicidade, pois os seus veciños sentían a súa ausencia cando marchaba
por uns días. O equipo da APR deuse conta de que, por suposto, as necesidades básicas
son un dereito mínimo de todas as persoas, e a fame pode causar estragos na procura
da felicidade. Non obstante, o benestar económico non se pode comparar co emocional
ou espiritual.
O
pasado mes falamos sobre o desenvolvemento e a espiritualidade. Alguén preguntou:
«Que pasa co fortalecemento dunha sección marxinada da sociedade?» Con quen comparten
a súa felicidade? Esa reflexión levounos a certas conclusións:
«Si,
por suposto: queremos xustiza, non queremos disparidade nin explotación, e queremos
"o fortalecemento dos débiles". Polo tanto, queremos que os marxinados ou a xente
sen recursos participe no proceso de desenvolvemento. Queremos escoitalos, queremos
saber as súas ideas, ser os seus amigos durante o proceso. Non queremos que isto
ocorra por ser parte do noso traballo, senón porque seremos máis felices desta
maneira. Queremos que se "alcen" para reducir as diferenzas. Deberían sentir que
estaríamos contentos de ser os seus amigos durante o proceso e que é así como
compartimos a felicidade con eles; unha vez comprendan os nosos desexos, eles tamén
compartirán con nós. Si, está claro que a APR axúdanos moito á hora de compartir
felicidade cos sectores marxinados. A APR elimina todas as formalidades que existen
entre nós e axuda a que o proceso continúe mediante a súa forma de pensar.»
Un
dos presidentes do comité de desenvolvemento do pobo explicou a súa experiencia
sobre o uso da APR na planificación.
«Antes
da APR, recollíamos peticións de cada membro do distrito, pero a nosa mesa sufría
moito, xa que era costume que cada un demostrase que a súa petición era a máis
importante batendo nela! Non obstante, agora xa non sufre gracias á clasificación
por parellas. Establecemos as prioridades felizmente.»
Foi
a través deste proceso onde aprendín, das experiencias que xa tivera, que a APR
axúdanos a compartir a nosa felicidade cos aldeáns do mesmo modo que eles a comparte
con nós, especialmente os vulnerables e marxinados. Penso que a reflexión sobre
os aspectos positivos de calquera cousa pode axudarnos a avanzar no desenvolvemento.
Pensar só nos negativos aprisiónanos: non podemos avanzar se só nos concentramos
no negativo.
Kamal Phuyal Nepal
Artículo presentado no taller IDS , «Camiños á participación»
––»«––
© Copyright 1967, 1987, 2007 Phil Bartle Deseño da web por Lourdes Sada
––»«––Última actualización: 13.02.2012
|