Páxina principal
 O comezo




Traducións:

'العربية / al-ʿarabīyah
Bahasa Indonesia
Български език
Català
中文 / Zhōngwén
Deutsch
English
Español
Euskara
Ewe
Filipino/Tagalog
Français
Galego
Ελληνικά / Elliniká
हिन्दी / hindī
Italiano
日本語 / Nihongo
Kiswahili
한국어 / Hangugeo
بهاس ملايو / Bahasa Melayu
Português
Română
>తెలుగు /Telugu
ไทย / Thai
اردو / Urdu

                                        

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Ligazóns de interese

DIÁLOGO PÚBLICO

Cómo dirixir unha xuntanza pública

polo Doutor Phil Bartle

traducido por Nahir Seijo


Caderno de formación

Un activista precisa de habilidade para comunicarse coa xente da comunidade

Tanto para concienciar como para organiza-la comunidade, a súa mellor ferramenta será unha xuntanza pública na que a característica fundamental sexa o debate.

É moi importante neste punto que estea vostede perfectamente informado e versado nos seus obxectivos como activista, como sinalamos no módulo «A preparación», e nos conceptos clave que figuran en palabras clave.

Aínda máis.

Non memorice definicións; reinterprete todos eses conceptos tal e como os entenda, e abórdeos no seu diario e cos seus colegas. Non dea sermóns coma un crego, nen faga discursos coma un político, nen imparta clases coma un profesor; evite pontificar, arengar, ou ditar.

Facilite a participación. Faga preguntas. Guíe.

O seu mellor modelo de conduta debería ser Sócrates, o renomeado educador da antiga Grecia que ensinaba facendo preguntas, nunca dando respostas. Era moi bo facilitando, guiando á xente para que pensaran (analizaran, observaran) por sí mesmos.

Amósese relaxado, seguro e informado. Consiga que os participantes fagan preguntas. Pida as opinións dos calados e dos tímidos en particular. Non permita que os lanzados e os dominantes se fagan co poder ou controlen a discusión.

Introduza tamén nas xuntanzas unha sesión de «brainstorming» (ou chuvia de ideas), que empregará tamén nas sesión de planificación co comité executivo.

Explíquelles que cada tipo de sesión ten unha directriz.

O diálogo aberto, no que vostede fai de guía favorecendo a participación e cuestionando, permite o debate e o diálogo cruzado; o «brainstorming» non.

Faga fincapé en que no «brainstorming» non existe debate, nin crítica, nin diálogo cruzado. Vostede pide suxestións e as anota no encerado (todas, ata as parvas), e máis tarde as ordea segundo a súa prioridade. O «brainstorming» está moi estruturado e focalizado, e os participantes deben aprender e practica-las súas regras.

Nunca lle diga a un grupo comunitario o que ten que pensar ou facer.

Podería vostede senti-lo desexo, xa que pretende fortalecelos, loitar contra a apatía, a ignorancia, a dependencia, as enfermidades e a deshonestidade (as causas da pobreza). Pero ten que fomentar que comprendan por eles mesmos e tomen as súas propias decisións. Debe adoptar este enfoque incentivador se quere aumenta-lo seu poder ou a súa forza (evite dar leccións ou sermonar).

––»«––

Xuntanza comunitaria


Unha xuntanza comunitaria

© Copyright 1967, 1987, 2007: Phil Bartle
Deseño web Lourdes Sada
––»«––
Última actualización: 08.07.2011


 Páxina principal

 O comezo