Tweet Traducións:
'العربية / al-ʿarabīyah |
DESEÑO DO PROXECTO, PROPOSTAS, RECURSOS EXTERNOSDeseñar un proxecto e obter recursos para elpolo Doutor Phil Bartle,traducido por Nahir SeijoCaderno de formaciónCando axude á comunidade a determina-los detalles do proxecto escollido, debe vostede contrarresta-la tendencia a acadar demasiados recursos externos que promoven a dependencia e sosteñen a pobreza, en contraste con depender dos recursos internos (difícil), que os fan máis fortes e autosuficientes.Recorde que o seu traballo consiste en loitar contra a dependencia, que se produce cando os membros da comunidade déixanse depender da axuda exterior para as melloras da comunidade. Debe facer fincapé na autosuficiencia da comunidade (que se da cando depende fundamentalmente dos seus propios recursos). Se a comunidade escolle un proxecto costoso, e non pode esperar acadar cartos dabondo, terá vostede que lles advertir que sexan máis realistas (para non depender da caridade exterior). Unha proposta é unha solicitude de fondos a un doador potencial. A mellor proposta está deseñada como un deseño de proxecto, que serve para xustificar ao doador por qué debería doar fondos. O mesmo plan de acción do proxecto debería se-la base a presentar nas altas instancias gubernamentais para acceder á concesión de fondos. Non faga o traballo do comité, por moi tentado que estea. A executiva debe aprender facendo. Os membros que sexan analfabetos deben estar totalmente involucrados na súa preparación, verbalmente, liña por liña. Un deseño de proxecto pode empregarse como proposta para a obtención de fondos externos. Debe usarse para obte-la aprobación de toda a comunidade para levar a cabo o proxecto. Nese sentido, é aínda unha especie de proposta. Podería ser esixido polas autoridades da zona; é moi recomendábel facilitarlles unha copia. A esencia do deseño do proxecto, como o brainstorm, está en responder sistematicamente as catro preguntas clave, (qué queremos, qué temos, cómo podemos emprega-lo que temos para acada-lo que queremos, e qué sucederá se o facemos). É tarefa súa, como mobilizador, revisar en detalle estas catro preguntas clave coa executiva, poñéndoas no contexto pertinente, e sistematiza-las repostas nun documento apropiado que escribirá a executiva. Cando traten o tema dos recursos, a miúdo escoitará vostede aos membros da executiva dicir que a comunidade non ten suficientes fondos. Hai unha tendencia a depender dun só doador externo. Depender só dunha fonte aumenta a vulnerabilidade, reducindo así a forza da comunidade. Con un pouco de esforzo, os membros da comunidade poden recibir recursos de moitas e diversas fontes. Ver adquisición de recursos. O activista non dita á comunidade que sexa ela quen deba proporcionalos. No canto diso, pode mencionalos e pedirlle ós membros da comunidade que identifiquen os que poida prover a comunidade.
As fontes de apoio poden incluír:
Esta lista non está completa. Busque suxerencias en sesións de brainstorming cos membros da comunidade (non só líderes). Ver fondos para máis detalles de como obter recursos para proxectos comunitarios. ––»«––Contribución comunitaria; construción © Copyright 1967, 1987, 2007: Phil Bartle
––»«–– |
Páxina principal |
A organización |