Tweet Traducións:
'العربية / al-ʿarabīyah |
COÑEZA AS SÚAS METASQué quere conseguir?polo Doutor Phil Bartletraducido por Nahir SeijoCaderno de formaciónObxectivos e metas do activistaUn dos ditos que usamos na formación de dirixentes é: «Se non sabes a onde vas, calquera camiño valerá». (Ver «Ditos»). Isto aplícase tamén á súa preparación para ser activista. É moi sinxelo andar a correr por ahí, parecendo atarefado, organizando reunións, facendo latrinas, falando cos líderes da comunidade, xerando grupos de apoio, estimulando a acción, sen avanzar na consecución dun verdadeiro fortalecemento da comunidade.
Debe clarexar as súas metas, primeiro para vostede mesmo, logo sobre o papel e despois cos demais. Neste punto debería comezar a escribir no seu diario, ou na sección do mesmo que adique a metas e conceptos. Debe fixalos como os seus propios obxectivos, non pensar neles só como un listado de ideais alleos. Os obxectivos da mobilización para o desenvolvemento dunha comunidade poden variar dunha persoa a outra, dunha comunidade a outra.
Porén, existen elementos comúns. Algúns deles son: a erradicación da pobreza, o bo goberno, o cambio na organización social, a capacidade de desenvolvemento da comunidade, o fortalecemento da xente que conta con poucos ingresos e dos marxinados, e a igualdade de xénero Segundo vai vostede lendo isto, involucrándose na mobilización, verá que cada unha destas metas vai tornando máis interesante e desafiante canto máis as coñece. Colla a miúdo o seu diario para actualizalo, retocalo, e engadir detalles a estes obxectivos. A redución da pobreza, por exemplo, supón maior complexidade e desafío cando traballa nela, en troques de limitarse a rexistrala.
Aprendemos a evita-lo «alivio da pobreza» porque iso alivia a dor e o malestar simplemente de xeito temporal, e non leva a unha solución duradeira. A pobreza non é só a ausencia de diñeiro (como verá máis tarde) e ataca-las súas causas implica loitar contra a apatía, a ignorancia, a enfermidade, e a falla de honradez.
Este é só un exemplo de cómo a súa comprensión das metas aumentará coa experiencia. Do mesmo xeito, un bo goberno non equivale simplemente a un forte liderado e unha administración eficiente. Tamén supón transparencia, participación popular, confianza, honestidade, e visión de futuro. Igualmente aprenderá que pouco poderá esixir que os líderes da comunidade sexan (ou se convirtan en) transparentes no seu uso dos recursos comunitarios se vostede mesmo non é transparente nas súas actividades coa comunidade. Consulte o: glosario de termos clave, para unha explicación introdutoria destas metas (redución da pobreza, desenvolvemento comunitario). Compáreas coas anotacións do seu diario. ––»«––Se
copia algún material deste sitio, por favor mencione ao autor(es) |
Páxina principal |
A preparación |