Tweet Traducións:
'العربية / al-ʿarabīyah |
CONCIENCIARSen crear expectativaspolo Doutor Phil Bartletraducido por Nahir SeijoCaderno de formaciónAnticípese ás suposicións erróneasCando estea vostede preparado, e teña o permiso das autoridades, chega o momento de alenta-la comunidade para que se poñan en acción. Empece por convocar unha xuntanza pública con tódolos membros da comunidade. Aquí comeza a fase do ciclo chamada «concienciación». Pode atoparse con que só uns poucos teñen interés en asistir a unha reunión. Quizais veñan os homes, e asuman que as mulleres non deberían. É traballo seu asegurarse de que elas vaian. O mesmo con outra xente que precisan que os animen: mozos, discapacitados, minorías étnicas, tímidos, minorías relixiosas, analfabetos, paupérrimos, e marxinados. Cando comece a falar dos problemas da comunidade e a preguntarlles cales son os prioritarios, tenderán a supoñer que está vostede alí para resolvelos por eles. Debe rebater esta suposición e explicar que teñen que resolve-los seus propios problemas; vostede só pode axudalos e guialos, non facelo por eles. Do mesmo xeito, poden supoñer que lles vai proporcionar recursos. Acale esa suposición rápida e firmemente, explicándolles que son eles quen deben identificar e prove-los seus propios recursos; vostede só pode asistilos e guialos. Aprenderá a empregar historias, ditos e analoxías para ilustra-la cuestión. Un deles sería: «Non lle pidas a unha vaca que poña ovos; non lle pidas a unha galiña que che dea leite." Está vostede alí para ofrecer formación en xestión , e estímulo; non para dar diñeiro, tubos, ou materiais para facer tellados. Non pense que non van presupor cousas. Farano. Contradiga activa e publicamente esas suposicións (que proporciona vostede recursos) que acrecentarán falsamente as súas expectativas. Se non o fai, atoparase máis tarde con unha desilusión demoledora que desfará todo o traballo que teña feito. A xente dirá que vostede lles prometeu recursos pero que non poido mante-la súa promesa. Así pois, vostede quere concienciar; pero, concienciar de qué? Recorde que as súas metas non son as mesmas que as da comunidade. Poida que eles queiran suministro de auga, unha clínica, unha escola ou unha estrada. Vostede quere que sexan unha comunidade máis forte e que confía en sí mesma, reduci-la pobreza, aumenta-lo equilibrio de xénero, mellora-lo goberno. Esa é a concienciación que busca vostede; por moi pobre que sexa a comunidade, ten a posibilidade de resolve-los seus problemas, de fortalecela. Todo o que precisa é a vontade de facelo, e a formación en xestión que poida darlles. É importante facilitar información precisa (evite crear falsas expectativas). ––»«––© Copyright 1967, 1987, 2007: Phil Bartle
––»«–– |
Páxina principal |
O comezo |