Páxina de inicio
 Fortalecemento




Traducións:

'العربية / al-ʿarabīyah
Català
English
Español
Filipino/Tagalog
Français
Galego
Ελληνικά / Elliniká
Italiano
日本語 / Nihongo
Polszczyzna
Português
Română
Tiếng Việt
Türkçe
اردو / Urdu

                                        

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Ligazóns de interese

Contidos:

Contidos:

Contidos:

Contidos:

DESCUBRIR OS RECURSOS AGOCHADOS

por Phil Bartle, PhD

traducido por Iria Castiñeiras Pérez


Documento de referencia

Resumo:

O feito de, simplemente, dar recursos a unha comunidade aumenta a súa dependencia nos mesmos. O desenvolvemento sostible dunha comunidade, a eliminación da pobreza e un aumento na súa autosuficiencia precisa que a comunidade empregue os seus propios recursos.

Aínda que pode aceptar certa axuda externa, non pode facelo se pode volverse dependente dela. Por sorte, cada comunidade ten recursos propios, en ocasións agochados, e a nosa tarefa é identificalos e empregalos.

Introdución:

A nosa meta é o desenvolvemento sostible, a eliminación da pobreza e a autosuficiencia en comunidades con poucos ingresos. Queremos axudar, pero a nosa axuda pode ser perigosa: pode contribuír á pobreza, ao estancamento e á dependencia.

É preciso entender mellor a natureza da pobreza e a do desenvolvemento, para sermos capaces de fornecer unha asistencia real, unha asistencia que contribúa a eliminar a dependencia no futuro e non a continuar coa pobreza e a dependencia.

A pobreza non é absoluta:

Ningunha comunidade é completa e absolutamente pobre. Mentres haxa seres humanos na comunidade, esta terá recursos suficiente como para permitir a supervivencia dos seus habitantes. Se a comunidade é tan só un lugar arqueolóxico, sen ningún residente, xa non é unha comunidade.

Ningunha comunidade é absolutamente pobre. «¡Oh!», pode dicir, «se a xente non ten zapatos, nin auga limpa, está mal nutrida, a taxa de mortaldade infantil é moi alta, son analfabetos, hai apatía, ignorancia, intolerancia e non ten instalacións. ¡Precisan de axuda!». Precisan, pero nós, que estamos interesados no seu desenvolvemento sostible, debemos ser cautos á hora de determinar a natureza desa axuda.

Cada comunidade posúe recursos.

É importante lembrar que cada comunidade ten os seus propios recursos. Por que? Se imos fortalecer ás comunidades, precisamos liberar os seus recursos ocultos. Se imos asistir, debemos facelo de forma que a comunidade se fortaleza. Se introducimos recursos externos na comunidade sen empregar os internos, favorecemos a atrofia da comunidade. Favorecemos a dependencia do externo e, polo tanto, tamén a pobreza endémica a longo prazo.

Cales son os recursos?

Un recurso é calquera ben ou servizo relativamente escaso e útil; en resumo, ten un valor, é unha riqueza. Así e todo, non se trata de calquera riqueza. Un recurso pode ser usado (ou potencialmente usado) como contribución, como algo que poderá ser empregado para a produción dun rendemento. É a materia prima dunha actividade produtiva. No caso da comunidade, é unha contribución para o proxecto da comunidade.

O recurso máis considerado comunmente para o proxecto comunitario é o diñeiro: trátase do recurso máis fluido ou convertible, xa que pode ser usado para mercar ou alugar recursos reais (bens ou servizos). Sen embargo, o diñeiro é escaso e as comunidades pobres deberán procurar recursos distintos e tentar convertelos en diñeiro ou en recursos útiles para o proxecto comunitario elixido. Os recursos comunitarios inclúen moitos bens e servizos non monetarios.

Pense nos tipos de recursos que unha comunidade pode precisar para o seu principal proxecto: terra, un lugar onde localizar o proxecto, ferramentas para levalo a cabo. Tamén precisará materias primas para converter en produtos, traballo que proporcione enerxía humana para a conversión, así como enerxía mecánica como a electricidade, a enerxía solar, eólica ou hidráulica. Outro tipo de recurso humano é mental: xente que axudará na planificación, seguimento da toma de decisións, xestión e escritura de informes. Todos estes son recursos necesarios e poden vir da propia comunidade.

O máis importante é non subestimar os recursos non monetarios e asignarlles un valor efectivo ou mercantil (incluíndo o tempo e esforzo empregado polos comités implantadores e executores da comunidade). Os membros da comunidade teñen unha tendencia común a subestimalos e vostede, como activista, debe asegurarse de que reciben o recoñecemento correspondente.

Recursos externos:

Hai dúas clases principais de contribucións e rendementos externos á comunidade. Son (1) o goberno e (2) as institucións de axuda.

Os recursos do goberno inclúen gastos presupostarios regulares e fiscais das administracións centrais, gobernos rexionais ou provinciais responsables de fornecer bens, servizos e financiamento á comunidade. É importante que as decisións sobre estes gastos sexan feitas despois de falar coa comunidade. As decisións feitas por burócratas en capitais lonxanas (nacionais, rexionais ou provinciais) sen ter en conta á comunidade son iguais de malas que a caridade: contribúen á apatía, dependencia e manteñen a pobreza.

Como activista non ten moito control sobre estas decisións, pero pode contribuír de dous maneiras: (1) promovendo e axudando aos oficiais do gobernos a dialogar coa comunidade no seu rol como negociador (explicámolo a continuación) e (2) apoiando e suxerindo o inicio de políticas de desenvolvemento comunitario que defendan un entorno «favorecedor» no que os plans centrais, rexionais e provinciais se fagan só en resposta ás intencións e plan das comunidades locais.

Existen diferentes institucións de axuda. Para calquera comunidade, a máis común é unha ONG internacional ou unha ONG nacional fundada por unha internacional. (ONG quere dicir Organización Non Gobernamental. Implica ser unha institución de axuda sen ánimo de lucro). Outras institucións poden ser igrexas ou os seus departamentos seculares, proxectos bilaterais ou multilaterais . A Cruz Vermella Internacional afirma non ser unha ONG, pero si o é. Cada vez máis as institucións internacionais de axuda piden participación comunitaria e desenvolvemento sostible.

De novo, o seu rol pode ser o de negociador, especialmente dende que as axencias internacionais entenden a importancia das condicións locais e as oportunidades para fortalecer as comunidades a través da toma de decisións e contribucións ao desenvolvemento.

A caridade paradoxal:

«Axudar aos pobres» é case un valor humano universal. Dar esmola ou facer caridade está dentro dos valores da maior parte das relixións. A axuda gobernamental a zonas deprimidas dun país, a axuda internacional que dan os países ricos e os subsidios e apoios do goberno aos menos favorecidos son manifestación deste valor.

Sen embargo, axudar ás persoas pobres non é o mesmo que acabar coa pobreza: este é o paradoxo. Axudar aos menos favorecido pode incrementar o problema social da pobreza en lugar de eliminalo. Por que? Dar esmola a un mendigo ensínalle a pedir, e reforza a súa convicción de que pedir é a solución. Dar axuda internacional a países con poucos ingresos reforza a súa noción de que a axuda é o seu dereito e pode utilizala para financiar os seus plans fiscais.

Fíxese nas motivacións para dar esmola. Como se beneficia o doador e, polo tanto, ten un interese solapado na supervivencia do que pide? En moitas sociedades, os ricos dan diñeiro para expiar a súa culpa porque saben que a súa riqueza ven dos máis pobres (Tolstoi). As esmolas reforzan o pedir, polo que aumentar a estrutura de desigualdade que mantén ás clases altas sendo ricas mentres se perpetúa a riqueza.

Non desespere. Este folleto non pretende abolir a axuda ou a asistencia externa. Tampouco predica unha revolución violenta. Debate que a forma na que se da a axuda é importante e que e fundamental comprender o «como», pois non debe facer máis dano que beneficio. Satisfacer aos pobres (por exemplo, aliviando a pobreza) non é a meta; loitar e superar a pobreza si.

Pero que ten que ver todo a caridade paradoxal coa mobilización? O paradoxo existe a diferentes niveis (individual, comunitario, nacional, internacional). Hai forzas sociais, políticas e económicas que manteñen a pobreza. Se pretende loitar contra a pobreza, sobre todo a un nivel comunitario, é preciso entender o paradoxo da caridade dentro desas forzas.

Como negociado entre a comunidade e os seus recursos externos, precisa informar a ambos dos perigos da caridade. Como calquera bo estratego militar diría, «coñeza ao seu inimigo»: a pobreza.

Libere os recursos:

A súa tarefa como activista é promover a axudar á comunidade a identificar e usar os seus recursos locais.

É necesario facer comprender aos membros da comunidade que o peor para os seus propios intereses é agochar os seus recursos (ou o coñecemento dos mesmos) e finxir ser máis pobres do que son en realidade. Poden sentirse tentados a facelo. Apelar á compaixón dos doadores non é sincero nin honroso, e tampouco efecto para o desenvolvemento da autosuficiencia ou o fortalecemento das comunidades pobres.

É fundamental e necesario guiar aos membros da comunidade na súa identificación dos recursos naturais. Pode ser emocionante e divertido. As nosas ferramentas habituais como activistas poden ser útiles: unha reunión comunitaria ou grupal, un papel grande na parede e un rotulador (ou un pao co que escribir no chan).

Pida aos participantes que pensen en recursos potenciais (como faría nunha treboada de ideas ), como pode ser un carpinteiro retirado disposto a adestrar a xoves da comunidade, algunha terra que poda ser usada para algunha instalación comunitaria, como unha clínica ou unha escola, algúns xoves sen emprego que aporten enerxía e entusiasmo, granxeiros ou outros produtores dispostos a preparar a comida para os traballadores que doan o seu tempo e enerxía, membros leais e de confianza que queiran pensar e gastar o seu tempo no deseño dun proxecto comunitario.

Non analice ningunha suxestión á primeira (quere que todo o mundo participe e algúns tímidos poden temer as críticas). Como nunha treboada de ideas, deixe a un lado as críticas ou as disputas e, simplemente, escriba todo nunha parede. Explique que poden ser analizadas máis tarde. Lembre destacar que o diñeiro non é o único recurso: moitos recursos non monetarios teñen valor. Canto? Unha avaliación financieira do valor dos recursos non monetarios será precisa para un deseño exacto do proxecto, pero poderá ser feito máis adiante polo comité executivo da comunidade. O diñeiro e a riqueza, aínda que estean relacionados, son cousas diferentes.

Ao identificar desta forma os recursos , non podemos esquecer incluír os recursos monetarios potenciais. Estes poden ser: un evento para obter fondos, unha rifa ou lotería local (se é legal), venda de bens doados (vin un home de negocios adiñeirado pagar mil dólares por un vaso de auga nunha poxa pública na súa aldea de orixe).

Promova ideas innovadoras e pouco ortodoxas entre os participantes, aínda que logo non se leven a cabo (só as está a escribir, non a analizar). Que non se teña tentado non é unha razón lóxica para quitalo da lista.

Esforzarse parar fortalecerse:

Os biólogos saben que que os organismos vivos se volven máis fortes fronte a adversidade. Os entusiastas dos deportes saben que o exercicio físico fortalece os ósos e os músculos. Os profesores e psicólogos saben que o exercicio mental axuda a capacidade mental. Así que tamén no campo da socioloxía, unha comunidade, grupo ou organización que se enfronta coa adversidade vólvese máis forte.

Non falamos da adversidade total, que mata aos organismos ou ás organizacións, senón daquela que aumenta a súa forza.

Que ensina o coñecemento ao activista? Se se da todo as comunidades como se fora caridade, atrofiaranse (quedarán inmobilizadas pola debilidade). Se, como conselleiro e guía da comunidade, lles informa deste principios, se os leva ata que podan facer as súas propias decisións comunitarias, ata que saiban usar o tempo e o esforzo para conseguir as súas metas, identificar os seus recursos e facer os seus propios plans de acción comunitarios, axudaralles a fortalecerse, como individuos e como comunidades.

Se unha comunidade sufre, tamén se fortalece.

O activista como negociador:

Saber que os recursos potenciais encóntranse fora da comunidade, o activista da comunidade deberá actuar como «negociador» entre a comunidade e aqueles recursos (tamén gobernos e institucións de axuda).

Un «negociador» é quen actúa como «intermediario», seleccionando e presentando ás partes que poden que non se coñezan, e asistindo en negociación e comunicación entre elas (como un conselleiro matrimonial).

Como negociador, o activista tamén aumenta a toma de conciencia e a comprensión entre as partes. As dúas partes (doadores e gobernos) e os membros da comunidade deberán aprender principios como (1) «o desenvolvemento sostible é asistencia, non caridade», (2) «identificar e usar os recursos locais», (3) «sufrir para fortalecerse», (4) «nada vale nada», (5) «a axuda chega a aqueles que se axudan a si mesmos», e outra serie de principios presentes nestes módulos de adestramento.

O desenvolvemento sostible:

Non é posible matematicamente (nin dentro do desenvolvemento) axudar a todas as comunidades pobres do mundo empregando recursos externos: demasiadas comunidades pobres sen suficientes recursos dispoñibles.

A clave para o desenvolvemento sostible, a eliminación da pobreza, é liberar os recursos ocultos que xa existen dentro desas comunidades.

Trátase dunha inversión: para liberar eses recursos, deben ser identificados e coñecidos por parte dos membros da comunidade e dos doadores externos, e o adestramento sobre a xestión debe estar centrado en liberalos.

Os doadores poden ser máis útiles se dirixen os seus recursos ao adestramento e ao aumento da concienciación sobre a liberación dos recursos, que se compran tuberías ou tellados e fornecen axuda que aumenta a dependencia.

––»«––
Dado que o papel e a tinta son relativamente caros, queda fora das posibilidades financieiras producir suficientes copia do material de adestramento preciso para cada aleda rural e barrio urbano de cada nación subdesenvolvida do mundo. Con todo, é posible que, ao seu tempo, todo asentamento humano (de aldea rural a barrio urbano) teña acceso a Internet. Por este motivo producimos esta serie de módulos de adestramento nesta páxina web (../../cmp/). A eliminación da pobreza por ser unha meta global realista, con a combinación de (1) estes métodos e (2) a Internet.

© Copyright 1967, 1987, 2007 Phil Bartle
Deseño da web por Lourdes Sada
––»«––
Última actualización: 02.07.2011



 Páxina de inicio

 Reforzar á comunidade