Páxina principal
 A organización




Traducións:

'العربية / al-ʿarabīyah
Bahasa Indonesia
Català
中文 / Zhōngwén
Deutsch
English
Español
Ewe
Filipino/Tagalog
Français
Galego
Ελληνικά / Elliniká
हिन्दी / hindī
Italiano
日本語 / Nihongo
한국어 / Hangugeo
بهاس ملايو / Bahasa Melayu
Polszczyzna
Português
Română
Русский
తెలుగు /Telugu
ไทย / Thai
Tiếng Việt
Türkçe
اردو / Urdu

                                        

Outras páxinas:

Módulos

Mapa do sitio

Palabras clave

Contacto

Documentos útiles

Ligazóns de interese

ORGANIZARSE PARA A ACCIÓN

Roles e responsabilidades

polo Doutor Phil Bartle,

traducido por Nahir Seijo


Caderno de formación

Un grupo pode organizarse de diferentes xeitos con distintos propósitos; busque o mellor sistema organizativo para a acción comunitaria efectiva

Moita xente non é consciente dos diversos tipos de organización, con distintos propósitos, empregados por un activista.

Os dous máis importantes neste sitio web son:
  1. a organización para a toma de decisións; e
  2. a organización para a acción.
Por suposto, ámbolos dous están estreitamente relacionados.

Cando vostede axudaba á comunidade na formación do comité executivo, estaba organizando para a toma de decisións comunitarias.

Agora, cando traballa coa comunidade para decidir quen fai que cousa (por exemplo, no proxecto), está organizando para a acción. Ver Organizar por medio da formación.

Aínda que haberá solapamento, a organización para a acción deberá identificar a certos individuos para que leven a cabo tarefas específicas. Isto é esencial.

Se se determina unha tarefa (por exemplo, transportar pezas para os tellados ao lugar do proxecto), non debería deixarse para que o faga o grupo en conxunto. Podería ocorrer que non se chegara a facer, xa que todos poderían pensar que é responsabilidade doutro.

Non deberían recaer nunha mesma persoa un feixe de traballos; por exemplo, no presidente da executiva. É importante delegar o maior número de tarefas e responsabilidades en tantos outros membros da comunidade (especialmente os que non forman parte da executiva) como sexa posíbel.

Faga fincapé na importancia dunha participación e contribución o máis grandes e amplas que se poida. Asegúrese de que todo o mundo teña coñecemento de cando un traballo ou responsabilidade sexa delegado a alguén e de que, de non rematalo a tempo, esa persoa pode ter que rendir contas ante a comunidade.

A acción comunitaria (que vostede facilita) non debería ser espontánea ou «ad hoc» (é dicir, para un fin específico). Debería estar organizada.

––»«––

Taller de traballo; formando para a acción


Taller de formación

© Copyright 1967, 1987, 2007: Phil Bartle
Deseño web Lourdes Sada
––»«––
Última actualización: 06.07.2011


 Páxina principal

 A organización