Traducións:
Akan |
Palabras clave que comezan coa letra Ppolo Doutor Phil Bartletraducido por Nahir Seijo, Iria Castiñeiras PérezPARTICIPACIÓN COMUNITARIA A participación comunitaria supón moito máis que contribuir con traballo ou subministracións; implica participar na toma de decisións, escoller un proxecto comunitario, planificalo, levalo a cabo, xestionalo, seguilo, controlalo. É diferente da contribución comunitaria. A animación social promove as actividades da comunidade de destino con vistas a que asuma máis responsabilidades no seu propio desenvolvemento, comezando polas decisións sobre qué proxectos emprender, e o estímulo para mobilizar recursos e organizar actividades. O fomento da participación comunitaria está orientado a asegurarse de que as decisións que afecten á comunidade tómanas tódolos (non só uns poucos) membros da comunidade (non unha axencia externa). Esta metodoloxía fomenta a contribución comunitaria, xa que a comunidade é máis responsable da actividade se inviste os seus propios recursos nela. Tamén animamos ao Goberno e aos doadores externos a falar das súas actividades con toda a comunidade; isto chámase consulta comunitaria. Non deberiamos equipara-la participación comunitaria coa contribución comunitaria ou coa consulta comunitaria (como fan por erro moitas axencias de axuda); participación significa aquí participar na toma de decisións, no control e na coordinación. বাংলা : জনগোষ্ঠির অংশগ্রহন, Català: participació comunitària, Deutsch: gemeindepartizipation, Ελληνικά: κοινοτική, English: community participation, Español: participación comunitaria, Euskera: komunitatearen parte-hartzea, Filipino/Tagalog: pakikilahok ng komunidad, Français: participation de la communauté, Galego: participación comunitaria, Italiano: partecipazione della comunità, 日本語: 共同体の参加, Kiswahili: ushiriki wa jamii, Malay: penyertaaan komuniti, Português: participação da comunidade, Română: participarea comunitatii, Af Soomaali: ka geyb galka bushada a, Tiên Việt: sự tham gia của cộng đồng, Türkçe: toplumsal katılım, 中文 (Zhōngwén): 社区参与PLANIFICACIÓN Planificar é pensar e achar qué facer no futuro. Un bo plan ten unha serie de pasos que levan dende a situación actual ata o fin desexado. Ver plan de traballo. Un método efectivo é o «pensamento invertido no tempo», co que se comeza pensando no que se quere acadar ao final, mírase ao paso inmediatamente anterior a ese, despois ao anterior, e así ata chegar á situación actual. العربيّة: التخطيط, Bahasa Indonesia: perencanaan, Deutsch: Planung, Ελληνικά: Σχεδιασμός, English: planning, Español: planificación, Filipino/Tagalog: pagpaplano, Français: planification, Galego: planificación, Italiano: planning, 日本語: 計画, 한국어 / Hangugeo: 계획, Malay: merancang, Nederlands: plannen, Português: planificar, Română: planificarea, Pyccкий: Планирование, Türkçe: planlama, Tiên Việt: lập kế hoạch, ردو: منصوبہ بندى, 中文 (Zhōngwén): 规划POR CAUSA DE A frase "por causa de" significa que existe unha relación causal entre a acción e condición "A" (a causa) e a acción e condición "B" (o efecto). Véxase: Problemas da predición e da causa. Deutsch: wegen, English: because of, Español: debido a, Galego: por causa de, Italiano: a causa di, Português: por causa de, Română: din cauza, 中文 (Zhōngwén): 由于PORQUE A palabra "porque" imprica unha relación "causal", onde unha condición ou acción "causa" outra condición ou acción. Para que a acción "A" "cause" a acción "B", ambas deben ser suficientes e necesarias. No reforzamento da comunidade en concreto, como tamén nas ciencias sociais en xeral, moitas accións e condición teñen múltiples causas, polo que é difícil identificar unha soa causa para cada acción e condición. Se "A" é a causa, "B" é o seu efecto. Català: perquè, Deutsch: weil, Ελληνικά: επειδή, English: because, Español: porque, Français: parce que, Galego: porque, Italiano: perché, Português: porque, 中文 (Zhōngwén): 因为POBREZA Pobreza é algo máis que a falla de diñeiro e ingresos, máis que a falla de acceso a instalacións e servicios como auga, estradas, educación ou clínicas. É o resultado da «pobreza de espírito» , é dicir, unha actitude de desesperanza, un descoñecemento dos recursos dispoñibeis, unha dependencia doutros, falla de confianza, de estímulos, de habilidades, de integridade e dunha organización efectiva e sostible; en resumo, falla dunha boa xestión. Ver factores da pobreza. A pobreza é un problema social e precisa dunha solución social; non é só a falla de ingresos dun grupo de persoas. Pode reducirse organizando e guiando aos pobres para que se axuden a sí mesmos, e se fortalezan (potenciación) como resultado de participar nas loitas e enfrontarse aos retos. A erradicación da pobreza, porén, esixe unha mellora consolidábel da xestión. বাংলা : দরিদ্রতা, Deutsch: Armut, Ελληνικά: φτώχεια, English: poverty, Español: pobreza, Euskera: txirotasuna, Ewe: osi, Filipino/Tagalog: Kahirapan, Français: pauvreté, Galego: pobreza, Italiano: povertà, 日本語: 貧困, Malay: kemiskinan, Português: pobreza, Română: saracie, Somali: faqri, Tiên Việt: sự nghèo đói, Türkçe: yoksulluk, 中文 (Zhōngwén): 贫穷POTENCIACIÓN COMUNITARIA Aumenta-la capaciadade dunha comunidade é aumenta-la súa aptitude para face-las cousas por sí mesma. Non é só engadir servicios ou instalacións comunitarias como estradas, sanitarios, auga, ou acceso á educación e á atención sanitaria. Implica aumenta-la aptitude e a forza; máis habilidades, máis confianza, e unha organización máis eficaz. Non pode xurdir da caridade ou a doazón de recursos externos. Pode facilitarse con accións como proxectos comunitarios, pero só cando tódolos membros da comunidade están involucrados dende o comezo para decidir sobre a acción comunitaria, identificar recursos ocultos na comunidade, e desenvolvendo un sentido da propiedade e a responsabilidade sobre as instalacións comunitarias dende o comezo ata o final. Aínda que o Goberno pode axudar a aumenta-la democratización delegando na comunidade parte do poder para lexislar, o uso que ésta faga da toma de decisións legais depende da súa capacidade práctica, é dicir, da habilidade para tomar decisións sobre o seu propio desenvolvemento, para determina-lo seu propio futuro. Poder, forza, capacidade, habilidade, potenciación. বাংলা : জনগোষ্ঠির ক্ষমতায়ন, Català: potenciació comunitària, Deutsch: gemeindestärkung, Ελληνικά: κοινοτική ενδυνάμωση, English: community empowerment, Español: potenciación comunitaria, Euskera: komunitatea sendotzea, Filipino/Tagalog: pagsasakapangyarihan ng komunidad, Français: fortifier de la communauté, Galego: potenciación comunitaria, 日本語: 共同体強化, Malay: pemberdayaan komuniti, Português: fortalecendo da comunidade, Română: consolidarea coomunitatii, Tiên Việt: sự uỷ quyền cộng đồng, Türkçe: toplumu güçlendirme, 中文 (Zhōngwén): 强化社区──»«──Se atopou vostede algunha palabra que estea relacionada coa potenciación comunitaria e que precise ser discutida, por favor, escríbanos.Se copia algún material deste sitio, por favor mencione ao autor(es) |
Páxina principal |